Noticias

Se inauguran dos nuevos telecentros en Guitiriz y Vilagarcía de Arousa a través de una multivideoconferencia

El secretario xeral de Comunicación de la Xunta de Galicia presidió la inauguración de dos nuevos telecentros en Guitiriz (Lugo) y Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) a través de una multivideoconferencia. El Gobierno gallego fomenta la alfabetización digital de los escolares animando a los educadores a participar en la Rede de Telecentros de Comunicación que, además, supone un paso adelante en la incorporación de Galicia a la Sociedad del Conocimiento.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, destacou esta mañá que coa inauguración por multivideoconferencia das instalacións de Guitiriz e Vilagarcía de Arousa, todos os cidadáns galegos terán un telecentro de comunicación a menos de 30 minutos do seu domicilio, independentemente do lugar onde vivan. O secretario xeral subliñou que a rede de telecentros supón un paso adiante na incorporación da comunidade á sociedade do coñecemento “na que non queremos quedar atrás”.

O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, presidiu desde Guitiriz a inauguración do telecentros do municipio lugués e, por videocenferencia, do telecentro do concello de Vilagarcía de Arousa. No acto estivo acompañado polo subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, así como pola alcaldesa do municipio, Regina Polín e os alcaldes de Castro de Rei, Becerreá, Muras, Pastoriza e Begonte. Desde o concello de Vilagarcía de Arousa participaron na inauguración conxunta de ambos os telecentros, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias e a alcaldesa do municipio, Dolores García.

Durante o acto de inauguración o secretario xeral de Comunicación avanzou que terá lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Comunicación e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento de actividades de formación permanente do profesorado a través da Rede de Telecentros de Comunicación. O acordo será asinado pola conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón e o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado.

Na súa intervención, Fernando Salgado, fixo fincapé na colaboración existente entre a consellería que dirixe Sánchez Piñón e o a Secretaría Xeral de Comunicación en materia educativa. Así, referiuse a medidas postas en marcha pola Consellería como a gratuidade dos libros de texto, a extensión da figura do acompañante escolar nas liñas de autobuses ou as melloras en materia lingüística. Entre os eixos prioritarios da actuación do Goberno, destacou así mesmo, o labor de ambos os departamentos a prol da introdución das novas tecnoloxías nas aulas.

Neste sentido, o secretario xeral de Comunicación lembrou diferentes medidas e actuacións postas en marcha por ambos os departamentos autonómicos como a iniciativa Audiovisual nas Aulas grazas á cal 3.000 alumnos de 30 centros puideron iniciarse nas novas tecnoloxías e realizar a alfabetización dixital.

A Secretaría Xeral de Comunicación colabora cos concellos na dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico. Ademais, incorpora o concello á Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) para que se beneficien do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual da RTC. A inversión da Secretaría Xeral de Comunicación para a posta en marcha de cada un dos telecentros de comunicación é de 120.000 €.

Ademais de dotar aos TCs do equipamento axeitado, a Xunta de Galicia busca que adquiran un dinamismo para o que se están a desenvolver proxectos que permiten aproveitar as sinerxías que xorden da administración autonómica e da local.

Un dos obxectivos da Secretaría Xeral de Comunicación é converter o telecentro de comunicación nun punto de encontro dentro do concello conseguindo incorporalo como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía. Asociacións e colectivos de todo tipo poden utilizar este telecentro de comunicación (TC) para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais ou conferencias.

Actualmente, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dispón de 49 telecentros situados nas localidades de Abegondo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Ferrol, Melide, Muros, Oroso, Negreira, Ribeira, Santa Comba, Vedra, Vimianzo, Ares, Santiago, Padrón, A Coruña, A Fonsagrada, Becerreá, Chantada, Foz, Guitiriz, Lugo, Monforte, Monterroso, Quiroga, Sarria, Viveiro, Meira, Allariz, Carballiño, Castrocaldelas, O Barco, Ourense, Verín, Xinzo, A Cañiza, A Estrada, Catoira, Lalín, Marín, Ponteareas, Redondela, Tui, Vigo (2), Vilagarcía, Cangas. A Rede de Telecentros da Secretaría Xeral de Comunicación abrirá 6 novos telecentros o próximo ano ata acadar os 64 no ano 2010 que darán cobertura a toda a comunidade.

Un telecentro de comunicación (TC) é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver).

A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) é un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos concellos onde se sitúan.

R., 2008-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES