Noticias

Agadic convoca ayudas a las industrias culturales por un importe de más de 2 millones

La Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca las ayudas correspondientes a 2010 para un sector que recibirá 2.290.000 euros. Entre las novedades figura el criterio de clasificación de los espectáculos escénicos subvencionalbes en función del formato de las producciones. Se incorpora una línea de apoyo a la mejora de los estudios de grabación.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo destina un importe global máximo de 2.290.000 euros á súa convocatoria anual de axudas ás industrias culturais galegas, que en 2010 incorpora unha sétima liña de apoio dirixida á mellora técnica dos estudios de gravación. Entre as novidades deste ano, cómpre destacar así mesmo a nova clasificación das subvencións á actividade escénica en función do formato dos espectáculos (número de artistas en escena), no canto de por xéneros artísticos, ademais da referencia específica á produción de traballos discográficos.

A reordenación destas axudas, que incrementan lixeiramente a dotación total (15.000 euros máis que en 2009) e introducen cambios na súa redacción encamiñados a simplificar a interpretación das bases e da súa baremación, axústase a un novo marco de actuación a través do que se busca promover o incremento no número de espectadores, a consolidación de industrias culturais competitivas e a busca da excelencia nos produtos culturais de Galicia.

Xunto ás xa mencionadas subvencións á actividade escénica e aos estudios de gravación, a convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do mércores 31 de marzo complétase con outras cinco modalidades: programa Crédito-Cultura, produción e promoción de traballos discográficos, distribución, salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada e asociacionismo profesional no ámbito das industrias culturais.

A maior dotación económica (1.450.000 euros) corresponde á liña de apoio á actividade escénica (modalidade A), na que se insiren sete subcategorías referidas a empresas de nova creación, á produción de espectáculos de pequeno formato, de mediano formato e de gran formato, á produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor, á continuidade da actividade das compañías inseridas nas submodalidades precedentes e á continuidade de compañías residentes.

Neste apartado, o tamaño dos espectáculos convértese no novo criterio clasificador das producións subvencionables, que en anteriores convocatorias viña fixado polo xénero escénico (teatro, danza, maxia). Neste sentido, enténdese por montaxes de pequeno formato aquelas que contan cun máximo de tres actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena; de mediano formato, entre catro e sete; e de gran formato, máis de sete. Ademais, outros dos axustes salientables neste apartado teñen que ver coa desagregación das antigas axudas á nova creación en dúas categorías diferenciadas (dunha banda, as axudas a empresas de nova creación nas que xa non se ten en conta a idade máxima dos seus integrantes e doutra, os espectáculos de novas tendencias), así como co apoio á consolidación das compañías residentes que o ano pasado resultaron beneficiarias das primeiras subvencións específicas para grupos profesionais galegos vinculados a espazos escénicos concretos.

O programa Crédito-Cultura (mod. B) mantén a dotación de 40.000 euros do ano pasado, mentres que a dirixida a traballos discográficos (mod. C) pasa de 90.000 euros en 2009 a 110.000 en 2010, incorporando como actividades subvencionables a produción e a edición discográfica como xeito de apoiar unha industria en pleno proceso de transformación ante o novo escenario dixital.

Canto ao resto do orzamento, un total de 380.000 euros resérvase para as axudas á distribución (mod. D) a través das que se apoiará a distribución exterior de espectáculos escénicos e musicais, a asistencia a feiras e mercados dos diferentes ámbitos culturais e a contratación exterior de montaxes galegas no marco da Feira Galega das Artes Escénicas. A partida para as salas de teatro e artes escénicas privadas (mod. E) será de 160.000 euros, mentres que outros 100.000 euros corresponden ás asociacións profesionais no ámbito das industrias culturais (mod. F) e 50.000 euros, á nova modalidade G para estudios de gravación que contempla tanto a compra de equipamento técnico específico como gastos de reforma, adecuación de espazos e mellora da accesibilidade.

A documentación recibida nos prazos establecidos (ata o 30 de abril, agás nos casos especificados para as modalidades B e D) será avaliada por tres comisións: unha para as cinco primeiras modalidades de axudas á actividade escénica, outra para as de produción e promoción de traballos discográficos e para as de mellora técnica de estudios de gravación, e unha terceira para as categorías de salas privadas e asociacionismo profesional. No resto dos casos, a concesión é automática unha vez certificado que o solicitante reúne todos os requirimentos esixidos.

MODALIDADES E DOTACIÓNS DAS AXUDAS ÁS INDUSTRIAS CULTURAIS 2010
(DOG nº 61 de 31 de marzo)

A. Subvencións á actividade escénica: 1.450.000 €

A.1. Subvencións a empresas de nova creación
A.2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato
A.3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato
A.4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato
A.5. Subvencións á produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor
A.6. Subvencións á continuidade a compañía das modalidades A.1, A.2, A.3, A.4 e A.5
A.7. Subvencións á continuidade de compañías residentes

B. Programa Crédito-Cultura: 40.000 €

C. Subvencións á produción e promoción de traballo discográficos: 110.000 €

D. Subvencións á distribución: 380.000 €

D.1. Subvencións á distribución exterior
D.2. Subvencións para a asistencia a feiras e outras plataformas de distribución
D.3. Subvencións á distribución de espectáculos en feira

E. Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada: 160.000 €

F. Subvencións para o asociacionismo profesional no ámbito das industrias culturais: 100.000 euros

G. Subvencións á mellora técnica de estudios de gravación: 50.000 euros

R., 2010-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (lobo-galicia.jpg) A Xunta de Galicia e os gobernos doutras 12 comunidades e cidades autónomas —Andalucía, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia, Valencia, Ceuta e Melilla— acaban de dirixirse ao Executivo central para exixirlle que lles envíe “no prazo máis breve posible” o informe preliminar sobre a situación do lobo en España, paso previo e imprescindible para poder sometelo á aprobación por parte das comunidades antes da súa remisión á Comisión Europea.
Foto de la tercera plana (hotel-mondariz.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar un novo máximo histórico nos indicadores turísticos ao rexistrar o pasado mes de maio un total de 920.795 noites nos establecementos hoteleiros de Galicia, situándose por primeira vez na serie por riba das 900.000 noites neste mes. Así o recolle os datos feitos públicos polo INE e que reflicten un incremento do 2,3% en demanda turística e do 4,2% en viaxeiros aloxados nestes establecementos en maio ao contabilizar 567.097 visitantes. En canto ao mercados, destaca sobre todo o internacional que, rexistrando 382.000 noites, representa o 41% do total da demanda hoteleira, mentres que o 51% restante repártese no 39% procedente doutras comunidades autónomas e o 19% dos residentes en Galicia.

Notas

O investigador da USC Xulio Sousa e as profesoras da Facultade de Matemáticas e investigadoras do CITMAga María José Ginzo Villamayor e Rosa Crujeiras acaban de publicar o artigo 'Surname Distribution in Galicia: Population Structure, Dialects, and History' na revista 'Names: A Journal of Onomastics' que axuda a desvelar as conexións entre os apelidos, a variación dialectal e a organización histórica de Galicia.
A Universidade da Coruña foi sede hoxe da reunión constitutiva do grupo de traballo sobre a descentralización do grao en Medicina, proposto na sesión do 10 de xuño do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia. Neste primeiro encontro, marcado pola propia creación do grupo, aprobouse a normativa de réxime interno e o calendario de traballo que marcará as liñas de acción de cara aos vindeiros meses.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES