
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na XXXI Bienal de Arte de Pontevedra, o papel dos artistas galegos e afirmou que o seu galeguismo aberto séguenos guiando nos días de hoxe. Próbao dixo- esta Bienal de Arte de Pontevedra, que non soamente se abre para converterse nun escaparate artístico internacional, senón tamén para atraer valores que non nos son propios, pero que poden engordar a nosa forza vital.
Feijóo afirmou que os artistas se caracterizan por enxendrar novos ritmos, entusiasmar nunha época determinada e sumar as súas achegas á eternidade da arte e engadiu que unha cultura accesible, diversa, plural, vangardista e de calidade converte o lastre da desesperanza nun motivo de optimismo.
No tocante á exposición da Bienal de Arte, o presidente do Goberno galego subliñou dous grandes acertos: o primeiro deles explicou- ten que ver cos lazos que historicamente nos uniron a Centroamérica e o Caribe, estou seguro de que a pegada galega que os nosos emigrantes deixaron en Cuba, na República Dominicana ou en Panamá nos farán algo máis cercanas e familiares estas obras de arte.
Como segundo acerto destacou a decisión de converter Galicia en compañeira de viaxe de artistas quizais non moi coñecidos polo público menos especializado. Este enriquecemento cultural activo é sempre responsabilidade obrigada das institucións públicas, pero máis aínda nestes tempos de crise nos que calquera manifestación cultural asume un papel silencioso, pero fundamental.
Para Feijóo, converter esta exposición nun foro aberto a todos os públicos é un éxito e un servizo público que toda institución debe fomentar. A arte concluíu- espállase irremediablemente, esténdese máis alá dos límites do museo e apodérase das rúas de Pontevedra e de Galicia enteira. Galicia é unha terra cosmopolita, que viaxa e frecuenta outras culturas para aprender e enriquecerse, con vontade de descubrir valores incógnitos.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.