Noticias

Galicia, presente en el I Salón de Cómic de Navarra con la exposición Miña Terra Galega

Una selección del mejor cómic producido en Galicia se exhibe en el I Salón del Cómic y de la Historieta de Pamplona 2010 que se celebra entre el 8 y el 11 de abril. La exposición Miña Terra Galega reúne en 40 ilustraciones el trabajo creativo de ocho autores gallegos que reflejan algunos tópicos y verdades comunmente asumidas como la lluvia, el paisaje, el marisco, la música o las fantasías populares.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

A Consellería e Cultura e Turismo apoiará a presenza da banda deseñada galega no I Salón do Cómic e da Historieta de Pamplona 2010, que se celebrará desde o xoves día 8 e ata o 11 de abril no Palacio do Condestable de Pamplona. Cultura e Turismo cederá para este certame a exposición Miña Terra Galega, unha escolma do mellor da banda deseñada producida en Galicia.

Miña Terra Galega recolle en 40 ilustracións o traballo creativo de oito dos autores galegos máis destacados. Diego Blanco, Manel Cráneo, José Domingo, Alberto Guitián, Emma Ríos, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez son os autores representados na mostra a través de historietas de cinco páxinas sobre os tópicos, verdades comunmente asumidas e temas relacionados con Galicia, desde os máis ou menos socorridos como a choiva, a paisaxe ou o marisco ata os menos tratados, como a música ou as fantasías populares. A mostra foi presentadas na pasada edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona (FICOMIC), ao que Galicia acudiu en calidade de comunidade convidada, e chega agora a Navarra nun paréntese da tinerancia que está a completar por un total de 23 concellos galegos.

Esta iniciativa responde á liña de promoción da banda deseñada galega que está a impulsar a Consellería de Cultura e Turismo, en estreita colaboración co sector. En total, destinaranse preto de 600.000 euros en apoio á banda deseñada galega durante 2010. Os obxectivos marcados pasan por impulsar a presenza do cómic galego nas feiras nacionais e internacionais, as axudas aos creadores, a política de adquisición de exemplares destinados ás bibliotecas, actividades de promoción co obxecto de crear hábitos de lectura de banda deseñada así como a posta en marcha dun portal de cómic galego dentro da Biblioteca Dixital da Biblioteca de Galicia

A inauguración do I Salón do Cómic de Navarra terá lugar o día 8 ás 17 horas no Civivox ou Palacio Condestable de Pamplona. Nesta edición, o Salón contará coa presenza de Francisco Ibáñez, creador de Mortadelo y Filemón, e Quino, pai artístico de Mafalda, como autores invitados.

Entre os actos que se desenvolverán nos tres próximos días destaca o concurso “O outro camiño de Santiago” organizado polo Goberno de Navarra, o Concello, e a Asociación Tiza. Un certame que premiará o talento e a orixinalidade para abordar a centenaria ruta de peregrinación desde a subxectividade ou a experiencia persoal. A celebración do concurso coincide co Ano Santo Xacobeo e enmárcase nos actos do Salón do Cómic de Pamplona.

R., 2010-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES