
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) patrocina a presenza dunha delegación de artistas e empresas musicais galegas na Monkey Week, a mostra internacional de música independente de Cádiz, que celebra este ano a súa segunda edición no Porto de Santa María do 8 ao 12 de outubro. A música galega estará presente neste innovador certame cun stand propio baixo a marca Galiciantunes, coa presentación dos grupos Holywater, Eladio y Los Seres Queridos, Clá, Hola a Todo el Mundo e Magnética e coa participación das produtoras Ernie, La Fábrica de Chocolate/Esmerarte e Saraiba.
A representación empresarial e artística galega, que conta tamén co apoio de Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), visualizarase no área de mercado para profesionais da Monkey Week mediante a ocupación dun stand propio identificado baixo a marca Galiciantunes, a enseña común utilizada por institucións públicas e empresas privadas galegas para a difusión no exterior da música producida actualmente en Galicia.
Desde esa zona expositiva, que quedará instalada durante os días do evento no Teatro Pedro Muñoz Seca, achegarase material promocional ao servizo das empresas galegas asistentes. O principal soporte preparado especificamente para as feiras internacionais de música deste ano é un dobre cd con libreto, que se distribuirá gratuitamente desde o stand de Galiciantunes. Este dobre cd recolle a produción musical galega máis recente dividida por xéneros en pop-rock e jazz (cd1) e roots (cd2).
As empresas galegas que acudirán á Monkey Week serán Ernie Producciones, que presentará o seu grupo Holywater; La Fábrica de Chocolate/Esmerarte que promoverá as actuacións de Eladio y Los Seres Queridos, Clá, Hola a Todo El Mundo e Magnética; e Saraiba Produccións, que non terá grupos na carteleira pero levará as súas propostas na procura de posibles transaccións.
Ademais disto, na programación oficial aparecen dúas bandas galegas de actualidade, como son Emilio José e Triángulo de Amor Bizarro; aínda que neste caso representadas por empresas non galegas.
A Monkey Week 2010 enfronta a súa segunda edición no camiño de consolidarse como escaparate e punto de encontro para artistas, público e profesionais da escena musical independente. Durante os cinco días da mostra desenvolveranse máis dun cento de actuacións (entre concertos e showcases) repartidas entre tres escenarios (Teatro Pedro Muñoz Seca, Mosteiro da Victoria e praza de Alfonso X) e un circuíto de salas e bares da cidade. A zona de mercado acollerá un total de 44 stands a disposición das discográficas, de empresas de management, de comunicación e doutros axentes do sector musical. Tamén está prevista unha programación complementaria con máis de 20 horas dedicadas a conferencias, talleres e mesas redondas coa música independente como centro de atención.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.