Noticias

Filmanova, Pulsar Cinema e Coraçao da Selva presentan la coproducción gallego-brasileña Onde está a felicidade?

Las productoras Filmanova, Pulsar Cinema e Coraçao da Selva presentan la película Onde está a felicidade? que se rodará entre Brasil y el Camino de Santiago bajo la fórmula de la coproducción a través del Fondo Galicia-Brasil firmado en junio de 2009 entre el Consorcio Audiovisual de Galicia y la Agência Nacional do Cinema de Brasil.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

As produtoras Filmanova, Pulsar Cinema e Coraçao da Selva presentaron o filme Onde está a felicidade‏, unha coprodución galego-brasileira que se rodará no 2010 entre Sao Paulo e o Camiño de Santiago grazas ao Fondo de Coprodución Galicia-Brasil, asinado en xuño de 2009 entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Agência Nacional do Cinema de Brasil (Ancine).

Actualmente este é o único acordo de coprodución audiovisual entre Brasil e España que conta con dotación económica, e vén demostrar a forte aposta do Consorcio Audiovisual de Galicia por acadar una maior presenza internacional do cinema galego. Outro dos factores que fixeron posible este proxecto foi a lusofonía e o feito de que Brasil é un dos países que máis peregrinos aporta ao Camiño a Compostela.

A selección dos proxectos faise de acordo a criterios cualitativos como a calidade, a orixinalidade e a estrutura do guión, ou o historial do equipo técnico e artístico; e, tamén, en base a criterios industriais como a traxectoria das empresas coprodutoras, a súa capacidade financeira ou a súa viabilidade comercial, tendo en conta, sempre, a relevancia das producións desde o punto de vista das relacións culturais entre Galicia e Brasil.

A longametraxe estará dirixida por Carlos Alberto Riccelli e escrita por Bruna Lombardi, responsables, ambos os dous, de obras como O Signo da cidade, Stress, Orgasms and Salvation e personalidades ben queridas e recoñecidas en Brasil. Contará cun elenco de actores galegos entre os que figuran: María Pujalte, Berta Ojea, Luis Zahera e Mela Casal; e, tamén, de Brasil, como a propia Bruna Lombardi e Bruno García.

Conta a historia dunha muller, Teo, que cre ter todo na vida: un marido que a quere, un bo traballo como presentadora de televisión nun programa de cociña e unha vida acomodada. Sen embargo, un bo día, queda sen traballo e descobre que o seu marido estalle a ser infiel a través de internet. Iníciase, así, unha crise de parella. Agora, sen marido e sen traballo, decide comezar unha nova vida. O seu produtor, Zeca, proponlle facer un programa documental entrevistando a persoas mentres recorren o Camiño de Santiago. Así que, Teo decide embarcarse no proxecto coa esperanza de poder atopar a felicidade de novo.

Onde está a felicidade‏ Será, para Filmanova, a segunda película das producidas, na que se aborda o mundo dos peregrinos, logo de ter estreado en 2004 Tres no Camiño, dirixida por Larry Boulting.

A rodaxe en España conta ademais cun cameo do recoñecido escritor Paulo Coelho, unha das personaxes que máis divulgación internacional lle deron ao Camiño de Santiago, grazas ao seu libro El Peregrino de Compostela no que describe a súa experiencia vital nesta viaxe.

R., 2009-12-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES