
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López presentou unha nova edición da colección Lagarto Pintado para conmemorar o recente Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, celebrando o Día das Letras Galegas e no contexto do Ano do Libro e da Lectura. Francisco López describiu estes dous novos exemplares, Verdades de plastilina e Manual para condutores con faros antinéboa, como pequenos libros, sinxelos e fermosos, como pequenos agasallos pintados e escritos por artistas e escritores de Galicia. Ao acto tamén asistiu o director de Gálix e coordinador da edición Lagarto Pintado, Manuel Figueiras.
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), editou 7.000 exemplares destas novas achegas coas que recupera a colección Lagarto Pintado destinada aos segmentos de literatura infantil e xuvenil. Nembargante, o director xeral lembrou que son libros para todos, porque todos somos un pouco nenos e todos gardamos no noso interior un pouco da inxenuidade que nos provoca as intensas emocións da lectura. Francisco López definiu aos libros presentados como dous pequenos volumes enchidos de arte e de vida, dúas pequenas obras feitas con talento, con imaxinación e con arte para todos aqueles que se acheguen a súa lectura, engadiu.
Segundo Francisco López, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura agarda que os 7.000 volumes publicados cheguen a todos os puntos de Galicia, ás bibliotecas das nosas cidades e dos nosos rueiros xa que serán repartidos e difundidos para que poidan verse nas librerías, nos postos das feiras do libro, nos colexios e nos anaqueis das casas.
Para Manuel Figueiras, director de Gálix e coordinador da edición de Lagarto Pintado, a actividade resulta moi interesante porque por un lado foméntase a lectura xa que os libros van destinados aos rapaces e aos pais, e por outro lado, supón un recoñecemento aos escritores galegos e a literatura galega. Manuel Figueiras destacou que os textos son orixinais e forman un conxunto de relatos e debuxos de gran calidade. Estas publicacións son unha homenaxe a cada un dos escritores e ilustradores por o seu traballo realizado o ano anterior, engadiu.
Literatura infantil e xuvenil
Esta nova edición da colección Lagarto Pintado vén a apoiar ás iniciativas da exposición de 50 anos de literatura infantil e xuvenil que está a percorrer bibliotecas de Galicia e que se inaugurou no Día da Literatura Infantil e Xuvenil. Asemade, no Ano do Libro e da Lectura, destacan iniciativas a prol da literatura infantil e xuvenil como as publicacións presentadas no Día das Letras Galegas como A banda deseñada, Novoneyra: a voz herdada, de David Rubín e Kike Benlloch; a difusión do volume A grande aventura do libro, a celebración en Compostela do congreso do IBBY, o meirande acontecemento mundial neste campo, e a Feira de Boloña.
A través da publicación destes dous libros, Verdades de plastilina, literatura infantil para rapaces de ata 10 anos e Manual para conductores con faros antiniebla, literatura xuvenil para rapaces de máis 11 anos, preténdese chegar ás bibliotecas das cidades e dos concellos de Galicia renovando unha colección de ampla acollida en edicións precedentes tratando de dinamizar e enriquecer esta colección.
As historias contadas nos exemplares chegan este ano da man de Yolanda Castaño, Jacobo Fernández Serrano, Charo Pita e Xavier Queipo, autores de Verdades de plastilina, ilustrado por David Pintor e de Francisco Castro, Eva Moreda, Carlos Negro e Carlos Vila Sexto, autores de Manual para condutores con faros antinéboa, ilustrado por Manel Cráneo.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.