
O segundo premio, dotado con 300 e estatuíña de Sargadelos foi para o traballo titulado "UNA ESTRELLA DE MENOS, MILES DE MÁS Y UN MISMO DESTINO", publicado en El Progreso e www.galiciadigital.com por PABLO NÚÑEZ GONZÁLEZ.
Pola calidade dos artigos, concedeuse cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotadas con Estatuíña de Sargadelos ós traballos PORTAL EN BEGONTE, de MARÍA EUGENIA vALLE PRADO (Kenia), de Cerdeiras-Begonte, e "A VIAXE DE IRIS", de RUTH FERNANDEZ FERNÁNDEZ, publicados ámbolos dous en www.galiciadigital.com.
O xurado, estivo formado por Xesús Mato Mato, Blanca Pacín Somoza, Marcial González Vigo, Xulio Giz Ramil e José Rodríguez Gómez, en nome da entidade convocante.
Os premios serán entregados no salón de actos do Centro cultural o próximo 29 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura do Belén Electrónico de Begonte na súa XXXIX edición.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.