
Nela póñense de relevo as súas contribucións no eido do xornalismo radiofónico e da prensa escrita así como a súa decisiva achega á literatura galega a través dunha obra narrativa breve pero de enorme alcance.
Esta exposición convídanos a escoitar esas múltiples voces: a da narradora, a das súas personaxes, a da xornalista, a da muller e a da cidadá comprometida co seu tempo e coa súa lingua, destacou a reitora Rosa Crujeiras no acto inaugural. A reitora subliñou os valores sobre os que se asenta a obra de Caamaño: o feminismo, a xustiza social, a defensa da nosa lingua constitúen piares da nosa actividade universitaria; principios que interpelan ao conxunto da comunidade e respecto dos que asumimos o compromiso de promover, con responsabilidade e rigor, a súa integración efectiva e a súa asunción compartida por todas e todos.
Para Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria, esta mostra reúne compromiso, literatura e conmemoración e serve para lembrar a quen fixo da palabra un exercicio ético. Cristina Cabada, comisaria da mostra titulada 'As voces de Begoña Caamaño', lembrou que a exposición permite poñer o foco nunha obra brillante, madura e reducida por mor da desaparición prematura da autora. Pero non só iso, xa que o legado exposto tamén salienta o rol de Begoña como lectora para facer visible o humus que nutre a súa obra.
Ademais de reitora, directora da Biblioteca e comisaria, o acto inaugural contou tamén coa intervención de dúas amigas persoais da homenaxeada: a xornalista e escritora, Ana Romaní, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. Para Ana Romaní, Begoña Caamaño é unha figura iluminadora en tempo sombrío. A xornalista definiu a Caamaño como unha afirmación da esperanza. Para Begoña, dixo, era preciso cambiar as cousas, por iso lanzaba cuestións incómodas como a quen pertence o corpo das mulleres? Ou, por exemplo, que entendemos por democracia?. Finalmente, a alcaldesa lembrou a paixón que Begoña Caamaño sentía polo diálogo. Gozaba da conversa nas ondas, no comité de empresa, en foros internacionais sobre os dereitos das mulleres, desfrutaba da conversa coas amigas, dixo.
Escolma diversa
A documentación que se exhibe no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ten como obxectivo achegar ao público a relevancia cultural, social e literaria de Begoña Caamaño, reivindicando unha autora que fixo do xornalismo, da palabra e da creación un espazo de intervención ética e política. Así, a mostra presenta unha escolma de artigos de opinión aparecidos en distintas revistas e xornais, nos que a escritora viguesa toma partido a favor da insubmisión, contra a xestión do desastre ecolóxico do Prestige, na defensa do ensino e da sanidade pública e de xeito transversal, na defensa dos dereitos das mulleres. Nos apartados dedicados ás súas dúas novelas, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle técese un diálogo con autoras como Margaret Atwood e as galegas Xohana Torrres, María Xosé Queizán ou Chus Pato, pioneiras na tarefa de reformular figuras de mulleres senlleiras, reais ou imaxinadas.
A escolla de Begoña Camaño para as Letras Galegas 2026 converte esta exposición nunha boa oportunidade para redescubrir un legado que segue plenamente vixente. A mostra pode visitarse do 5 ao 28 de maio, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.