
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
Especialistas chegados de toda España e doutros países como Francia, Holanda ou México, ata un máximo de 300 asistentes, asistirán a Aurora e melancolía. O cine español durante a II República (1931-1939), título do décimo terceiro congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine (Aehc). O simposio terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago do 10 ao 12 de marzo vindeiros baixo o patrocinio da USC. De feito, a catedrática da universidade compostelá Margaria Ledo é a responsable do comité organizador, mentres que a presidencia do congreso recae no director e produtor Eduardo Ducay.
O prazo para a inscrición de asistentes está aberto ata o luns 7 de marzo, sendo a matrícula de balde para os alumnos procedentes das tres universidades galegas. Porén, o período de recepción dos textos pechouse o pasado 10 de xaneiro e está previsto que o vindeiro 28 de febreiro se coñeza o programa definitivo do congreso.
Respecto á temática seleccionada para estas xornadas, o presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine, Julio Pérez Perucha, sinala que o cine que se produce no período comprendido entre os anos 1931 e 1938 aparece como unha experiencia chea de fugaces singularidades. Dáse ademais a circunstancia de que a celebración deste décimo terceiro congreso coincide coa conmemoración durante este ano do oitenta aniversario da II República, polo que era de obrigado cumprimento que se sometera a consideración este período explica o responsable da Aehc na web do congreso: http://www.estudosaudiovisuais.org/congreso-aehc.
O programa inclúe, ademais dos relatorios e comunicacións presentadas, outras actividades paralelas, entre as que cabe salientar a concesión das Medallas de Ouro que cada ano concede a asociación de historiadores a destacadas personalidades do cine español.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.