Noticias

Artistas centroamericanos y caribeños protagonizan siete microexposiciones de la XXXI Bienal de Pontevedra

La XXXI edición de la Bienal de Arte de Pontevedra, bajo el lema genérico de Utrópicos, acercará a Galicia la "identidad" de artistas centroamericanos y caribeños a través de siete microexposiciones que tendrán lugar en diferentes puntos de la provincia y en Santiago de Compostela desde el mes de junio y hasta septiembre.

Así lo explicó en Compostela el comisario de la Bienal, Santiago Olmo, que participó, junto con el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, y el presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, en la presentación del evento, que se presenta bajo el título genérico Utrópicos. La XXXI edición de la Bienal de Arte de Pontevedra acercará a Galicia la "identidad" de artistas centroamericanos y caribeños a través de siete microexposiciones que tendrán lugar en diferentes puntos de la provincia y en Santiago de Compostela desde el mes de junio y hasta septiembre.

Santiago Olmo indicó que el proyecto, que se inaugura el día 4 de junio, se estructura en siete microexposiciones para que el espectador "pueda tener una visión de contexto y acercamiento a la identidad" de Centroamérica y el Caribe. "Dedicar la bienal a Centroamérica es dedicarla también a Galicia", explicó Roberto Varela, al tiempo que recordó que los creadores de esta zona de América recogieron influencias de autores gallegos de la emigración y el exilio. Con ello, esta iniciativa "de referencia en el panorama nacional e internacional", ofrecerá, apuntó Varela, una "mirada completísima y muy bien articulada del panorama artístico centroamericano" y de "su relación con Galicia".

Rafael Louzán recordó que este será el primer evento que acoja el sexto edificio del Museo de Pontevedra y que, con una inversión de 600.000 euros, convertirá a la ciudad en la "capital cultural de Galicia" y servirá como herramienta para "pagar una deuda con la emigración" gallega. El sexto edificio del Museo de Pontevedra acogerá así la exposición 'Ida y vuelta', con la que la Bienal tratará de recoger la "incidencia de la relación entre Galicia y el Caribe", especialmente con la isla de Cuba, con representación de artistas como Castelao, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Wifredo Lam, Emilia Prieto o Max Jiménez. Además, 'El aguacero, la siesta, el cañaveral, el tabaco' se articulará alrededor de muestras artísticas que representan el trabajo, la vida en sociedad, la economía o la política de esta región; mientras que 'Tras-misiones' constituirá un proyecto educativo basado en las misiones pedagógicas.

La muestra 'Archiv-acción' abordará, por su parte, la presencia de las 'performances' en Centroamérica y el Caribe, con artistas como Tania Bruguera o Regina Galindo y 'Migraciones, mirando hacia el sur' abordará este fenómeno desde la óptica artística de la región. También el archivo propio del Museo de Pontevedra estará presente en 'Fricciones', una muestra en la que las obras de este depósito "dialogarán" con piezas de autores contemporáneos de Centroamérica y el Caribe.

Por otra parte, la zona portuaria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) acogerá una serie de intervenciones, mientras que el Marco de Vigo será la sede para un ciclo de cine actual centroamericano y la Diputación de Pontevedra en la ciudad olívica acogerá un programa de videoarte. Asimismo, en el Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela se proyectarán las películas 'Mamá Asunción' y 'Sempre Xonxa', de Chano Piñeiro, acompañadas de una mesa redonda en homenaje a este realizador.

La XXXI edición de la Bienal se trasladará también a la Facultad de Bellas Artes, que acogerá ciclos de conferencias y mesas redondas, desarrollará el Laboratorio de Mediación y participará en un proyecto expositivo en el Museo de Pontevedra. Finalmente, el Grupo Escoitar llevará a cabo una radio en Internet y un proyecto de audioguías relacionado con la Bienal y se pondrá a disposición de los participantes un Centro de Documentación con títulos de ficción, ensayo, investigación y revistas producidas en América Central y el Caribe.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no Centro Galego de Arte Contemporánea a XXXI edición da Bienal de Arte de Pontevedra, á que definiu como “unha iniciativa fundamental da cultura Galega que exhibe con orgullo a súa condición de referente no panorama nacional e internacional”. O conselleiro destacou que “malia o contexto de crise, a Bienal demostra estar completamente consolidada e en constante progresión”. No acto de presentación oficial tamén interviñeron o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o comisario da mostra, Santiago Olmo e contou coa asistencia do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López e o director do CGAC, Miguel von Hafe Pérez.

Na súa intervención, Roberto Varela sinalou a particularidade de que cada edición da Bienal “estea dedicada as artes plásticas de distintas rexións do orbe” o que configura un “complexo mosaico artístico”. Neste ano 2010 e baixo o título UTRÓPICOS, “que xoga coas palabras Utopía e Trópico”, a Bienal de Pontevedra rende homenaxe aos países de Centroamérica e o Caribe, feito que para o conselleiro significa “dedicar a Bienal tamén a Galicia, xa que a cultura galega non se podería entender sen o eterno legado que nos deixaron os creadores da emigración e do exilio”. Do mesmo xeito, Roberto Varela incidiu na idea de que “a arte de Latinoamérica tería sido ben diferente e menos rica sen a influencia deses galegos dos que nunca nos esquecemos”.

O conselleiro de Cultura subliñou que “celebrar esta excelente iniciativa cultural no ano Xacobeo, reforza a proposta da Bienal xa que estamos nun ano moi especial para Galicia e a cultura está a inundar as vidas de todos os galegos”. Roberto Varela considerou que “no contexto do Ano Santo, a Bienal de Pontevedra pode alcanzar o seu máximo esplendor”.

A programación da Bienal estará articulada en sete microexposicións que “constitúen unha ollada completísima e moi ben artellada do panorama artístico centroamericano e a súa relación con Galicia”, explicou o conselleiro. Segundo Varela, os contidos da mostra “mesturan á perfección aos pioneiros coas actuais vangardas, a denuncia polas inxustizas ou a guerra e a violencia co traballo de cooperación solidaria”, o que permite “ofrecer unha visión rica, complexa e plural da arte Centroamericana e do frutífero diálogo coa cultura galega”.

Na XXI edición da Bienal de Pontevedra 2010 destaca a importancia e a diversidade de Centroamérica e o Caribe e, sobre todo, a transversalidade en canto á relación de Galicia cos citados países. A Bienal será unha produción en diálogo para dar visibilidade a esta zona xeográfica e á súa interrelación coa Comunidade de Galicia.

As sete microexposicións que articulan a Bienal quedan definidas polos títulos: Traxectos de ida e volta, que se erixe nun percorrido polo contexto histórico-artístico dos países da área en relación con Galicia, a través de artistas como Castelao, Arturo Souto, Maruja Mallo ou Eugenio Granell, entre outros; Tres mulleres, tres memorias, que reúne o traballo de tres artistas centroamericanas, Emilia Prieto, de Costa Rica, Margarita Azurdia, de Guatemala, e Rosa Mena, do Salvador, cuxa obra conecta coa exposición de carácter histórico; Historias políticas, unha mostra de temas asociados ao traballo e á economía (as plantacións, o azucre, ou o bananeiro), á pegada das revolucións de Cuba e Nicaragua e ós discursos postcoloniais; Migracións-Mirando ó Sur é un proxecto expositivo producido pola Axencia Española de Cooperación sobre o tema da emigración; Ficcións, un apartado no que se suscita un diálogo entre os fondos da colección histórica do Museo de Pontevedra e os artistas e obras contemporáneas; Acción, unha exposición que suscita un percorrido pola performance que tivo un gran desenvolvemento en toda a zona centroamericana e que ofrece unha reflexión social a través do vídeo documental e fotográfico e por último, Tras-misións, unha sección na que presentarase unha selección de artistas novos a partir do traballo formativo desenvolvido por proxectos independentes de carácter educativo e impulsado por artistas locais de traxectoria internacional consolidada. O punto de partida serán as Misións Biolóxicas da II República, algúns de cuxos impulsores se exiliaron a América trala Guerra Civil española.

Estas exposicións complementaranse con intervencións artísticas que, en formato instalación, abordarán temáticas relacionadas co medio ambiente e a natureza. A Bienal de Pontevedra 2010 terá como núcleos expositivos o Museo de Pontevedra, a sede da Deputación en Vigo e a zona portuaria de Vilagarcía de Arousa desde o 4 de xuño ao 12 de setembro de 2010.

R., 2010-05-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou hoxe que o Consello acordou que 'iniciar a elaboración dos orzamentos da comunidade autónoma para o vindeiro ano'. Deste xeito, o Executivo autonómico avaliou un informe presentado pola Consellería de Facenda e Administración Pública sobre a Orde pola que se ditan instrucións para a elaboración dos presupostos de 2026, que marcan as bases do Plan financeiro do Goberno galego para o ano próximo. Calvo resaltou que mentres Galicia 'comeza a traballar nas contas de 2026, o Goberno de España segue funcionando coas de 2023'.
Foto de la tercera plana (ofrenda-antigo-reino-galicia.jpg) O Consello da Xunta aprobou o decreto que declara Ben de Interese Cultural a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, o que supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de Patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta declaración chega tras recibir os informes favorables dos catro órganos aos que se lle solicitou: o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo galego, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e a Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, no proceso de exposición pública para o seu recoñecemento non rexistrou ningunha alegación.

Notas

O investigador do ILG da USC Xulio Sousa e as profesoras da Facultade de Matemáticas e investigadoras do CITMAga María José Ginzo Villamayor e Rosa Crujeiras acaban de publicar o artigo 'Surname Distribution in Galicia: Population Structure, Dialects, and History' na revista 'Names: A Journal of Onomastics' que axuda a desvelar as conexións entre os apelidos, a variación dialectal e a organización histórica de Galicia.
A Universidade da Coruña foi sede hoxe da reunión constitutiva do grupo de traballo sobre a descentralización do grao en Medicina, proposto na sesión do 10 de xuño do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia. Neste primeiro encontro, marcado pola propia creación do grupo, aprobouse a normativa de réxime interno e o calendario de traballo que marcará as liñas de acción de cara aos vindeiros meses.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES