
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
A presentación do novo disco de Abraham Boba, Los días desierto, abre unha nova edición do ciclo Lubicán, promovido por Lugo Cultural. Este primeiro concerto dos catro que conforman este ano a programación do Lubicán, terá lugar o xoves 10 de marzo no Círculo das Artes da cidade de Lugo ás 20.30 horas e a entrada é de balde.
O músico dará a coñecer os temas do novo traballo que sae á luz por estas datas. Trátase do seu terceiro disco no que o pop de autor se transmite a través das letras,a voz, o piano, a guitarra e o acordeón, instrumentos cos que Boba interpreta historias persoais dende un universo musical propio. En Los días desierto o autor mantén a marca dos seus discos anteriores na voz, no piano e no acordeón, mantén o pop, o folk e os referentes clásicos, pero introduce un formato máis eléctrico e enriquecido con outros matices coma os corais.
A cuarta edición do Lubicán, que ten por obxecto achegar ao público lucense a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e formacións, desenvolverase entre marzo e xuño. As actividades que comprende forman parte á súa vez do programa Lugo Cultural, promovido pola USC, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo Novacaixagalicia, sendo xestionado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.