Noticias

Actores y actrices de doblaje reciclan sus voces en un curso promovido por el Consorcio Audiovisual

Las voces en gallego de Meryl Streep, Woody Allen, Tom Hanks, Gene Kelly o John Malkovich se reciclan en el taller de doblaje y lengua promovido por el Consorcio Audiovisual de Galicia. En los más de 20 años de historia de la CRTVG se ha considerado el doblaje como un elemento normalizador y normativizador esencial.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

As voces de Meryl Streep, Woody Allen, Tom Hanks, Gene Kelly, John Malkovich…, sumando un total de 11 directores de dobraxe e 7 tradutores e lingüistas reciclaranse nesta actividade.

Ao cabo de máis de vinte anos de existencia da CRTVG, a dobraxe considérase fundamental como elemento normalizador e normativizador da nosa lingua, e non só pola posibilidade de desenvolver esta actividade en galego, pola consecuente competitividade lingüística co castelán, ou pola súa achega para ver como propia unha parte do audiovisual producido en Galicia, senón polas múltiples disciplinas que é necesario manexar para a correcta execución do oficio.

A tradución (que obriga a verter ao galego realidades históricas, sociais, culturais, lingüísticas, etc. tan diversas e ricas como é quen de ofrecer a cinematografía mundial), o proceso de adaptación-axuste (que esixe un coñecemento profundo a niveis sintácticos, semánticos, fraseolóxicos…), e a propia gravación (onde o manexo da fonética, a prosodia, os recursos expresivos da voz falada, os acentos, etc. son de uso constante e inevitable) fan deste oficio un eido complexo e único que fornece de traballadores cualificados outros campos do audiovisual, dos medios de comunicación ou do teatro.

O obradoiro terá un carácter teórico-práctico. Ademais das presentacións teóricas que fagan os docentes, intentarase reproducir as condicións de traballo para experimentar coa práctica e as dificultades que se presenten para confrontar opinións e posteriormente aportar solucións ou liñas de traballo que as emenden.

Farase un estudo polo miúdo de cada unha das fases da produción da dobraxe nos aspectos vencellados á interpretación e á lingua, prestándolles atención especial á fonética, á entoación e á voz.

Esta primeira fase está dirixida aos directores de dobraxe, tradutores e lingüistas, dura 24 horas, e desenvolverase do 16 ao 31 de maio na Sala Audiovisual do Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela. Coa mesma perséguese:

1.- Xerar un grupo multidisciplinar que solvente os distintos problemas que se presentan no desenvolvemento cotiá desta actividade, e que tire proveito da experiencia única de profesionais con máis de vinte anos de oficio ás costas.
2.- Levar a cabo un contraste teórico con especialistas en cada unha das materias, e gozar da posibilidade de experimentar estas achegas.

3.- Lograr iniciativas que sirvan para mellorar a calidade específica da dobraxe, e mesmo que incidan nos aspectos socio-lingüísticos empregando a dobraxe como “campo de probas da fala” na procura dunha lingua-padrón.

A segunda fase que se convocará a próxima semana, está dirixida aos actores e actrices de dobraxe, dura 32 horas, e pretende:

Incorporar as solucións adoptadas á dobraxe mediante o estudo e asimilación polo alumnado do curso.

O curso será impartido por Elisa Fernández Rei, Doutora en Filoloxía Galega, profesora contratada doutora na Facultade de Filoloxía da USC; Marisa Lois, médico foniatra especialista na reeducación e adestramento da voz e Ramón Novo, asesor lingüístico da Televisión de Galicia.

Coa realización deste curso séguese a traballar no plan de formación para o 2008, que se articula mediante a subscrición de distintos convenios entre o Consorcio e as institucións educativas máis punteiras, así como a través da colaboración de distintas entidades que dan apoio e asesoramento para a elaboración dos programas das actividades formativas. Este plan é un referente da formación contínua dos traballadores do sector audiovisual, no que se insertan cursos para actores, técnicos, produtores, directores, etc.

Máis información: www.consorcioaudiovisualdegalicia.org

R., 2008-05-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES