
Nota de prensa Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá/Galiciadigital.com:
Nun acto celebrado na Deputación Provincial de Lugo, foi presentada oficialmente a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na súa edición númrero XXXII. A primeira semana celebrouse en 1979, e desde entón o outono lucense ten como singular punto de referencia cadansúa Semana de Cine de Autor.
A semana está organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, cos patrocinios ou apoios de Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia 1ª), Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Xacobeo, Caixa Galicia, Universidade de Santiago-Campus de Lugo, Colexio de Arquitectos, e a plataforma en internet Galicia Digital.
Durante a celebración da Semana Internacional de Cine de Autor, será estreado o documental realizado en Arxentina e producido por Fonmiñá, sobre a vida e obra de Enrique Muíño, titulado Les voy a contar mi vida. Este aborioso traballo de investigación está dirixido por Federico Santillana, cun guión do propio director e de Manuel Curiel Fernández (Director da Semana de Cine de Lugo). A realización de dito documental e a súa estrea en España, coincidindo coa Semana de Cine, forma parte das homenaxes que a Semana brindará ao Gaucho Galego Enrique Muíño. Igualmente as películas do ciclo dedicado a Enrique Muíño foron subtituladas ao galego para unha mellor comprensión dos seus diálogos. A subtitulación foi igualmente realizada en Arxentina.
Actuación de Achádego
O acto de presentación comezou cunha representación do grupo de teatro Achádego, colaborador da Semana, que na explanada diante da Deputación efectuou unha posta en escea orixinal do propio grupo relativa ó impacto dunha producción cinematográfica de Hollywood na capital lucenses, na que se reflicte a revolución causada por esta película nos diversos estamentos cidadáns lucenses. Tradicionalmente, Achádego colabora coa Semana, xa creando pequenas obras con referencias cinematográficas para o momento da presentación, xa caracterizando personaxes da historia do cine que, paseando pola capital lucense, difunden a Semana de Cine e o cine mesmo.
Presentación oficial
Seguidamente, no salón de actos da Deputación Provincial presentouse a Semana nun acto no que interviu Antón Bao (Vicepresidente 1º da Deputacióh), como anfitrión, estando presentes Nuria Mundiña, Concelleira de Cultura, en representación do Concello de Lugo; Marta Barreiro Castro, Xefa territorial de Presidencia, en representación da Xunta de Galicia e o Xacobeo; Sinesio Pérez, Director en Lugo da Fundación Caixa Galicia; e Pedro García Herradón, Vicerreitor e Pablo Ramil, director do Ibader, en representación da Universidade. Polo grupo organizador interviñeron Manuel Curiel Fernández, Director da Semana de Cine, e Xulio Xiz, Presidente do grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.
Para coñecer detalles da Semana, ofrecémoslles ampla información na páxina do Grupo organizador, www.fonmiña.es.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.