Noticias

Galicia y el Norte de Portugal blindan su colaboración, analizarán el impacto de la crisis y piden una cumbre en 2011

Galicia y el Norte de Portugal han apostado por "blindar" su cooperación en el marco de la Eurrorregión y reforzar los vínculos "empresariales e institucionales" en un contexto de dificultades económicas, al tiempo que han avanzado proyectos comunes de internacionalización y han lanzado la petición "formal" de que sus Estados celebren este año la cumbre ibérica que no tuvo lugar en 2010 para evaluar el impacto de la crisis económica. Feijóo defiende la internacionalización.

El encargado de ratificar estos principios de colaboración ha sido el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, quien se ha desplazado a la ciudad de Oporto para participar, junto con los conselleiros de Presidencia, Alfonso Rueda, y Economía, Javier Guerra, en la reunión de una delegación de la Xunta y la Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Regional do Norte, liderada por Carlos Lage, con asociaciones de empresarios gallegos y portugueses. En este escenario, Núñez Feijóo advirtió de que Galicia y el Norte de Portugal siguen "comprometidas" desde el convencimiento de que las relaciones entre ambas continúan "siendo fructíferas" como lo han sido "en los últimos 20 años" a través de la Eurorregión. "Insistimos en su utilidad", sentenció Feijóo, convencido de que los Estados de España y Portugal deben seguir este ejemplo de cooperación en momentos duros para ambas economías.

Núñez Feijóo definió el encuentro como "especialmente necesario" en una situación "difícil" para Portugal y también para España. De hecho, advirtió que lejos de "romper relaciones" Galicia y el Norte de Portugal deben "estrecharlas y reforzarlas". Y es que, esgrimió, la Eurorregión "tiene que estar a las duras y a las maduras", debe seguir "teniendo vida durante y después de la crisis". Se refirió a la "responsabilidad mutua" de políticos y empresarios para superar la crisis económica y remarcó que, "gracias al esfuerzo de las últimas décadas", Galicia y el Norte de Portugal han logrado articular una Eurorregión "fuerte" que dota a ambas de instrumentos para hacer frente a las dificultades económicas. Por ello, abogó por profundizar "en el clima de confianza mutua", así como en los compromisos empresariales e institucionales, en un momento en el que las dificultades que sufre Portugal generan "incertidumbres" y no suponen, en ningún caso, "una buena noticia" para Galicia, como tampoco para España. "Hay datos que tenemos que contrastar, pero hay sombras que se alargan sobre la economía gallega", admitió.

El jefe del Ejecutivo gallego recordó que la comunidad exporta mercancías por valor de 2.500 millones de euros anualmente a Portugal y tan sólo importa por un valor de 1.700 millones, lo que genera un superávit "de unos 800 millones" favorable a Galicia, que es, precisamente, sobre el que se ciernen determinadas "incertidumbres". En este escenario, remarcó el "compromiso" institucional con los sectores productivos de ambas regiones, con ayudas a los empresarios y una apuesta clara por la cooperación en el ámbito académico e innovador. "Comprometemos trabajo y apoyo de la Eurorregión para combatir los efectos de la crisis", sentenció. Dicho esto, el presidente gallego avanzó una apuesta común por proyectos de internacionalización para responder a las necesidades de unas economías que "se contraen". "La internacionalización es necesaria para que el Norte de Portugal y Galicia vayan un poco mejor que sus Estados y lo van a ensayar, con visiones comerciales conjuntas y explotando mercados latinoamericanos", defendió.
Incidió en la importancia de ampliar la Eurorregión "con nuevas incorporaciones" y la intención de implicar "a más territorios", aspecto en el que también incidió Lage, quien reivindicó el papel de ambas regiones y ratificó su oposición a que se les otorgue la consideración de "periferia". "No aceptaremos nunca el destino de ser situados en la periferia", concluyó.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou por fortalecer a colaboración con Portugal e garantiu “o traballo e o apoio da Eurorrexión para reducir o impacto da crise portuguesa nas relacións comerciais de ambas as dúas rexións”. O xefe do Goberno galego expresouse así tras presidir a xuntanza da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal con empresarios lusos e galegos, na que tamén participou o presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Carlos Lage, así como os conselleiros de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; e de Economía e Industria, Javier Guerra, entre outros.

“Lonxe de romper as relacións da Eurorrexión o que temos é que estreitalas e reforzalas”, afirmou Feijóo, e engadiu que a reunión de hoxe serviu para constatar que “a colaboración entre Galicia e o Norte de Portugal segue vixente e neste momentos de dificultade non só segue vixente, senón que segue sendo útil”. Nese sentido, informou de que na xuntanza tanto as autoridades políticas como os empresarios expresaron a súa disposición a asumir a enorme responsabilidade que require o momento e o convencemento de que, grazas ao esforzo das últimas décadas, “contamos cunha Eurorrexión forte que nos ofrece instrumentos para poder afrontar esta situación”.

Na súa comparecencia ante os medios, o presidente galego resaltou o compromiso da Xunta e do goberno do Norte de Portugal, así como o dos empresarios de ambas as dúas beiras do Miño, de reforzar os vínculos da Eurorrexión. Así, asegurou que os empresarios son conscientes de que existen dificultades que superar, pero expresaron a súa vontade “de seguir investindo e de seguir colaborando porque para todos eles a Eurorrexión é un valor engadido”.

“É certo que estamos nunha situación de incertezas e é certo que a intervención de Portugal non é unha boa noticia para Galicia, pero tampouco é unha boa noticia para España, ao contrario”, aseverou Feijóo, insistindo en que “hai sombras” que se alargan sobre a economía galega. Nesta liña lembrou que Galicia exporta a Portugal 2.500 millóns de euros anualmente e importa uns 1.700 millóns de euros, habendo un saldo superávit das exportacións fronte as importacións de preto de 800 millóns de euros e sobre ese saldo “hai incerteza como consecuencia da situación económica e da situación que está a vivir neste momento Portugal e España”, enfatizou.

Por iso, engadiu Feijóo, “estamos neste momento reiterando a nosa colaboración, o noso esforzo e o mantemento e estreitamento incluso de relacións na Eurorrexión, con independencia desta crise económica que afecta a Portugal e que tamén afecta a España”, dixo remarcando que se vai seguir traballando desde o punto de vista empresarial pero tamén desde o compromiso político. Así puxo en valor o compromiso dos dirixentes da Eurorrexión de manter a folla de ruta e as apostas da colaboración entre Galicia e o Norte de Portugal, destacando o interese pola I+D, plasmado en dous grandes proxectos, como son o Campus do Mar en Vigo e o Instituto Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga, e a colaboración entre universidades.

“Ratificamos o noso compromiso cos sectores produtivos de Galicia e do Norte de Portugal” afirmou o presidente galego, e engadiu que a Eurorrexión traballará “para garantir axuda e asesoramento aos empresarios” neste momento de dificultade económica e de cambio como consecuencia das medidas adoptadas na economía portuguesa e tamén como consecuencia da crise económica que afecta a España.

A este respecto, Feijóo remarcou o interese conxunto dos dirixentes da Eurorrexión por potenciar a internacionalización como unha das áreas estratéxicas. Apuntou que tanto Galicia como o Norte de Portugal teñen que gañar competitividade para conseguir así reactivar a actividade produtiva, empresarial e comercial que permita crear emprego e riqueza. E tendo en conta que a situación actual dificulta que iso se poida conseguir dentro dos propios países, o presidente da Xunta sinalou que “a internacionalización é un camiño que tanto Galicia como o Norte de Portugal van ensaiar”, con misións comerciais conxuntas e explotando ao máximo os mercados con gran potencial e cos que os membros da Eurorrexión teñen vínculos especiais, como os mercados latinoamericanos, hispanoamericanos ou lusófonos.

O presidente galego mostrouse convencido de que, a pesar de que a situación actual pode ter incidencia a curto prazo, “as relacións entre Galicia e o Norte de Portugal seguen sendo frutíferas como foron nos últimos 20 anos”. Así, na súa calidade de presidente da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, resaltou a necesidade de reforzar o espazo común neste momento de incerteza e garantiu que Galicia, en tempos difíciles, non abandona o seu compromiso co país veciño.

“E o compromiso que adquirimos hoxe entendemos que debe ser asumido tamén polos nosos estados”, aseverou explicando que “nun momento excepcional da economía portuguesa e nun momento delicadísimo da economía española, os Estados deben ter a mesma sensibilidade que teñen o Norte de Porugal e Galicia”. Por iso, remarcou, “esta colaboración e este análise conxunto das distintas orientacións, directrices, oportunidades e alternativas teñen que ser avaliadas polos Estados e por iso cremos preciso que os dous estados, o Estado español e o estado portugués –enfatizou-, celebren un Cumio Ibérico nos próximos meses. Ese Cumio Ibérico que tiña que celebrarse no ano 2010 e que non se produciu, pensamos que non se pode prorrogar sine die e que no ano 2011 ese cumio ten que producirse para que os países da UE, cunha fronteira máis longa, Portugal e España, se senten nun cumio e analizar o impacto en ambas as dúas economías, e tamén nas empresas e nas persoas, da situación económica”. “Espero e desexo que a mesma sensibilidade que na Eurorrexión está comprometida tamén a teñamos nos próximos meses unha sensibilidade por parte dos dous Estados”, aseverou.

NoticiaPreguntado polos novos sistemas de peaxes nas autoestradas lusas, o presidente galego recoñeceu que este asunto está causando problemas na economía, no turismo e ás persoas que viaxan todos os días entre Galicia e Portugal, ven sexa por motivos laborais, turísticos ou comerciais. Persoas, dixo, que se ven prexudicadas “pola gran dificultade que teñen os galegos de saber o que teñen que facer para cumprir as obrigas co Estado portugués. Pensamos que nese Cumio que solicitamos formalmente se debe de abordar esta situación e se debe facer un gran esforzo pola compatibilidade tecnolóxica da peaxe do que é a vía verde e a telepeaxe galega e española”, afirmou Feijóo ao respecto. “Unha compatibilidade técnica na lectura da matrícula dos vehículos e tamén na posibilidade de pagar en efectivo no caso de que esta compatibilidade non se xeneralice”, explicou.

Respecto á conexión ferroviaria en alta velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal, Feijóo sinalou que a situación actual “nos fai entender o aprazamento desa infraestrutura pero –dixo-, en ningún caso renunciar a esa conexión ferroviaria”. Eu espero que no orzamento europeo 2014-2020 poidamos volver atopar fondos para esa vía”. Fondos, lembrou, “que só se poden utilizar no ámbito transfronteirizos e que son fondos europeos que veñen cofinanciar boa parte do esforzo que teñen que facer ambos os dous países”.

Nesta liña, o mandatario galego lembrou que a conexión interna de Galicia entre Ourense-Santiago, Santiago-A Coruña, que vai poder iniciarse a finais deste ano ou principios de 2012, e que se vai estender despois a Santiago-Pontevedra, Pontevedra-Vigo, no ano 2012-2013, e que simultaneamente se estarán a executar durante estes anos de conexión definitiva de Ourense cara a Meseta, poderá confluír que na seguinte década “poidamos ter a conexión de tren de alta velocidade completa desde Vigo ata Madrid; e iso supón, sen ningunha dúbida –sinalou-, unhas posibilidades adicionais para os pasaxeiros portugueses que poidan coller o tren de alta velocidade desde Porto non só a Galicia senón a Castela e León e Madrid e desde aí conectar co resto das comunidades”, concluíu.

R., 2011-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (castelao-isaacdiazpardo.jpg) 'Castelao. Mirar por Galicia' incluirá unha experiencia inmersiva con videoproxección cúbica: un resumo do periplo vital e creativo de Castelao, relatado en primeira persoa, que presentará tamén unha selección de obras dotadas de vida mediante técnicas de animación 3D e intelixencia artificial nunha recreación artística do seu espírito creativo. Ademais, estase a realizar un traballo de recreación da voz do intelectual, da que se conserva un único rexistro sonoro: a mensaxe que gravou en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse en Montevideo en 1941, conservada no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. O arquivo someteuse a un depurado do son para, a continuación, adestrar unha intelixencia artificial para reproducir con fidelidade o timbre, entoación e textura da voz.
Foto de la tercera plana (teatro.jpg) Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e Hamlet, de William Shakespeare, serán as producións centrais do Centro Dramático Galego para a próxima temporada 2025-2026, na que porá o foco nos clásicos tanto galegos como universais. A unidade teatral acaba de lanzar a convocatoria do proceso de selección dos 23 intérpretes destes espectáculos, que teñen prevista a súa estrea para o primeiro semestre de 2026. Das prazas convocadas, sete corresponden ao elenco da adaptación teatral do emblemático libro de Xosé Neira Vilas, para o que o CDG contará na dramaturxia e dirección con Cándido Pazó. Da súa man, o personaxe de Balbino volverá cobrar vida nunha proposta evocadora que combinará teatralidade e poesía.

Notas

Como cada mes de xuño desde hai catro anos, a Universidade de Vigo convértese durante dous días no punto de encontro de especialistas nacionais e internacionais nos eidos da nanociencia, a nanomedicina e a nanoquímica, co gallo da celebración do The Thinking Institute. Este mediodía arrancou no edificio de Ciencias Experimentais do campus universitario de Vigo a cuarta edición deste encontro científico internacional, impulsado polo catedrático e investigador Luis Liz Marzán co apoio do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo (CINBIO).
Desde o luns ata o venres 6, máis de 900 profesionais da Ciencia Ecolóxica procedentes de máis de 100 institucións de 20 países diferentes participan en Pontevedra no III Congreso da Sociedade Ibérica de Ecoloxía (SIBECOL) e o XVII Congreso Nacional da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET). Este ano, desenvólvense coa colaboración das Universidades de Santiago e de Vigo, o CSIC, a Misión Biolóxica de Galicia, o Concello e a Deputación de Pontevedra.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES