Noticias

El Festival Mundos Digitales convertirá a Galicia en la capital de la creación digital de vanguardia

La séptima edición del Festival Internacional de Animación, Efectos Especiales y Videojuegos: Mundos Digitales se celebra en A Coruña entre el 1 y el 5 de julio. La Torre de Hércules inspirará a los creadores de escenarios digitales que compitan en el festival de cortometraje.

La séptima edición del Festival Internacional de Animación, Efectos Especiales y Videojuegos. Mundos Digitales, que se celebrará en A Coruña entre el 1 y el 5 de julio, convertirá a Galicia en la capital mundial de la creación digital de vanguardia gracias a la presencia de los profesionales más destacados en el ámbito de este sector. Así lo anunció el vicerrector de Cultura y Comunicación de la Universidad de A Coruña, Manuel José Fernández Iglesias, durante la presentación de evento. "Con este tipo de iniciativas situamos a Galicia, y más en concreto a la ciudad de A Coruña, como la capital mundial dentro del ámbito de la creación digital", recalcó, al tiempo que explicó que esto se debe a los productos que se darán a conocer durante el festival y también a los profesionales que participarán.

En esta ocasión, el certamen, que cuenta con el respaldo de la Secretaría Xeral de Comunicación de la Xunta de Galicia, se dividirá en tres grandes bloques que van desde las jornadas de arquitectura digital, pasando por el festival de competición de cortometrajes y terminando con la conferencia de efectos especiales, animación y videojuegos. "Acogeremos por primera vez la celebración de los llamados 'Óscar' de la arquitectura digital que siempre se han llevado a cabo en Estados Unidos", apuntó Manuel Meijide, director de Mundos Digitales. Explicó que, además, la Torre de Hércules será el tema en el que se inspirarán los creadores de escenarios digitales para competir en el festival de cortometraje, y para el que se contará con los trabajos de 35 países diferentes.

La presencia de empresas tan importantes como ILM, que llevará a cabo, junto a otros expertos, una conferencia sobre el pasado presente y futuro de la industria, servirá a los participantes del festival para saber qué les espera en el día a día del sector digital. "ILM es la responsable de películas tan destacadas como La Guerra de las Galaxias, E.T. o Piratas del Caribe. Los que acudan al evento podrán ser recibidos en privado para dar a conocer sus habilidades y sus trabajos en una sesión que hemos llamado 'recruitment'", apuntó Manuel Meijide.

Por último, y para los ciudadanos de A Coruña también tengan opción de participar dentro de las actividades de este festival, todos los interesados podrán asistir gratuitamente a la proyección espectacular que tendrá lugar en el Teatro Rosalía, y en la que se van a ver, en una solo sesión, los mejores trabajos del último año dentro del campo de la animación digital. "Creemos que debemos respaldar y promover este tipo de iniciativas en las que participan un conjunto de la sociedad que puede ser clave en el futuro", subrayó Teresa Porto, directora de la Fundación Caixa Galicia, gran impulsora financiera de este certamen.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O festival Mundos Digitales 2008 situará a Galicia como a capital mundial da creación dixital de vangarda entre o 1 e o 5 de xullo. Así o salientaron na cidade da Coruña os promotores da sétima edición do festival internacional de animación, efectos especiais e videoxogos. O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Igesias, destacou así mesmo, o valor da iniciativa por “poñer a Galicia no mundo, nun eido con moitísima repercusión”.

Na súa intervención, Fernández Iglesias salientou a importancia do proxecto por atraer “o mellor que existe a nivel internacional” en relación coa industria audiovisual. Así, referiuse aos profesionais e participantes no evento que sitúan o festival como “o punto de encontro anual no ámbito da animación e os efectos especiais”.

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, estivo acompañado na presentación do festival polo vicerrector de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña, Luis Caparrós, a directora da Fundación CaixaGalicia, Teresa Porto e o director de Mundos Digitales, Manuel Meijide, representantes todos eles das entidades organizadoras do proxecto.

Tal e como destacou o director do proxecto, centos de profesionais e estudantes de todo o mundo participarán entre o 1 e o 5 de xullo nun foro “que se ten convertido e converteu a Galicia nunha referencia do sector en todo o mundo”.

Como en edicións anteriores, en Mundos Digitales 2008 poderanse ver as últimas novidades dunha industria que medra a un ritmo exponencial, sobre todo polo gran número de disciplinas ás que afecta, desde a industria do cine ata a arquitectura, o entretemento, o deseño ou a arte, entre outros.

Pola Coruña pasarán entre o 1 e o 5 de xullo algúns dos máis importantes creadores destas disciplinas e na sede do festival, no vangardista edificio da Fundación CaixaGalicia poderanse visionar, en exclusiva, fragmentos das estreas máis importantes do ano, diseccionados polos profesionais que os crearon.

O festival arrincará cunha xornada dedicada integramente á infoarquitectura, á creación e representación de espazos virtuais tanto en imaxes estáticas como animacións en 3D.

Así mesmo, unha selección dos mellores profesionais do mundo participarán nunha apretada xornada que finalizará coa cerimonia de entrega dos Premios 3DAwards, uns galardóns coñecidos como “os Oscar da infoarquitectura”. Este evento, que se realiza tradicionalmente durante a celebración do SIGGRAPH no Kodak Thater dos Ánxeles e que este ano vai ter lugar, de xeito excepcional, en Mundos Digitales, premiará aos mellores profesionais deste sector.

Xa entre os días 2 e 5 de xullo, a sede de la Fundación Caixa Galicia acollerá catro xornadas nas que se sucederán as conferencias e talleres de efectos especiais, cine de animación ou videoxogos, impartidos por expertos chegados de todo o mundo.

Pasarán polo Festival os responsables das fascinantes creacións dixitais incluídas en películas como Planet 51 (a cinta de animación dos españois de Ilion Animation Studios, escrita por Joe Stillman, guionista de Shrek, e que conta co maior presuposto da historia do cine europeo ata hoxe, 40 millóns de euros) ou a grande aposta para este ano por parte de Sony para a súa consola PlayStation 3, Litlle Big Planet, un xogo que promete revolucionar o mercado no outono e do que se poderán ver secuencias inéditas.

Dentro deste apartado, destaca tamén a participación nun programa de conferencias de Mundos Digitales, por primeira vez, dos responsables de Industrial Light & Magic (ILM), a empresa de efectos especiais máis prestixiosa del mundo, creada en 1975 por George Lucas.

ILM presentará unha conferencia sobre o pasado, presente e futuro da industria, e nela poderanse ver fragmentos tanto dos seus primeiros traballos (a saga de La Guerra de las Galaxias ata E.T. ou The Goonies), como dos seus proxectos máis recentes (Piratas del Caribe, Harry Potter e a orde do Fenix, Iron Man, Speed Racer ou a última entrega de Indiana Jones) e de grandes producións aínda non estreadas, como Jurassic Park IV (2009), ‘Star Trek’ (2009), a serie para televisión de ‘Star Wars’ (2009) ou a segunda parte de ‘Transformers’.

Outra das novidades deste ano serán as sesións de recruitment. Así, cada día, antes de comezar as conferencias, os responsables de algunhas das empresas máis importantes recibirán en privado a candidatos que desexen dar a coñecer as súas habilidades e os seus traballos.

Por outro lado, e por primeira vez fóra de EEUU, Mundos Digitales organiza no Teatro Colón Caixa Galicia, o venres día 4 de xullo, a proxección de Electronic Theater 2007, unha peza única que reúne nunha soa obra as mellores escenas das máis de 900 obras presentadas ao Computer Animation Festival que se celebra cada ano no SIGGRAPH, o festival más importante del mundo.

Todos os interesados poderán asistir gratuitamente a unha proxección espectacular na que se poderá ver, nunha soa sesión, os mellores traballos neste campo do último ano.

Outro dos aspectos relevantes desta nova edición de Mundos Digitales é o Festival Internacional de Cortos de Animación, un certame de referencia xa en todo o mundo ao que se presentaron este ano máis de 216 traballos de 35 países, o cal duplica en número de países participantes con respecto á pasada edición, e mostra da boa saúde da que goza o festival máis alá das nosas fronteiras.

Os gañadores coñeceranse nunha gala que se celebrará o último día, o sábado día 5 de xullo, e que suporá, como cada ano, o broche de ouro a un dos eventos culturais de maior repercusión da comunidade.

R., 2008-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES