Noticias

El Museo de las Peregrinaciones, en Compostela, acoge la primera exposición de la fotógrafa suiza Sabine Weiss en España

Hasta mediados de febrero de 2010, el Museo de las Peregrinaciones de Santiago acoge la exposición de la fotógrafa suiza Sabine Weiss titulada El hombre y sus creencias. Es la primera muestra de esta artista en España y está promovida por la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta. Ofrece una selección de las mejores instantáneas de Weiss sobre el comportamiento ante la religión y la fe.

La Consellería de Cultura inaugura el martes 7 de noviembre, por primera vez en España, una exposición de la fotógrafa suiza Sabine Weiss sobre El hombre y sus creencias, que permanecerá hasta mediados de febrero de 2010 en el Museo de las Peregrinaciones de Santiago.

En la muestra, la fotógrafa humanista retrata el momento trascendental del diálogo entre la persona y a divinidad a través de 60 imágenes en blanco y negro, informó Cultura. El trabajo es una selección de las mejores imágenes hachas por Weisss sobre la religión, la fe y la expresión y comportamiento humano ante las deidades. Es el fruto de varias décadas de trabajo en localizaciones de todo el mundo, por donde la fotógrafa buscó el significado de Dios, no tanto por su forma divina como la faceta más humana. Se trata de una selección multiétnica y multiconfesinal.

Nacida en 1924, Weiss congenió con los grandes fotógrafos de su tiempo como Robert Doisneau. Con 22 años, marcha París, donde descubrió su vocación fotográfica e inmortalizó las calles y la vida cotidiana de la ciudad parisina, como sus compañeros de agencia: Cartier Breson, Brassay Fernand Ronis. En los años 50 y 60 trabajó para la revista Vogue en numerosos reportajes de moda y retratos de personalidades. Ante su cámara pasaron, entre otros, Joan Miro, March Chagal, Andre Bretón o Giacometi. Sabine Weiss, nombrada en 1987 Caballero de las artes y las letras de Francia, expuso en el Moma de Nueva York, en el Art Institute de Chicago o en el museo del Elíseo, entre otros.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura e Turismo inaugura o martes 17 de novembro por primeira vez en España unha exposición da fotógrafa suíza afincada en París, Sabine Weiss. Ata o próximo 15 de febreiro, o Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá a mostra “O home e as súas crenzas”, promovida en colaboración coa empresa cultural di CHromA, na que a considerada grande mestra da fotografía humanista amosa o momento transcendental do diálogo entre a persoa e a divindade a través de 60 imaxes en branco e negro.

Este traballo é unha escolma das mellores imaxes realizadas por Sabine Weiss sobre o tema da relixión, a fe e a expresión e o comportamento humano ante as deidades. Supón o froito de varias décadas de traballo realizado en localizacións de todo o mundo, onde Weiss busca o significado de Deus, non tanto na súa forma divina como na súa representación máis próxima e sobre todo a súa faceta máis humana. A fotógrafa Sabine Weiss xira a súa cámara cara o home que reza, o que comulga, o que medita e cara eses ambientes onde se realiza esa actitude comunicativa que va máis aló, ben sexan catedrais, Cristos ou aeroportos. A exposición é unha selección multiétnica e multiconfesional, procurando captar ese momento no que o ser humano se presenta desprovisto dos prexuízos.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago ten previsto organizar actividades didácticas dirixidas principalmente ao público escolar nas que se afondará no significado da exposición. Do mesmo xeito, organizarase un servizo gratuíto de visitas comentadas para adultos.

Nada en 1924 –Saint-Gingolph (Suíza)-, Sabine Weiss, “Fotógrafa da luz e da tenrura”, pronto conxeniou cos grandes fotógrafos do seu tempo como Robert Doisneau. Con só 22 anos marchou a París onde descubriu a súa vocación fotográfica no estudio de moda Willy Maywald e comeza inmortalizando as rúas e a vida cotiá da cidade parisina, como os seus compañeiros de axencia: Cartier Bresson, Brassaï ou Willy Ronis. Entre os anos 50 e 60 traballou para a revista Vogue en numerosas reportaxes de moda e retratos de personalidades e para a prensa americana, sempre ligada ao grupo de fotógrafos “humanistas”.

A súa obra, centrada nos últimos anos no branco e negro, ten como foco de interese a relixión, o teatro, os nenos ou os artistas. Nos seus arquivos a xente anónima mestúrase coas estrelas famosas e foi solicitada polas grandes revistas francesas e americanas. Ante a súa cámara posaron entre outros: Joan Miró, Fernand Leger, Marc Chagall, André Breton ou Giacometti. En 1987 foi nomeada Cabaleiro das Artes e das Letras de Francia.

Sabine Weiss espuxo no MoMA de Nova York, no Art Institute de Chicago, no museo de l´Elysée, Lausanne e na Mansion Européenne de la Photographie en París. Entre numerosas publicacións cabe destacar “Intimes Convicticons” 1989 e “Sabine Weiss” 2003.

R., 2009-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O festival desenvolverase no adro da sede da SGAE no parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. O primeiro en ocupar o escenario será o rimador de Muros 9Louro, talento emerxente que segue a pegada doutros coñecidos grupos muradáns, como The Rapants ou Capital Voskov. Este mesmo ano lanzou o seu primeiro traballo discográfico, Nove noves, cunha variada mestura de funk, bachata, reguetón, trap e pop. A continuación, será a quenda da viguesa de ascendencia brasileira Lua de Santana.
Foto de la tercera plana (union-europea.jpg) O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción, onde defendeu a necesidade de que os fondos europeos que permiten apoiar os sectores industriais sigan sendo xestionados polas rexións. No encontro, celebrado no marco dos traballos para avanzar no Plan de Acción para o sector do automóbil que presentou a Comisión Europea en marzo, Nicolás Vázquez remarcou que Galicia é partidaria de que se manteña a descentralización dos fondos de cohesión.

Notas

Este sábado 21 de xuño, a 32 Bienal de Arte de Pontevedra celebrará a súa xornada inaugural, na que abrirán as súas portas os diferentes espazos expositivos do evento, entre os que se atopa a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes. Mais a programación da bienal arrancou xa con actividades como o obradoiro que este xoves e venres imparte na Facultade de Belas Artes a filósofa Elodie Moreau.
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolleu esta mañá a entrega dos galardóns da VII Edición dos Premios Isabel Zendal, o concurso que ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, unha ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES