
Nota de prensa remitida por el CGAI:
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) desenvolve ao longo dos meses de marzo de abril un completo ciclo dedicado á cineasta xaponesa Naomi Kawase. O CGAI e o Festival Internacional de Cine de Las Palmas e T&B Editores realiza unha ampla retrospectiva sobre esta directora coa exhibición de sete programas de documentais e catro longametraxes de ficción ao longo destes dous meses. Colabora ademais o Festival Internacional de Cine de Las Palmas, Filmoteca Canaria e IVAC-La Filmoteca de Valencia acompañando o ciclo coa publicación do libro Naomi Kawase. El cine en el umbral, coordinado polo escritor cinematográfico José Manuel López e coeditado polo CGAI.
O ciclo comeza o mércores día 12 (20.30 horas) coa proxección da súa última película El bosque del luto (2007), Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes.
Naomi Kawase forma xunto a Hirokazu Kore-eda, Nobuhiro Suwa ou Shinji Aoyama a avanzada dunha brillante xeración de cineastas, nados na década dos sesenta en Xapón, que atoparon na ausencia e na perda os elementos que poñen en crise as súas historias. Abandonada polos seus pais ao pouco de nacer, a Kawase criárona seus tíos avós e toda a súa filmografía levántase sobre este sentimento de ausencia, un longo camiño na procura da propia identidade, que converte a súa vida na materia da que se nutre un cine cheo de ocos que hai que encher, de corpos que faltan e que se buscan.
Nos seus brazos (1992) foi o seu primeiro achegamento desde o documental á figura do pai ausente en O xeado de papá, unha curta de 1988, xa abordara esta cuestión desde a ficción e foi tamén a obra que a deu a coñecer internacionalmente. En 1997, Kawase converteuse na cineasta máis nova en gañar a Cámara de Ouro do Festival de Cannes con Suzaku historia sobre a disgregación do núcleo familiar provocada por outra ausencia paterna, pero non será ata 2007 con El bosque del luto ganadora do Gran Premio do Festival de Cannes dese ano que unha das súas obras finalmente se estree comercialmente en España.
A filmografía da cineasta de Nara é moi extensa para os seus trinta e oito anos. Case trinta obras que van da curta á longametraxe, do Súper 8 aos 35 mm. pasando polo vídeo dixital, ou da intimidade dos seus documentais privados sobre a súa familia ao traballo cun equipo de rodaxe nas súas longametraxes de ficción.
O ciclo, cuxa primeira proxección terá lugar mañá na sede do centro, continúa os próximos días 13, 17, 18, 24, 25 e 31 de marzo. As proxección son de balde e desenvólvense na sede do CGAI.
O Centro Galego de Artes da Imaxe é un organismo da Xunta de Galicia dependente da Secretaría Xeral de Comunicación a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
As súas funcións no ámbito audiovisual, como institución responsable desde a administración autonómica, pasan pola recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego; a programación de proxeccións, exposicións, conferencias e publicacións co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe; a colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galicia e no exterior, así como a participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.