
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 7, 8 e 9 de abril o seminario internacional As Bibliotecas Dixitais, no que participarán os responsables das principais bibliotecas dixitais do mundo, como a Library of Congress dos Estados Unidos, a British Library do Reino Unido, a World Digital Library da Unesco, Europeana da Comisión Europea, ou as Bibliotecas Nacionais de Australia e de España. O encontro abrirase tamén a empresas privadas, como Google Books España.
O seminario permitirá a difusión do traballo que está a realizar a Biblioteca de Galicia a través de diferentes proxectos de dixitalización co fin de que os usuarios poidan ter acceso ao patrimonio bibliográfico galego a través da rede. Así, aproveitarase a reunión desta elite de profesionais para presentar Galiciana, a biblioteca dixital galega, que por volume de fondos dixitalizados é xa unha das mais potentes de España e de Europa.
A conferencia inaugural correrá a cargo da estadounidense Sally McCalum, representante da Library of Congress, considerada a biblioteca mais prestixiosa do mundo. A súa intervención centrarase nas estratexias para facer mais accesibles as bibliotecas dixitais aos usuarios. Destaca tamén a presencia de John Van Oudenaren, que, como director da World Digital Library da Unesco, exporá o proxecto de biblioteca dixital mundial que promove este organismo. O seminario contará tamén co alemán Stefan Gradmann, que presentará o libro blanco de Europeana, a rede internacional de bibliotecas que xestiona a Unión Europea.
Os expertos analizarán os novos desafíos na creación de coleccións dixitais de fácil acceso e intercambiarán experiencias sobre os novos sistemas de busca e recuperación de información que se están a utilizar nestes centros. Ademais, abordaranse cuestións vinculadas a temas como os dereitos de autor, a relación entre bibliotecarios, investigadores e editores ou a definición de cales son as necesidades dos usuarios co fin de que as bibliotecas dixitais sexan o mais útiles posibles.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.