Noticias

A idade da inocencia, de Edith Wharton, aporta información innovadora sobre su vínculo con Compostela como peregrina

La secretaria xeral de Igualdade, Marta González, presentó el libro A idade da inocencia, de la escritora neoyorquina Edith Wharton, que representa el XII volumen de la colección de narrativa As letras das mulleres que surge de una iniciativa del SGI que, junto con Sotelo Blanco Edicións, trata de "recuperar textos de autoras" con temáticas vinculadas con las mujeres y la sociedad y traducirlos al gallego.

La prologuista de la obra, Patricia Fra, abordó la vida "transgresora" de Wharthon, la "importancia" que tuvo para ella vivir en Estados Unidos y en Europa y su vinculación con España. En este sentido, anunció que está trabajando en un proyecto apoyado por la Secretaría Xeral de Igualdade sobre la relación de la autora con el Camino de Santiago, ya que, según la investigadora, existe un "manuscrito inédito" en el que Wharton relata su experiencia como peregrina por las carreteras españolas y sus impresiones de Galicia.

Durante el acto de presentación de la obra, Marta González destacó la vinculación que Edith Wharton desarrolló con Compostela a lo largo de su vida. "Realizó en dos ocasiones el Camino de Santiago y la ciudad le interesó vivamente", resaltó. Respecto de esta "importante" e "innovadora" información aportada sobre la autora, la secretaria xeral explicó que proviene de la investigación realizada por la prologuista del libro, Patricia Fra López, que es profesora de literatura norteamericana en la Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Subrayó que Edith Wharton reivindicó en su trabajo como escritora "una mayor libertad e independencia para las mujeres" y, de esa manera, señaló que 'A idade da inocencia' es una obra que "retrata las escasas oportunidades de que disponían las mujeres en la sociedad norteamericana del siglo XIX". En ese momento, tal y como apuntó Marta González, "la belleza, equiparada al decoro y a la inocencia, pero también asimilada a la ignorancia, era el atributo más preciado, negándoles a las mujeres la capacidad de aprender y de decidir por sí mismas".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A secretaría xeral da Igualdade, Marta González, presentou a edición galega de “A idade da inocencia”, de Edith Wharton, que se enmarca dentro da colección “As letras das Mulleres”, nacida hai seis anos na procura daquelas obras máis representativas do pensamento e da creación desenvolvida por mulleres ao longo da historia da literatura e do pensamento.

Esta obra, a número doce da colección “As letras das Mulleres”, que edita o Sevizo Galego de Igualdade en colaboración con Sotelo Blanco Edicións, está prologada por Patricia Fra, profesora de Literatura Norteamericana no departamento de Filoloxía Inglesa da Universidade de Santiago de Compostela, que nos achega á vida da escritora e nos mostra o paralelismo entre ela e a súa obra, así como a súa relación con España, e con Galicia en particular, xa que Edith Wharton peregrinou a Santiago en dúas ocasións a comezos do século XX.

Na presentación da edición galega de “A idade da inocencia”, Marta González explicou que se elixiu a obra de Edith Wharton porque “debía ter un merecido espazo nesta colección” por dous motivos. Primeiro, dixo, “pola súa privilexiada relación coa nosa terra”, xa que é unha das peregrinas a Santiago de Compostela máis significadas de comezos do século XX, unha época na que Santiago retomaba protagonismo despois da recuperación dos restos do Apóstolo agachados durante moitos séculos debaixo do pavimento da catedral e cando o avance na investigación da historia da arte, moi particularmente da arte medieval, puña de novo á catedral compostelá no lugar prioritario, como obra capital dos séculos XI, XII e XIII, que lle corresponde.

Pero ademais da súa relación con Galicia, Edith Wharton “reivindicou ao longo da súa vida, e no seu traballo como escritora, unha maior liberdade e independencia para as mulleres”, e unha proba diso é “A idade da inocencia”, que “retrata as escasas oportunidades das que dispuñan as mulleres na sociedade norteamericana de finais de século XIX, cando a beleza, equiparada ao decoro e a inocencia, pero tamén asimilada á ignorancia, das mulleres, era o atributo máis prezado, negándoselle ás mulleres a capacidade de aprender, e, por suposto, de decidir por si mesmas”, explicou a secretaría xeral da Igualdade.

Marta González tamén destacou que ademais de retratar á sociedade do momento, a obra tamén presenta “certos atisbos de cambio, presentando na parella protagonista unha relación entre iguais”, así como os dous personaxes femininos, que “son dous arquetipos, representando cada unha delas un grupo de valores e de resgos psicolóxicos completamente diferentes: unha representa o modelo que a sociedade vitoriana consideraba como o axeitado para as mulleres; a outra, un novo paradigma, moderno e independente, que gañaba terreo nunha sociedade, a de finais do século XIX, en profunda transformación”, argumentou.

A secretaria xeral da Igualdade lembrou que as reivindicacións de Wharton sobre a necesidade da igualdade entre os seres humanos “están plenamente en vigor”.

Pola súa banda, a prologuista da obra, Patricia Fra, falou da vida transgresora de Wharton, da importancia que tivo para ela vivir en Estados Unidos e en Europa, e da súa vinculación con España. Ademais, anunciou que está traballando nun proxecto, apoiado pola Secretaría Xeral da Igualdade, sobre a vinculación da escritora estadounidense co Camiño de Santiago, xa que existe un texto inédito no que relata a súa experiencia como peregrina polas estradas españolas e a fonda impresión que lle produciu Galicia, particularmente Santiago e Fisterra.

As obras editadas antes nesta colección son: “Amor Vermello e escritos sociais e políticos”, de Alexandra Kollontai; “Exóticas e escritos xornalísticos”, de Sofía Casanova; “O Moinante & a segunda parte do Moinante”, de Aphra Behn; “Escritos políticos e literarios”, de Olympia de Gouges; “O Cabaleiro das botas azuis. Lieders. As Literatas”, de Rosalía de Castro; “A Educación do home e da muller. A Dama Xoven. Memorias dun solterón”, de Emilia Pardo Bazán; “Da muller da súa casa á muller do porvir”, de Concepción Arenal; “Orgullo e prexuízo”, de Jane Austen; “Un cuarto de seu”, de Virginia Woolf; “Vindicación dos dereitos da muller”, de Mary Wollstonecraft; e “A cidade das mulleres”, de Cristina de Pizán.

R., 2010-03-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES