Noticias

Médicos del Mundo y Xacobeo 2010 promueven la exposición del XIII Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña

El Hostal de los Reyes Católicos, en Santiago de Compostela, acoge la exposición del XIII Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña organizada por Médicos del Mundo y el Xacobeo 2010. El certamen se celebra desde 1998 en memoria de los cooperantes de la ONG asesinados en Ruanda y en Bosnia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos inaugurou no Hostal dos Reis Católicos a exposición do XIII Premio internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo 2010 e a ONG Médicos del Mundo. A exposición, patrocinada pola Xunta e Xacobeo 2010 está composta por 29 instantáneas que reflicten crises das que ninguén fala tamén asistiron a presidenta de Médicos del Mundo, Teresa González, director do Hostal dos Reis Católicos, Julio Castro e dous dos fotógrafos premiados.

Ignacio Santos valorou a calidade das series fotográficas e instantáneas presentadas como “unha marabillosa escolma da fotografía europea que sitúa o seu obxectivo naqueles que, por mor da súa minoría, non poden erguer a súa voz para denunciar as inxustizas sufridas”. O xerente do Xacobeo, lembrou tamén aos fotógrafos e profesionais que foron asasinados mentres participaban en proxectos de axuda humanitaria, dando a súa vida pola “construción dun mundo máis xusto” e incidiu no excelente humanismo legado por Luis Valtueña como “un compromiso coa solidariedade que representa a esencia deste certame”.

Nesta edición, o gañador foi o fotógrafo italiano Francesco Cocco pola súa serie fotográfica Afganistán sobre a situación dun país que padece guerras e conflitos desde fai máis de 30 anos. As instantáneas de Cocco transmítennos dunha forma moi persoal a crise dun país acosado pola corrupción e o terrorismo. Son fotos duras, pesimistas e escuras que mostran, en verbas do propio fotógrafo: “un país de superviventes, onde os seus habitantes son tristes prisioneiros do seu pasado e carecen de perspectivas nin esperanzas de futuro”.

O primeiro premio obtido por Francesco Cocco consiste nunha beca de traballo de 8.000 euros destinada á realización dun proxecto fotográfico nunha das áreas de traballo de Médicos del Mundo. A lista de premiados complétana outros dos fotógrafos italianos: Giulio Di Sturco, finalista coas súas instantáneas das inundacións a causa do monzón no norte da India, e Pierluigi Giorgi, que recibiu unha mención especial do xurado pola súa fotografía dun campamento de poboación xitana nos arrabaldes de Tirana.

Nesta edición número 13 presentáronse 545 fotografías de 195 autores representantes de 30 países. Durante 2010 a exposición continuará de xira por outras cidades españolas e galegas. O xurado desta décimo terceira edición estivo formado pola editora xefe de fotografía do diario El País, Marisa Flórez; o editor de fotografía de Público, Jon Barandica; o editor gráfico de La Vanguardia, Pedro Madueño; a responsable de exposicións da Casa Encendida da Obra Social de Caja Madrid, Yara Sonseca; a fotógrafa do diario El Mundo, Begoña Rivas; a fotógrafa Julia Hernández; o responsable de relacións cos medios de Médicos del Mundo, Guillermo Algar e a tesoureira de Médicos del Mundo, Ave María Aburto.

O premio convócase anualmente en lembranza de Luis Valtueña, Flors Sirera, Manuel Madrazo e Mercedes Navarro, cooperantes de Médicos del Mundo asasinados en Ruanda en 1997 e Bosnia en 1995 cando traballaban en proxectos de acción humanitaria. Luis Valtueña era fotógrafo de profesión e en España traballaba como reporteiro na Axencia Cover, motivo polo cal este Premio leva o seu nome. Nestas trece edicións, o premio converteuse nun referente da fotografía humanitaria e no seu papel de acercar unha realidade, a veces esperanzadora, a veces aterradora, pero ante a que non se pode permanecer indiferente. Nos doce anos do premio, centenares de fotógrafos procedentes de todo o mundo presentaron as súas instantáneas para transmitir esta realidade.

Palmarés do XIII Premio de fotografía humanitaria Luis Valtueña
Na presente edición do Premio de fotografía humanitaria Luis Valtueña, o primeiro premio recaeu sobre Franceso Cocco (Italia), pola súa serie “Afganistán”, o accésit foi para Giulio Di Sturco (Italia) pola serie “Las secuelas en Bihar” e entregouse tamén un tercer título como mención especial do xurado a Pierluigi Giorgi (Italia) pola instantánea “Apnea”.

As fotografías seleccionadas para a exposición foron ademais das dúas series gañadoras, Kutupalong, de Javier Arcenillas (España), Guerra Mundial Africana, de Espen Rasmussen (Noruega), Escenas de Kerala, de Paolo Marchetti (Italia), La infancia olvidada, de Bet-Sabé Rivas (España), Niños sin palabras de Luca Catalano Gonzaga (Italia), Chagas, la enfermedad silenciosa de Giancarlo Ceraudo (Italia) e as fotografías Lady Vojllca, de Giovanni Marrozzini (Italia), Mar Egeo, de Giorgos Moutafis /Anzenberger agency (Grecia), Reciclaje Extremo, de Cristina de Middel (España) e Mongolia, sobrevivir al invierno, de Richard Wainwright (Reino Unido).

R., 2010-01-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-santiago.jpg) Estase a celebrar a Asemblea Xeral anual de NECSTouR, a rede de rexións europeas centrada en promover o turismo sostible e competitivo. A xuntanza que se desenvolve baixo o lema 'Turismo e cultura: da creación ao legado -construíndo territorios resilentes e conectados' ten lugar estes días en Bourges, no Val de Loira (Francia), e no marco da mesma, a entidade vén de acordar a celebración da vindeira cita anual en Galicia coincidindo co Xacobeo 2027. En NECSTouR están representadas un total de 44 rexións europeas e 32 organizacións académicas, asociacións e redes de empresas de turismo sostible, que representan a 19 países europeos.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-rapaces.jpg) Alfonso Rueda anunciou que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario. Esta regulación para a 'educación do futuro', que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de 'sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados' no caso de probas a distancia sen supervisión docente. Neste sentido, cómpre lembrar que esta Lei incorporará outras medidas destinadas a responder os retos presentes e futuros da educación, como que a comunicación entre profesores e familias se produza só a través de Abalar, a prohibición de gravar clases sen autorización, ou a regulación do uso da intelixencia artificial ou do móbil nas aulas.

Notas

A materia ordinaria representa apenas o 5% do Universo. O resto segue sendo un misterio para a Humanidade: non sabemos de que está composta, nin como se comporta. Estímase que a maior parte é enerxía escura, e o resto (ao redor dun 27%) é a materia escura, unha substancia que ten masa, e que se delata pola súa atracción gravitatoria sobre as galaxias, pero que non emite nin absorbe luz e que nunca foi detectada directamente nun laboratorio.
Seleccionado na sétima convocatoria do programa Interreg Poctep 2021-2027, o proxecto Activa Rural Transfronteirizo reúne 17 institucións e entidades de diferentes puntos de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, co propósito de abordar o envellecemento da poboación nas zonas rurais transfronteirizas e ofrecer respostas á fenda dixital e ao desigual acceso aos servizos asistenciais nestas áreas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES