Noticias

Xacobeo 2010: Arcade Fire, Echo and The Bunnymen, The Temper Trap y Cornelius 1960 componen el cartel del Festival MTV Galicia

El 5 de septiembre se celebra en el Monte do Gozo de Santiago de Compostela el Festival MTV Galicia, en el marco del Xacobeo 2010. El cartel de conciertos lo conforman Arcade Fire, Echo and The Bunnymen, The Temper Trap y los gallegos Cornelius 1960. El festival será emitido por MTV World Stage en la red internacional de canales MTV.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

Arcade Fire, Echo and The Bunnymen, The Temper Trap e os galegos Cornelius 1960 compoñen o cartel de MTV Galicia, un festival de entrada gratuíta que se celebrará o próximo 5 de setembro no Monte do Gozo de Santiago de Compostela e que forma parte da programación de Xacobeo 2010. O festival MTV Galicia 2010 do 5 de setembro será emitido dentro do espazo MTV World Stage, que pode verse na maior parte da rede internacional de canles de MTV.

Tralo éxito global dos seus discos anteriores, Neon Bible e Funeral, Arcade Fire regresaron o pasado 3 de agosto coa publicación do seu esperado terceiro disco, The Suburbs. A día de hoxe, están quecendo motores con varios concertos en Europa. De feito, tocarán dúas noter no Madison Square Gardem de Nova York antes de ser cabezas de cartel no festival de Reading. Arcade Fire son coñecidos polas súas inspiradoras actuacións en directo. En España, encabezaron o cartel do Summercase no ano 2007. O último disco da revista Mondo Sonoro defíneos como a banda “máis arrebatadora deste arranque de século”.

Pola súa banda, a banda británica Echo and The Bunnymen naceu en Liverpool no ano 1978. A formación orixinal estaba constituída por Ian McCulloch, Will Sergeant e Les Pattinson acompañados por unha caixa de ritmos. Tralo seu primeiro album, Crocodiles (1980) a caixa de ritmos foi substituída por Pete de Freitas. Heaven up here (1981) logrou acadar o posto número dez na lista dos máis vendidos do Reino Unido e obtivo moi boas críticas. Sucedeu o mesmo con Porcupine (1983). Con todo, o seu gran éxito chegou con Ocean Rain (1984). Deste disco saíron varios singles, entre eles, o seu emblemático tema The Killing Moon, que chegou a formar parte da banda sonora orixinal da película Donnie Darko.

O grupo conta con numerosos discos no mercado: no 1987 lanzan un álbum co mesmo nome da banda; Reverberation saíu no 1990; en 1994 viu a luz Electrafixion; Evergreen en 1997; What Are You Going to Do with Your Life? en 1999; Flowers en 2001 e Siberia en 2005. O seu último álbum, The Fountain, publicouse en 2009.

A banda de Melbourne The Temper Trap sorprendeu en 2009 a todo o mundo musical coa súa canción Sweet Disposition. Medios especializados, blogs, algún concertos e a súa participación na banda sonora da película 500 Días Juntos aumentaron a súa popularidade. Un feito que desembocou no lanzamento do seu disco de debut, chamado Conditions. The Temper Trap regresa agora a España trala súa actuación no pasado Festival de Benicassim.

Por último, os galegos Cornelius 1960 levarán a MTV Galicia as súas cancións, que parecen feitas para soñar, cantar a coro ou emocionarse. Nelas vense desde reminiscencias de Oasis ata a frescura soul bailable de Jamiroquai, ou o rock de Strokes. Para o seu primeiro disco contaron con produtores e enxeñeiros que xa traballaron con Madonna, Rihanna, Suede, Van Morrison ou Amy Winehouse.

HORARIO MTV GALICIA 2010

18:30 CORNELIUS 1960
19:20 THE TEMPER TRAP
20:25 ECHO&THE BUNNYMEN
22:00 ARCADE FIRE

R. , 2010-08-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES