Noticias

Galicia celebra el Día das Letras Galegas 2007 dedicado a la escritora María Mariño

La Casa Museo Rosalía de Castro, en Padrón, acogió el acto institucional conmemorativo del Día das Letras Galegas que este año está dedicado a la memoria de María Mariño. La poeta (Noia, 1907-O Courel, 1967) publicó su primer libro Palabra do Tempo en 1963, gracias a la intervención de Uxío Novoneyra. En el centenario de su nacimiento, su obra fue calificada por el presidente de la RAG como breve pero intensa, elevándola a la categoría de metafísica. Es la tercera mujer homenajeada.

Galicia celebra el Día das Letras Galegas 2007 homenajeando a la escritora María Mariño. Natural de Noia, donde nació en 1907, María Mariño dejó pronto los estudios para dedicarse a la costura y al trabajo en las casas. Tras casarse en Boiro pasó algún tiempo en el País Vasco para luego regresar a Galicia e instalarse en O Courel. Aquí conoce al también escritor Uxío Novoneyra que la anima a publicar su primer poemario en 1963: Palabra no Tempo. Fallece víctima de la leucemia en 1967 y sus restos mortales reposan en la localidad lucense de O Courel.

En el centenario de su nacimiento la Real Academia Galega decidió homenajear a esta escritora dedicándole el Día das Letras Galegas. El presidente de la Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, ha elevado a la categoría de «metafísica» la breve pero intensa obra poética de María Mariño. Barreiro ha afirmado, en declaraciones a Efe, que la obra de María Mariño «llega al confín del ser humano». En este sentido, considera que «no es una poética evanescente», sino que incide -ha dicho-, en las grandes cuestiones que se plantea el ser humano después de la vida. «Es, quizás, la primera obra poética en este sentido, y yo me atrevería a calificarla de metafísica», aseveró el presidente de la Real Academia Galega.

Barreiro ha hecho estas declaraciones sobre la obra poética de María Mariño con motivo del homenaje que la Academia le ha tributado en el Día das Letras Galegas. Ha explicado el presidente de la RAG que María Mariño ha sido una autora sin apenas presencia en la historia de la literatura gallega, con una obra breve pero intensa. El homenaje le ha rendido la Real Academia Galega ha sido, a juicio de Barreiro, «un día de glorificación para una mujer humilde y autodidacta, que encontró en O Courel el apoyo suficiente para desarrollar su obra».

El programa de actos conmemorativos organizados por la Real Academia Galega con la colaboración del Ayuntamiento de Folgoso do Courel, se inició a las once y media de la mañana con una ofrenda floral y un recital poético en el cementerio parroquial de San Xoán de Seoane do Courel, donde está enterrada María Mariño. Una hora más tarde, la Real Academia Galega celebró la tradicional sesión plenaria extraordinaria y pública en la antigua escuela de Seoane, con la intervención de los académicos Darío Xohán Cabana, Rosario Álvarez Blanco y Xosé Luís Méndez Ferrín. Las palabras del presidente de la Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, cerró el homenaje a María Mariño.

Por su parte, la Casa Museo de Rosalía, en Padrón, acogió el 16 de mayo el acto institucional que fue presidido por el titular de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, que destacó la figura de María Mariño a la que, junto a Rosalía, definió como emblema de la victoria de la libertad.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, remarcou a “vontade inequívoca” do Goberno que preside de traballar pola “promoción, fortalecemento e recuperación da lingua galega”. Nesa liña, salientou que o Executivo autonómico “está a recuperar un papel activo e de gran implicación como axente de dinamización social da lingua”, actuando no campo das administracións públicas, do ensino, da empresa privada, da xustiza, das forzas e corpos de seguridade.

Pérez Touriño presidiu o acto institucional de celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a María Mariño Carou, na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón. Na súa intervención referiuse aos “pasos adiante moi importantes” dados polo Goberno galego en relación co idioma, como o novo decreto regulador da presenza da lingua no ensino non universitario, ao que, conforme destacou, “se chegou a través do diálogo entre todas as forzas políticas e coa comunidade educativa”.

O máximo mandatario autonómico salientou ademais que, desde este mesmo ano, entrará en funcionamento o Consorcio para a Planificación Lingüística, no que participará a Xunta, a FEGAMP, as deputacións, os concellos e outras entidades, “co obxectivo de coordinar e dar novo vigor aos esforzos de recuperación lingüística e de corresponsabilizar a todos os axentes sociais nesa tarefa normalizadora”.

Pérez Touriño explicou que a actuación do Goberno autonómico a prol do galego se guía por dous principios interrelacionados, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, e o “imprescindible consenso político e social do que é froito” ese mesmo Plan.

Máis alá do xa acadado, o presidente da Xunta asegurou que o seu Goberno é consciente de que un dos principais problemas actuais do galego é “a fractura que se está a producir na transmisión familiar”. Para afrontalo “coa delicadeza, a intelixencia e o respecto que a propia natureza do problema exixe”, anunciou que se vai actuar poñendo a disposición das futuras nais materiais “que lles sirvan de estímulo para unha máis doada transmisión da lingua galega aos seus fillos”.

NoticiaPérez Touriño celebrou a coincidencia do Día das Letras Galegas co Día Internacional de Telecomunicacións, que aproveitou para producir un MP-4 coa obra completa de María Mariño e un audiovisual sobre a autora. Nese sentido subliñou o esforzo da Xunta por intensificar a relación entre o idioma galego e as novas tecnoloxías, especialmente nos medios e soportes de uso masivo, como o móbil ou a rede, e destacou a impulso que desde o Goberno galego se lle está a dar á consecución do dominio ‘punto gal’

Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico resaltou que a Xunta está a levar a cabo “actuacións contundentes” encamiñadas a que os poderes públicos do Estado “fomenten o recoñecemento e a protección efectiva das linguas cooficiais distintas ao castelán, tal e como recoñece a Constitución”. Así, referiuse a que a secretaria xeral de Política Lingüística vén de asinar cos seus homólogos vasco e catalán un protocolo para unificar criterios e actuacións conxuntas “na dirección real de facer real o plurilingüismo” en campos como a administración periférica do Estado, a administración de xustiza, o Congreso e o Senado, os medios de comunicación de titularidade pública estatal e o uso de todas as linguas cooficiais nas institucións europeas.

O presidente da Xunta tivo tamén palabras de recoñecemento á autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, María Mariño Carou, da que tamén se conmemora o centenario do seu nacemento. Touriño celebrou o carácter feminino do 17 de maio deste ano e lembrou que esta festa naceu “amparada pola figura matriarcal de Rosalía de Castro, o que, segundo dixo, fai que todos os Días das Letras “nos lembren que a nosa literatura é unha das poucas no mundo, se non a única, que sitúa no seu cume unha muller e que ten a unha muller no centro do seu canon”.

Considerou que o 17 de maio é excelente punto de partida para que “as voces das mulleres, xa liberadas dos estereotipos interesados, se fagan ouvir cada vez con máis amplitude e pluralidade” na literatura.

O presidente da Xunta considerou como un “feito real e incontestable” que se incrementou a presenza das mulleres en todos os eidos da vida pública, e celebrouno como “unha das mellores noticias dos últimos anos”. Nese contexto asegurou que as figuras de Rosalía de Castro e María Mariño, “significan máis ca o que os seus poemas significan”, xa que, ademais de ser ambas grandes escritoras, son “emblemas dunha batalla, e pouco a pouco están a converterse en emblemas dunha vitoria”. “Dunha vitoria da liberdade, da igualdade e da xustiza”, enfatizou Touriño.

Poemas de María Mariño reseñado en www.diadasletrasgalegas.com:

De forte ollar, amiga,
de frío que non se quenta,
Amiga, que eres de todos
e por ninguén esquencida.

Soia co teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar a túa fonte.
................................................
E logo d'alí cansiños,
amigo, dinos pra onde?

Deixa, amiga, ós nosos pes,
fríos polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que tí fas fuxir
amiga, por aquil nacer...

R., 2007-05-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES