Noticias

La caravana A caixiña dos mistos acercará a los ayuntamientos gallegos el cine y los valores del Camino de Santiago

A través de sesiones de cine infantil y talleres de stop-motion, la caravana A caixiña dos mistos recorrerá 13 concellos gallegos de las distintas rutas jacobeas acercando a los más jóvenes el cine y los valores del Camino de Santiago en el marco del Xacobeo 2010.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Xacobeo 2010 presenta a iniciativa A Caixiña dos Mistos, unha caravana ambulante que levará o cine e os valores do Camiño aos nenos de trece concellos situados nas diferentes rutas xacobeas. Este proxecto, que ten como obxectivo aproximar novos contidos audiovisuais ao público infantil de ata 14 anos de maneira lúdica e didáctica, está enmarcado no Camiño Infantil da programación de Xacobeo 2010. Neste apartado inclúense os proxectos relacionados coa infancia, presentados en diferentes formatos e que se levarán por todas as comarcas de Galicia para achegar os valores do Camiño aos máis pequenos.

A caravana de A Caixiña dos Mistos comeza o seu percorrido polas rutas xacobeas no Camiño Francés. O mércores 9 de xuño, a iniciativa chegará ao Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do municipio lucense de Samos, mentres que o xoves recalará no CEIP Virxe da Luz de Portomarín. No fin de semana, os días 12 e 13 de xuño, será a quenda de Sarria e de Palas de Rei, onde a caravana fará parada na casa de cultura e no Concello, respectivamente. Tamén dentro do Camiño Francés, A Caixiña dos Mistos chegará o luns 14 de xuño ao CEIP de Arzúa e o martes 15 aos colexios de Melide.

Logo de percorrer esta ruta, a caravana trasladarase ata o peirao de Fisterra o venres 18 de xuño. Nese fin de semana, o sábado 19 e o domingo 20, A Caixiña dos Mistos chegará á praza Cabo da Vila de Muxía e á praza do Concello de Camariñas. Despois, a iniciativa peregrinará ata o Camiño do Norte, máis concretamente o venres 25 de xuño estará na praza do concello de Mondoñedo e o mércores 26 na praza da Constitución de Vilalba. Por último, a caravana estará tamén na Vía da Prata. Deste xeito, o luns 28 de xuño fará parada en Verín e o martes 29 nos xardíns da Casa da Cultura, onde rematará o seu percorrido.

O obxectivo desta iniciativa é que nenos e nenas de trece localidades galegas se suban ao longo do mes de xuño á caravana de A Caixiña dos Mistos, unha sorte de cine ambulante, con capacidade para 15 persoas, que percorre toda a xeografía galega para proxectar curtametraxes infantís de todo o mundo. Xacobeo 2010 patrocina esta sala de cine itinerante de carácter lúdico e didáctico para un público infantil e adolescente ata 14 anos. Os asistentes poden elixir á carta as películas proxectadas da carteleira de A Caixiña dos Mistos. Finalmente, nenos e maiores votan as pezas, establecendo un ránking entre todas as que conforman o catálogo.

Paralelamente ás proxeccións, desenvólvese unha serie de actividades: pasatempos, recortables ou obradoiros de stop-motion con plastilina. A Caixiña dos Mistos é tamén unha plataforma para a promoción das curtametraxes e de apoio aos seus creadores, aos que se remunera polos contidos prestados en concepto de royalties por cada proxección, contribuíndo deste xeito a animar a produción cinematográfica.

Ademais, das sesións de cine infantil para idades comprendidas entre os 0 e os 14 anos, con diferentes franxas de idade, a iniciativa inclúe un obradoiro infantil de stop-motion. A finalidade deste apartado é crear unha pequena peza audiovisual de animación de forma práctica e lúdica baseándose na técnica de stop-motion con plastilina. Os participantes serán nenos de entre 10 e 13 anos. Plastilina, debuxos recortables e témperas son os materiais de traballo deste curso cunhas catro horas de duración. Como resultado obtense unha película orixinal e única dun minuto de duración. Cada participante levase un DVD de recordo coa película e co making off, xunto cun diploma acreditativo.

A Caixiña dos Mistos presenta un catálogo de películas no que se inclúen 18 producións de lugares tan diversos como Estados Unidos, México, Brasil, Arxentina, Portugal, Eslovaquia ou Australia, ademais de pezas de Galicia e do resto de España. No 2010, a caravana fará o seu percorrido por trece concellos do Camiño de Santiago. Facer o Camiño na Caixiña dos Mistos é unha maneira distinta de achegarse á súa realidade, e ofrece un contacto directo coa xente das vilas, cos peregrinos e cos nenos.

Camiño Infantil

A Caixiña dos Mistos forma parte do Camiño Infantil da programación de Xacobeo 2010, un apartado no que se inclúen os proxectos relacionados coa infancia, a través de diferentes formatos dedicados aos nenos que se levarán por todas as comarcas de Galicia para achegar os valores do Camiño aos máis pequenos.

Nesta parte da programación tamén están incluídos outros proxectos como é Os Contos do Camiño, no que participaron en maio 2.500 nenos e nenas de Santiago e que remata este mes. O obxectivo desta iniciativa é difundir entre os escolares o patrimonio inmaterial e artístico das diferentes rutas xacobeas, a través de contos de tradición oral e obradoiros plástico creativos. Os Contos do Camiño chegou a Compostela logo de percorrer varias localidades portuguesas e francesas, ademais de Madrid. En total, neste proxecto participaron máis de 25.000 nenos desde o seu comezo no mes de xaneiro.

R., 2010-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou hoxe que o Consello acordou que 'iniciar a elaboración dos orzamentos da comunidade autónoma para o vindeiro ano'. Deste xeito, o Executivo autonómico avaliou un informe presentado pola Consellería de Facenda e Administración Pública sobre a Orde pola que se ditan instrucións para a elaboración dos presupostos de 2026, que marcan as bases do Plan financeiro do Goberno galego para o ano próximo. Calvo resaltou que mentres Galicia 'comeza a traballar nas contas de 2026, o Goberno de España segue funcionando coas de 2023'.
Foto de la tercera plana (ofrenda-antigo-reino-galicia.jpg) O Consello da Xunta aprobou o decreto que declara Ben de Interese Cultural a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, o que supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de Patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta declaración chega tras recibir os informes favorables dos catro órganos aos que se lle solicitou: o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo galego, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e a Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, no proceso de exposición pública para o seu recoñecemento non rexistrou ningunha alegación.

Notas

O investigador do ILG da USC Xulio Sousa e as profesoras da Facultade de Matemáticas e investigadoras do CITMAga María José Ginzo Villamayor e Rosa Crujeiras acaban de publicar o artigo 'Surname Distribution in Galicia: Population Structure, Dialects, and History' na revista 'Names: A Journal of Onomastics' que axuda a desvelar as conexións entre os apelidos, a variación dialectal e a organización histórica de Galicia.
A Universidade da Coruña foi sede hoxe da reunión constitutiva do grupo de traballo sobre a descentralización do grao en Medicina, proposto na sesión do 10 de xuño do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia. Neste primeiro encontro, marcado pola propia creación do grupo, aprobouse a normativa de réxime interno e o calendario de traballo que marcará as liñas de acción de cara aos vindeiros meses.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES