Noticias

Teatro, marionetas y publicaciones didácticas centran la campaña Bocaberta de aproximación del gallego a los jóvenes

Dos campañas impulsadas por la Editorial Galaxia, y que se integran en el programa Bocaberta de la Xunta de Galicia, incidirán hasta finales de este año en el acercamiento del gallego a los más jóvenes, mediante un espectáculo teatral, otro de marionetas y una serie de publicaciones didácticas. Once editoriales y 286 concellos participan en la iniciativa.

Dos campañas impulsadas por la Editorial Galaxia, y que se integran en el programa Bocaberta de la Xunta de Galicia, incidirán hasta finales de este año en el acercamiento del gallego a los más jóvenes, mediante un espectáculo teatral, otro de marionetas y una serie de publicaciones didácticas. En rueda de prensa, la subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, Cristina Rubal, recordó que el programa Bocaberta -en el que se integran estas campañas y en el que participan once editoriales- prevé llegar a 286 ayuntamientos y a medio millón de jóvenes, es decir, "casi todo el territorio".

Así, la primera de las iniciativas de Galaxia, la campaña Move os fíos da lingua, la compañía Matapiollos recorrerá los centros educativos gallegos con el espectáculo de marionetas 'Monicrequeando', además de regalar a los niños un mini teatro para que realicen actividades y puedan representar sus obras. Además, este programa incluye una publicación en la que se recoge la historia Rato Pincho y un manual en el que "se les enseña a los más pequeños a construir marionetas", con materiales "que pueden encontrar en sus casas".

El segundo proyecto de la Editorial Galaxia, la campaña En galego, por que non?, está destinado a jóvenes de Secundaria y Bachillerato, e incidirá en la "reflexión crítica de la situación de las lenguas en convivencia de Galicia" en ese tramo de edad "que ya forma parte de la realidad sociolingüística". La iniciativa consistirá en la representación de la obra teatral Comedia Bífida que, según explicó el coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, pretende "explicar de un modo lúdico que no debemos tener prejuicios sobre ninguna lengua", mediante la representación "de un juicio al gallego". Junto con la obra, de Manuel Núñez Singala, se entregará a los jóvenes que asistan la publicación En galego, por que non?, del mismo autor.

Castro destacó que, con estas iniciativas, uno de los objetivos es "llegar al mundo rural gallego" y a colegios y centros "en donde hay pocos niños, y "que no siempre disfrutan de los programas que desarrollan" para la comunidad escolar. Además, incidió en que, con motivo de la conmemoración del Día Europeo de las Lenguas, se deber "recordar que -el gallego- es una mas de las lenguas" y que, "en gallego, se puede hacer absolutamente todo".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia:

O programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística Bocaberta achegará o galego aos nenos e nenas de máis de cincuenta concellos a través dos monicreques e o teatro da Editorial Galaxia. A localidade pontevedresa de Agolada será o primeiro escenario das actividades que esta editorial realizará ata finais de ano dentro deste proxecto de dinamización lingüística da secretaría xeral de Política Lingüística. Así o confirmaron hoxe en rolda de prensa a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da secretaría, Cristina Rubal, e mais o coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Co programa Bocaberta, a Secretaría Xeral de Política Lingüística procura “crear un espazo para a dinamización lingüística, nunha clara vinculación cos libros”, co fin de lograr tamén “a fidelización con esas fermosas historias que están a iniciar os nosos pequenos no hábito da lectura e no gusto polas palabras”, segundo asegurou Rubal.

Un total de once editoriais desenvolven o programa Bocaberta. Amais de Galaxia, El Patito Editorial, Baía Edicións, Everest, Edicións Xerais, Ir Indo, A Nosa Terra, Rodeira, Kalandraka, OQO e Sotelo Blanco colaboran neste ambicioso proxecto desta secretaría xeral da Consellería de Educación e O.U.

O proxecto de Galaxia, dirixido a nenos e mozos, pon en marcha, por unha banda, a campaña Move os fíos da lingua, a través do programa Monicrequeando. Ademais do espectáculo que desenvolve a compañía Matapiollos, no que toman parte monicreques e actores, Monicrequeando agasalla os rapaces cun libro que contén a historia Rato Pincho e o manual Monicrequeamos, no que se lles aprende aos máis pequenos a construír monicreques. Galaxia deixará un teatriño nos centros nos que se realicen as actividades para que tamén os rapaces poidan representar a obra, o cal constitúe unha forma de seguir traballando coa lingua.

O segundo proxecto da Editorial Galaxia vai dirixido ao alumnado de secundaria (ESO e bacharelato). Trátase da campaña En galego, por que non?, na que se insire a obra teatral Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala. Cada un dos rapaces e rapazas que asistan á representación recibirá como agasallo a obra do mesmo autor En galego, por que non?

Bocaberta: unha oferta lúdica e educativa que pon en valor a oralidade
O programa Bocaberta confórmano actividades elaboradas desde os intereses dos nenos e dos mozos. Os libros son unha parte da xénese deste proxecto, que ten a oralidade como eixo fundamental. Poñer en valor a riqueza lingüística e o poder da palabra é un dos principais obxectivos deste programa, por iso varias das iniciativas de Bocaberta promoven o galego mediante a recuperación dos contos populares e as músicas tradicionais.

Teatro, contacontos, exposicións, montaxes audiovisuais, emisións radiofónicas, proxeccións de películas ou obradoiros de diversas temáticas –ilustración, música ou a creación literaria– son outras das actividades que forman parte do programa Bocaberta. Na páxina de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, pode consultarse o calendario de datas e localidades do programa Bocaberta.

NoticiaAta finais de ano está previsto que participen medio millón de nenos e mozos de entre 3 e 18 anos nas actividades do programa Bocaberta, que se van desenvolver nun total de 286 concellos, o que practicamente garante unha completa cobertura do territorio galego.

A través de iniciativas como Bocaberta, a Xunta de Galicia confirma o seu compromiso co fomento do galego entre as franxas de idade máis novas, que é onde se xoga o futuro da lingua propia de Galicia. Unha política de impulso e promoción do galego que busca a implicación conxunta das administracións, os axentes culturais e o conxunto da sociedade.

Ademais deste programa, a Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolve estes días as Festas dos Axóuxeres, destinadas a bebés e familia, que mañá sábado pechará o seu percorrido polas cidades galegas en Santiago de Compostela, con dúas sesións de balde (ás 12:00 e ás 17:30 nunha carpa onda a Igrexa de Santa Susana.

R., 2009-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O festival desenvolverase no adro da sede da SGAE no parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. O primeiro en ocupar o escenario será o rimador de Muros 9Louro, talento emerxente que segue a pegada doutros coñecidos grupos muradáns, como The Rapants ou Capital Voskov. Este mesmo ano lanzou o seu primeiro traballo discográfico, Nove noves, cunha variada mestura de funk, bachata, reguetón, trap e pop. A continuación, será a quenda da viguesa de ascendencia brasileira Lua de Santana. O dúo compostelán Boyanka Kostova pechará o festival Acento 2025 coa súa proposta retranqueira, na que o urbano e os sons máis contemporáneos conviven co tradicional.
Foto de la tercera plana (union-europea.jpg) O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción, onde defendeu a necesidade de que os fondos europeos que permiten apoiar os sectores industriais sigan sendo xestionados polas rexións. No encontro, celebrado no marco dos traballos para avanzar no Plan de Acción para o sector do automóbil que presentou a Comisión Europea en marzo, Nicolás Vázquez remarcou que Galicia é partidaria de que se manteña a descentralización dos fondos de cohesión.

Notas

Entre os anos 2016 e 2018, o experimento ANITA (Antarctic Impulsive Transient Antenna), unha rede de antenas montada en globo sobre a estratosfera da Antártida, detectou dous misteriosos sinais de emisión de radio que espertaron un grande interese na comunidade científica. Parecían proceder do interior da Terra, coma se a partícula que as producise tivese atravesado miles de quilómetros do subsolo sen interactuar con ningunha outra partícula.
O International Space Science Institute-ISSI acaba de prolongar dous anos máis o proxecto que desde o ano 2022 desenvolve un equipo internacional liderado polo físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel que estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES