Noticias

La Xunta reivindica en Ginebra el Camino como espacio de diálogo y de intercambio cultural

La exposición Algoritmi Dixit, compuesta por 23 jaimas árabes en las que el artista Darío Basso persigue mostrar los puentes culturales entre Oriente y Occidente, sirvió de punto de difusión del Camino de Santiago en Ginebra. Con motivo de la inauguración de esta muestra se celebró la conferencia Sendas e civilizacións: Oriente-Fisterra en la que el conselleiro de Cultura puso de relieve la importancia del Camino como espacio de diálogo e intercambio cultural.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

Con motivo da inauguración da exposición Algoritmi Dixit, do artista galego Darío Basso no Palacio das Nacións Unidas en Xenebra (Suíza), o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, pronunciou a conferencia Sendas e civilizacións: Oriente-Fisterra, onde reivindicou o papel do Camiño de Santiago como “espazo de diálogo e de intercambio cultural”. Nesta presentación tamén interviñeron o director xeral da ONU en Xenebra, Sergei Ordzhonikidze; o embaixador de España ante as Nacións Unidas en Xenebra, Javier Garrigues; e o artista Darío Basso.

No marco da Sala dos Dereitos Humanos e da Alianza de Civilizacións, que acolle a cúpula deseñada polo artista Miquel Barceló, Roberto Varela destacou a relación entre sendas, civilizacións e o Camiño de Santiago, asegurando que “os camiños son os medios para o progreso do conxunto da Humanidade, canles para comunicarnos, relacionarnos e comprendernos”. Neste ano 2010, e nun espazo tan emblemático como é o foro das Nacións Unidas, o conselleiro de Cultura e Turismo reivindicou a capacidade da Ruta Xacobea de ser “unha vena de cultura, espiritualidade e fe que irriga boa parte dos territorios europeos”, e ao mesmo tempo “o lugar idóneo para coñecernos, entendernos e respectarnos”.

Segundo explicou o conselleiro o concepto de civilización “representa cada un dos modelos sociais, históricos e de relacións humanas, aos distintos xeitos de estar no mundo e, necesariamente, ha de evitar os vellos tópicos e complexos de superioridade”. Para Roberto Varela, “o que foi unha historia global de luces e sombras só ten un único futuro posible: o diálogo intercultural”, e neste sentido, o conselleiro incidiu importante papel que xoga o Camiño de Santiago como “espazo de diálogo”. Varela recordou que a Ruta Xacobea, (Primeiro Itinerario Cultural Europeo, Patrimonio da Humanidade e Premio Príncipe de Asturias á Concordia), “leva moitos séculos sendo un dos escenarios mundiais de produción e intercambio cultural, un espazo cohesionador e solidario, que a súa vez funciona como elemento de dinamización económica”.

Neste sentido, Roberto Varela asegurou que dende a Xunta de Galicia “se valora como o Camiño de Santiago marcou moi positivamente o noso desenrolo en termos económicos e turísticos, pero a súa vez tamén acompañados de fins sociais, culturais e relixiosos unidos á modernidade, ecoloxía, solidaridade e á conservación e posta en valor do patrimonio e o diálogo intercultural”. Deste xeito, segundo Varela “o Goberno galego continuará traballando para que a que fora a gran ruta relixiosa de Europa durante a Idade Media, mantendo a súa esencia, se universalice e se abra fraternalmente todas as civilizacións e culturas”.

O conselleiro de Cultura destacou que a mostra Algoritmi Dixit “ofrécenos unha gran imaxe plástica do que é o crisol de culturas na conca mediterránea”. Esta instalación de 23 jaimas exipcias intervidas é, segundo o conselleiro, “unha reflexión sobre a complementariedade das distintas culturas, unha búsqueda de puntos de encontro, unha proposición para reinventar as relacións, recordándonos as similitudes esenciais, os símbolos e o sustrato compartido por multitude de civilizacións, en definitiva, unha proposta inspiradora para a concordia”.

Roberto Varela recordou o amplo consenso en canto a que “o futuro debe edificarse sobre o coñecemento, a creatividade, a adquisición de novas competencias e sobre unha ampla idea de cooperación e colaboración”. O titular de Cultura destacou a importancia da cooperación internacional e a colaboración institucional e empresarial co obxectivo de formar unha alianza estratéxica que permita alcanzar un desenrolo e requilibrio social no contexto actual”. En definitiva, se trata de crear vínculos entre distintas culturas e civilizacións en busca do entendemento mutuo e dun mutuo beneficio”. Finalmente, o conselleiro invitou a todos os asistentes a acudir a Santiago de Compostela, “a un encontro peregrino coas persoas e civilizacións presentes no Camiño, unha senda onde disfrutar do intercambio cultural, o principal recurso dialéctico para afrontar os desafíos mundiais do desenrolo e a sustentabilidade do noso modelo social”.

Na exposición Algoritmi Dixit Darío Basso reinterpreta as correspondencias culturais entre Oriente e Occidente utilizando elementos de ambas as dúas culturas a través da representación visual e plástica. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, trae a exposición ao Palacio das Nacións Unidas en colaboración coa Sociedade Estatal para a Acción Cultural Exterior de España (SEACEX), a Dirección Xeral de Relacións Culturais e Científicas do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e a Misión Permanente de España ante a Oficina das Nacións Unidas en Xenebra.

Comisariada polo propio Darío Basso, Algoritmi Dixit ten como obxectivo mostrar as correspondencias entre artes, ciencias e culturas de civilizacións dispares e antitéticas (Oriente e Occidente) ao longo da historia e a xeografía. Neste sentido, o periplo a Santiago serve como exemplo de crisol de civilizacións e camiño universal no que conflúen persoas de todos os cantos do planeta. A consigna principal é romper as barreiras culturais e sociais, reinventando as relacións e semellanzas contidas dentro dun mesmo espazo mimetizado onde cohabitan o real, o visual e o icónico.

As 23 pinturas que compoñen a instalación recubrirán, colgadas a 8 metros de altura, os 54 metros lineais da galería des Pas Perdus ata o próximo 24 de setembro. Trátase de 23 jaimas cairotas, de 430 x 260 cm. cada unha, imprimidas con patróns xeométricos realizados a partir de teselaciones matemáticas e serven no seu ámbito habitual para protexer e ornamentar edificios en construción, conviven aquí coa pintura abstracta.

A obra responde a un diálogo intercultural que integra o espazo da arquitectura vinculando, en termos estéticos, o mundo oriental e o occidental. A superficie plana das teas adquire a tridimensionalidade do espazo arquitectónico, permitindo que a pintura orixine unha nova epiderme polícroma, densamente tecida dentro dun mesmo espazo total, trátase de pintura expandida. Xunto á instalación, presentaranse dous vídeos. O primeiro recolle imaxes que mesturan o proceso pictórico no estudo do pintor en España e as fontes de inspiración do artista en países árabes. O segundo traballo amosa imaxes en movemento dunha sesión de traballo do pintor.

O pintor galego Darío Basso naceu en Caracas (Venezuela) en 1966 aínda que se traslada a Galicia aos tres anos. Aos cinco gaña o seu primeiro premio de debuxo. Fórmase nos talleres do Círculo de Belas Artes de Madrid, a New School of Visual Arts de Nova York e a Academia de España en Roma. Dende os seus inicios en 1985, a pintura de Darío Basso lígase a signos culturais de diversas civilizacións. A traxectoria do artista está marcada polas súas longas estanzas en diferentes cidades como Madrid, París, Roma, Pissignano, Coruxo, Nova York, Choroní, Baoruco ou Marrocos. Estas incursións en culturas tan afastadas son a orixe da expresión da súa mirada poética e persoal cara á realidade humana, dos seus soños e das súas contradicións, sen esquecer un profundo compromiso social que o artista mostra en toda a súa obra.

Na actualidade, expón con regularidade tanto en España como no estranxeiro. Nos últimos meses viaxou a África, en concreto a Zimbabwe e Mozambique, onde pasou 2 meses, expoñendo os seus traballos. Alí realizou un taller de pintura con nenos, así como unha serie de conferencias e mesas redondas con artistas locais. Tamén formou parte do xurado internacional do Concurso Nacional de Pintura e Escultura Live'n Direct, organizado con motivo do día de África. As súas últimas creacións expoñeranse a partir do 30 de setembro na feira de arte Munich Contempo. A súa obra encóntrase en coleccións como a do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, Academia de Belas Artes de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea, Colección Banco de España, Caixa Forum, Caixa Galicia, así como en importantes coleccións internacionais.

R., 2010-09-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (fiv-vilalba-2026.jpg) O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.

Notas

A Primavera Cultural da USC continúa agromando con múltiples propostas. Así, no Campus de Lugo, a danza, o teatro e a creación audiovisual protagonizan as citas máis inmediatas. Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universidade a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición. O certame de curtametraxes Findecurta mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 21 de abril. O día 24 realizarase a tradicional sesión informativa na Casa do Saber na que se lles explicará ás persoas participantes o reto desta edición do certame.
A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES