Noticias

La Consellería de Economía, primer organismo público gallego que incorpora el DNI electrónico

Se puede utilizar en la oficina virtual a través de la página web que garantiza una total confianza entre los usuarios y la administración.

La Consellería de Economía e Facenda de la Xunta de Galicia es el primer organismo público gallego en incorporar el uso del DNI electrónico en sus oficinas virtuales.

Los ciudadanos que utilicen la oficina virtual de esta Consellería se pueden beneficiar de este sistema de acreditación de forma segura. El proceso facilita la realización de trámites administrativos como la presentación del pago telemático de tributos que ha experimentado un notable crecimiento frente al tradicional trámite en papel. Además, el uso de las oficinas virtuales de la Consellería de Economía registró un notable incremento de visitas y trasacciones efectuadas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía e Facenda de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Economía e Facenda é o primeiro organismo público galego que incorpora o emprego do novo DNI electrónico a todos aqueles trámites que os cidadáns poden facer a través da súa páxina web. O certificado dixital contido no documento permite a acreditación electrónica da identidade do titular, asegurando, deste xeito, unha relación de total confianza entre os usuarios e a propia Consellería.

En cumprimento do seu obxectivo de impulsar a Administración electrónica, a Consellería de Economía e Facenda iniciou un plan de modernización e mellora de servizos orientado a incrementar o seu achegamento aos cidadáns, facilitando os procesos de acceso á información e aos trámites de carácter administrativo. Nesta liña de maior eficacia, transparencia e axilidade, as distintas xestións que se poden levar a cabo a través das Oficina Virtuais da consellería permiten evitar desprazamentos, dispoñer de liberdade total de horarios e contar cunha tramitación segura e aberta.

O emprego do DNI electrónico, ao igual que o resto dos certificados dixitais utilizados ata agora, permitirá aos cidadáns, profesionais e empregados públicos levar a cabo todo tipo de trámites administrativos, tales como, a presentación e pagos telemáticos dos tributos, a consulta dos diferentes pagos realizados pola Xunta a particulares ou colectivos profesionais, consulta de expedientes ou o pago de haberes no caso dos empregados públicos.

A Consellería de Economía e Facenda experimentou un notable crecemento na utilización dos seus servizos a través da súa páxina web, acadando no mes de xaneiro a cifra récord de máis de 830.000 visitas nunha clara tendencia ascendente. Neste sentido, estase a producir tamén, un notable incremento das presentacións telemáticas nas diferentes Oficinas Virtuais da Consellería con respecto ás de tipo presencial, sobre todo na Oficina Virtual Tributaria, que dende o ano 2006 ata a actualidade viu aumentado o seu uso nun 240%, sendo executadas un total de 294.933 transaccións.

A porcentaxe na presentación dos impostos de xeito telemático experimentou un incremento considerable dende o 2006 fronte ás presentacións en papel. Grazas ao programa de axuda para o imposto de Sucesións e Doazóns (ALIS), pasáronse de 40 presentacións telemáticas no mes de xuño de 2005 a 2.298 en xaneiro de 2007. Destaca tamén que nas liquidacións por transmisións de vehículos xa se rexistran máis presentacións telemáticas que presenciais ao ter pasado do 38% ao 59%. Igualmente, no imposto de Transmisións e Actos Xurídicos Documentados, a porcentaxe de presentacións telemáticas viuse incrementada en dez puntos, ata o 19% do total.

Outra área que tamén incrementou o seu uso ao longo do ano 2006, foi a plataforma de pago telemático, que pasou de ter unha media mensual de 7.181 pagos a 12.340, un 72% máis. Así mesmo, engadíronse novas entidades financeiras colaboradoras nesta plataforma, polo que na actualidade hai un total de oito á disposición dos cidadáns: Caixa Galicia, Banco Popular, Banco de Galicia, Banco Santander Central Hispano, Banco Bilbao Vizcaya, Banco Pastor, Caixanova e La Caixa.

O cidadáns e os diferentes colectivos profesionais tales como xestores, economistas, avogados ou notarios accedían previa identificación electrónica con certificados dixitais expedidos por diferentes Autoridades Certificadoras como a Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre ( FMNT). O novo DNI electrónico permitirá aos cidadáns dispoñer dun certificado integrado no documento de indentidade para poder levar a cabo todo tipo de trámites administrativos a través da rede. Esta iniciativa supón un paso máis nos obxectivos da Consellería de Economía de impulsar a Administración electrónica e incrementar o achegamento da propia Administración aos cidadáns.

R., 2007-02-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-ouyeah-2026.jpg) A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuíto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Foto de la tercera plana (emprego_4.jpg) Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.

Notas

Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e tamén como se repara o cerebro.
Protección fronte as estafas; patrimonio artístico; impostos; ou intelixencia emocional e saúde física son algúns dos contidos aos que, entre os meses de abril e xuño, poderá achegarse a poboación maior de 50 anos dos 11 concellos galegos aos que chegarán este curso as Mareas de Coñecemento. Este proxecto itinerante de formación universitaria naceu ao abeiro do Programa de Maiores (PUM) da UVigo no ano 2018.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES