Noticias

El Centro Dramático Gallego abre la temporada 2010-2011 con el espectáculo Salomé, de Wilde

Con un elenco de actores y de actrices gallegos, el Centro Dramático Gallego prepara la producción Salomé, de Óscar Wilde, con la que abrirá la temporada 2010-2011. Así lo confirmó la nueva directora del CDG Blanca Cendán que se marca como objetivos dar cabida a géneros con escasa presencia en el teatro institucional y potenciar la coproducción.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O espectáculo Salomé, a partir da obra de Oscar Wilde, abrirá a próxima temporada 2010-2011 do Centro Dramático Galego (CDG) como primeira produción propia da nova etapa que a compañía pública inicia baixo a dirección de Blanca Cendán. Incorporada ao seu posto dende hai unha semana, a directora foi presentada polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, nun acto no que tamén se adiantaron as que serán as súas principais liñas de traballo e os novos criterios que aplicará tanto dende o punto de vista artístico como de xestión.

Neste sentido, Roberto Varela subliñou a “total liberdade artística” e o “rigoroso control administrativo” que rexerán o labor do CDG neste novo período, incidindo igualmente na procura dunha máis ampla distribución e dunha maior rendibilidade social e económica das súas actividades. Pola súa banda, Blanca Cendán avogou por tender pontes entre as institucións públicas e os inversores privados que, no actual contexto de crise global, revertan no fornecemento do apoio económico ao teatro galego.

Canto á xestión interna da entidade, a directora avanzou que nestes momentos se está a configurar a composición dun novo consello de asesores que actuará como órgano consultivo e no que non só haberá representación do ámbito teatral, senón tamén doutros sectores da cultura. O obxectivo é favorecer un diálogo transversal entre os diferentes eidos artísticos que permita abrir novas vías de colaboración e se reflicta así mesmo no traballo sobre os escenarios, de xeito que –tal e como sinalou o conselleiro de Cultura na súa presentación– se produza unha renovación do papel do Centro Dramático Galego no marco do actual sistema cultural galego.

No apartado de produción, xunto coa montaxe de Salomé a cargo dun director galego e dun elenco de seis actores e actrices tamén galegos, Cendán anunciou que o repertorio do CDG abrirase ao teatro musical e ao teatro de rúa, dous xéneros con escasa presenza na historia do teatro institucional en Galicia e a través dos que se desenvolverán novas vías de captación de público. Asemade, o teatro contemporáneo ocupará un lugar destacado grazas á incorporación tanto de novos autores como de novos directores.

O Centro Dramático Galego continuará producindo espectáculos con dirección galega e tamén abrirá as portas a directores convidados, sempre de recoñecida traxectoria no ámbito estatal e internacional, que achegarán a súa experiencia aos profesionais galegos ao tempo que comprobarán de primeira man a calidade dos nosos actores, actrices e demais integrantes dos equipos técnicos e artísticos cara á apertura de futuras vías de colaboración profesional.

Sen desbotar outras dinámicas de traballo xa asentadas, a nova responsable da entidade manifestou a súa intención de potenciar o actual sistema de coproducións, incrementando as dotacións para cada proxecto seleccionado e apoiando unha maior distribución fóra de Galicia baixo o “selo CDG” como garantía dun maior nivel de calidade e excelencia artística.

Tamén fixo referencia ao plano formativo, que se articulará en torno a dous eixes principais. Dunha banda, o “traballo dende a base”, estreitando liñas de colaboración coas escolas e centros de formación en moi diferentes disciplinas escénicas: teatro, danza, circo, performance, etc. Doutra, a organización directa e específica de programas pedagóxicos. Neste apartado, farase fincapé na optimización de recursos, de xeito que se desenvolverán diferentes accións formativas asociadas ás producións da compañía pública ou en coincidencia coa visita a Galicia de destacados mestres ou profesionais da escena a nivel internacional.

Blanca Cendán é a primeira directora do Centro Dramático Galego que accede ao cargo a partir da convocatoria dun concurso publico. O pasado 9 de abril o Consello de Dirección da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) resolveu o seu nomeamento por ser a candidata máis valorada entre unha terna de aspirantes.

R., 2010-05-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES