
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago acorda, trala reunión celebrada na sede da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, colaborar co Museo das Peregrinacións e de Santiago para continuar potenciando os traballos do Centro de Investigación do Camiño de Santiago. Asemade, publicarase proximamente o segundo número da revista científica anual dos Estudos Xacobeos Ad Limia, con colaboracións e estudos de diversos historiadores expertos na materia. Tamén se abordaron outras actuación que se irán anunciando nos vindeiros mesos.
Á reunión asistiron o presidente do Comité e profesor do Centro de Estudos Xacobeos da Universidade de Peruggia (Italia), Paulo Caucci Von Saucken; a secretaria do Comité e directora-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero; o catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, Fernando López Alcina; a experta de orixe francesa Adeline Rucquoi; a investigadora Rosa Vázquez; e o técnico en Estudos Xacobeos Manuel Rodríguez.
Doutra banda, tamén se acordou publicar as actas do VIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos celebrado en outubro de 2010 e organizado polo Xacobeo 2010, dentro da súa programación de Camiño da Reflexión, e o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago. Nesta evento participaron máis de vinte investigadores españois, italianos, franceses, alemáns e norteamericanos, e a publicación dos seus traballos contribuirá a difusión e promoción da Ruta Xacobea por todo o mundo.
Baixo o título de Peregrino, ruta e meta nas peregrinacións maiores, neste congreso abordáronse as peregrinacións maiores a Santiago, Roma e Xerusalén, abrindo novamente a porta á colaboración entre as principais cidades santas de Occidente, defendendo a súa realidade común, a súa pertenza a unha cultura da peregrinación, e propoñendo a existencia de itinerarios de ida e volta entre os tres destinos. Este encontro contou cun total de 22 conferencias, que abordaron a materia das peregrinacións centrándose en aspectos como os itinerarios, a meta ou o propio peregrino.
O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago creouse no ano 1992 co obxectivo de asesorar no eido científico e cultural á Consellería de Cultura de cara ao Ano Santo de 1993. Este comité está integrado polos máis recoñecidos investigadores europeos de temática compostelá e teñen, ademais de coñecementos especializados, un particular arraigo co mundo xacobeo.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.