Noticias

El Club Internacional de Prensa proyecta descentralizar las actividades promoviendo actos itinerantes en varias ciudades gallegas

Se presentó la Memoria de Actividades de 2006 y el Programa de 2007 en el que destaca la celebración de un Simposium Internacional sobre Pobreza y Desigualdad en el Mundo bajo el título: Pobre Mundo Rico.

El Club Internacional de Prensa (CIP), con sede en Santiago de Compostela, proyecta descentralizar sus actividades promoviendo una serie de eventos con carácter itinerante por distintas ciudades de Galicia. Así se puso de manifiesto durante el acto de presentación de la Memoria de Actividades de 2006 y el Programa para 2007 en el que participaron el secretario xeral de Comunicación de la Xunta de Galicia, Fernando Salgado, y la directora del Club de Prensa, Carmen Carballo.

Salgado destacó la evolución del CIP en el último año, señalando que se convirtió en una ventana abierta al mundo bajo el sello de la independencia y la pluralidad. El secretario xeral de Comunicación de la Xunta destacó que el nuevo equipo consiguió reactivar la actividad de esta entidad cumpliendo con creces los objetivos marcados.

Entre los eventos "estrella" que se presentaron para el año 2007 destaca la celebración de un Simposium Internacional sobre Pobreza y Desigualdad en el Mundo bajo el título: Pobre Mundo Rico.

Nota de prensa remitido por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado García, asegurou que desde o relevo producido na Xunta hai case dous anos, o Club Internacional de Prensa (CIP) tense convertido nunha “fiestra aberta ao mundo” baixo o selo da “independencia e a pluralidade”. Así, o asegurou no acto de presentación da memoria do club do pasado ano e das novas actividades para o 2007, no que estivo acompañado pola súa directora, Camen Carballo.

O secretario xeral de Comunicación explicou que o novo equipo que dirixe o Club conseguiu convertelo “nunha fiestra aberta ao mundo”, un fiestra aberta cara ao interior, Galicia, e o exterior, o resto do mundo. Así, destacou o traballo realizado pola Secretaría Xeral de Comunicación que foi capaz de reactivar a actividade da entidade, “cumprindo con creces” os obxectivos marcados.

Na súa intervención, Fernando Salgado esbozou os cinco obxectivos básicos que rexen a actuación do club. En primeiro lugar, referiuse a que desde a Xunta se buscou que o CIP fose “un organismo vivo, nada burocratizado, no que tivesen presenza todos os eidos da sociedade e a cultura galega”.

Neste sentido, destacou que desde o 31 de decembro e 2005 o Club de Prensa acolleu 124 roldas e prensa, 24 conferencias, 12 presentacións de libros, 6 xornadas e o mesmo número de outras actividades varias. Todas elas, se levaron a cabo nas instalacións da entidades así como nos salóns de actos a da Fundación Caixa Galicia (a través dun convenio asinado coa mesma) e nalgúns casos noutros espazos.

O segundo dos obxectivos, destacou Salgado, centrouse en “responder a unha política de portas abertas”, logrando que todas as entidades, asociacións e colectivos tiveran unha infraestrutura de apoio a través da cal difundir as súas actividades e inquedanzas. Así, o Club de Prensa reforzou a prestación de servizos ás distintas asociacións, institucións, organismos e colectivos que solicitan o uso das instalacións reforzo nas convocatorias nos medios para a realización de roldas de prensa por outras actividades, así como o reforzo na distribución da información aos medios.

En canto ao contido das roldas de prensa Fernando Salgado, salientou a presenza de asociacións ecoloxistas e humanitarias en xeral que elixiron o centro para realizar as súas actividades. O CIP cedeu as súas instalacións favorecendo o reforzo da comunicación a todo tipo de entidades, asociacións e organizacións.

Converter o CIP nunha plataforma de debate, un foro de reflexión constituíu en palabras de Fernando Salgado, o terceiro dos obxectivos. Así, subliñou o carácter pluralista que acadou o club coa presenza de numerosos persoeiros distinguidos en diferentes ámbitos. Neste sentido, referiuse á presenza de persoas de recoñecido prestixio como o ambientalista mexicano Enrique Leff Zimermman, e persoeiros como Xosé Blanco, Durán i Lleida, Josep Piqué ou José Antonio Marina, entre outros.

O cuarto dos obxectivos do club e prensa era convertelo nun “diapasón”, un altofalante da actualidade o dos temas que preocupan á sociedade galega. Trátabase de ofrecerlle ao público un lugar de encontro para tratar os temas que inciden na vida cotiá. Así, Fernando Salgado referiuse ás xornadas celebradas no club e que acolleron importantes relatorios como as xornadas sobe comunicación social ou as de comunicación identitaria, entre outras.

O último dos retos que afrontou o club foi, segundo citou o secretario xeral de Comunicación, acadar unha “ponte de encontro co mundo” nun momento onde imperan as comunicacións e a globalización. Así, destacou a aposta da entidade neste sentido, a través da realización de ciclos e congresos nos que participaron entre outros, Josep Ramoneda, Shlomo Ben Ami e Eduardo Galeano.

En resumo, o secretario xeral de Comunicación afirmou que desde a Xunta se lograron estes cinco compromisos conseguindo darlle á entidade “unha proxección mundial”, así como un carácter plural e independente.

Dentro dos obxectivos do CIP para este ano atópase tal e como esgrimiu a súa directora, Carmen Carballo, a descentralización das actividades no que ao aspecto xeográfico se refire. Así, traballase para facer itinerantes partes das propostas polas sete cidades principais e Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra e Ferrol, ademais de Santiago.

Dentro da programación do presente ano, o Club está desenvolvendo unha serie de relatorios temáticos agrupados en tres ciclos: Os latexos do mundo, América, cada vez máis latina e Os Encontros do Club, un espazo no que se abranguen todas as temáticas.

A gran actividade que o club presenta como a “estrela deste ano” é o Simposium Internacional sobre pobreza e desigualdade no mundo que leva por título Pobre Mundo Rico. Esta simposium celebrarase durante os meses de outubro e novembro próximos e nel participarán relevantes figuras internacionais de recoñecido prestixio polo seu compromiso e loita contra a pobreza , a desigualdade e o dereito a unha vida digna de todos os seres humanos, pobos e países.

A outra das xornadas que programou o club, terá lugar os dás 29, 30 e 31 de maio en Pontevedra, na Facultade de CC. Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. A Publicidade: Marca Galicia dalle nome a esta xornada que engloba diversas mesas-debate e conferencias.

Nesta xornada sobre publicidade está previsto que participen, ademais de empresas publicitarias e anunciantes galegos, o comunicólogo e sociólogo catalán Joan Costa, quen ademais de impartir unha conferencia, impartirá un obradoiro de interese para os profesionais do sector, directores de comunicación de empresas e institucións, así como para o colectivo universitario.

R., 2007-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaje.jpg) O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
Foto de la tercera plana (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela. O comportamento do mes pasado estivo marcado no conxunto da Comunidade polas altas temperaturas, moi por riba do habitual nesta época do ano, e por varios episodios de calor que se sucederon ao longo das catro semanas. A explicación estivo fundamentalmente no predominio das xornadas anticiclónicas.

Notas

A Coruña converterase do 21 ao 23 de outubro nun punto de encontro de referencia para o debate sobre a transformación dixital da Xustiza coa celebración da quinta edición do DATAfórum Justicia 2026. O encontro reunirá máis de 180 especialistas e máis dun milleiro de asistentes para analizar o impacto das novas tecnoloxías, dos datos e da intelixencia artificial no presente e no futuro do sistema xudicial.
Na vangarda do desenvolvemento tecnolóxico, o avances no sector aeronáutico e aeroespacial teñen impacto en moi diferentes sectores, desde o uso de drons para optimizar a agricultura ata a monitorización de incendios. Co obxectivo de afondar en como a innovación aeroespacial está a redefinir a xestión ambiental e agraria e a resposta aos grandes retos ecolóxicos actuais, o campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración do VI Congreso Internacional do Campus Auga.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES