
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A estrea do filme Os mortos van á presa vai constituír un novo fito na historia do audiovisual galego no que SempreCinema quixo e quere seguir estando. Así o destacou o secretario xeral de Comunicación e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado, na presentación pública da película, na que estivo acompañado polo director do filme, Ángel de la Cruz, e por un dos membros do consello de administración da sociedade SempreCinema e representante de CaixaGalicia, Javier Carral. Tamén participaron na presentación os actores do filme Belén Constenla, José Manuel Olveira e Ernesto Chao.
Tal e como anunciou o director da produción, a película será estreada o 17 de xaneiro no municipio lugués de Ribadeo, onde foi rodada. Ángel de la Cruz planea unha distribución de 130 copias que serán repartidas en todo o estado.
Na súa intervención, Fernando Salgado explicou que despois da estrea mundial de Los girasoles ciegos, filme dirixido por José Luis Cuerda e elixida como candidata aos Oscar pola Academia de Cine, o filme de Ángel de la Cruz é a seguinte longametraxe participada por SempreCinema no ano 2008.
Semprecinema Producións, o mellor instrumento para o financiamento do cinema
A participación de SempreCinema na película de Cuerda quedou máis que xustificada, tal e como destacou o secretario xeral, posto que é xa a cuarta película de maior recadación e espectadores de toda a historia do cine en Galicia, con máis de 4 millóns de euros recadados e case 700.00 espectadores a día de hoxe. Tal é como indicou é, ademais, de todas as que a preceden -producións como Mar Adentro, Los lunes al sol ou A lingua das bolboretas- a que contou cunha maior implicación galega na súa produción.
Fernando Salgado salientou que Os mortos van á presa constitúe a segunda aposta significativa de SempreCinema Producións. Logo de superar unha paralización e diferentes vaivéns a sociedade participada por CaixaGalicia, XesGalicia e o Consorcio Audiovisual de Galicia decidiu que o filme supuña un desafío, polo que traballaron para rescatar e relanzar o proxecto.
Un dos méritos do filme basease, explicou Fernando Salgado, en que é unha produción galega de pés a cabeza. Así, referiuse aos seus actores, todos eles galegos -agás a coñecida Neus Asensi- á rodaxe, levada a acabo integramente no concello de Ribadeo (Lugo), ao equipo técnico e á propia historia do filme, todo elo con selo galego.
Así mesmo, incidiu o secretario xeral de Comunicación, a historia, presentada en clave de humor, está cargada de identidade propia e de toda a gama de emocións que nos definen aos galegos. Ángel conseguiu plasmar e facer propia unha historia universal ao traducila á linguaxe galega, remarcou.
Nesta liña, Fernando Salgado salientou a aposta do filme pola distribución, por ser unha das poucas películas galegas dos últimos tempos que conta cunha importante distribución en todo o estado e con expectativas internacionais. En canto ao orzamento, Salgado explicou que o filme contou cun presuposto axustado e moi calibrado tanto na súa inversión como na capacidade de recuperación.
Tal e como subliñou, é un filme que recolle esa forma de entender o cine que promove SempreCinema, unha sociedade de inversión en cine, desde Galicia e para Galicia. Un proxecto que pretende complementar os apoios xa existentes, pola vía da participación e posible recuperación de recursos, para que estes poidan ser investidos en novos proxectos.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.