Noticias

El 63% de los gallegos tendrán garantizada la atención de equipos de asistencia en menos de 20 minutos, según la nueva Ley de Emergencias de Galicia

Presentado el anteproyecto de la nueva normativa que supondrá una inversión de 50 millones de euros y la creación de la Agencia Gallega de Emergencias que implica la desaparición de la Dirección General de Protección Civil.

El conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, ha asegurado que la puesta en marcha de la Ley de Emergencias, que entrará en vigor en la próxima primavera, supondrá un desembolso «mínimo» de cincuenta millones de euros para la Xunta. Así lo ha afirmado Méndez Romeu tras la reunión del Consello Galego de Protección Civil, organismo integrado por responsables de distintas administraciones y entidades gallegas y que informó «favorablemente» el anteproyecto presentado por el conselleiro. Esta cantidad podría ser superior en función del número de parques comarcales de bomberos que las administraciones implicadas decidan crear, dijo.

Entre los objetivos de la Ley de Emergencias de Galicia, Méndez Romeu ha destacado que cuando finalice el año 2007 el 63% de los gallegos reciban asistencia en menos de 20 minutos de servicios profesionalizados, y que el 72% lo haga en menos de 30 minutos. A pesar de que el conselleiro reconoció que es preciso mejorar ese objetivo, recordó que supondrá un incremento de cinco puntos sobre la situación actual. El Gobierno gallego adoptará un modelo provincial para la gestión de emergencias, que es el «más extendido en España», según Méndez Romeu, quien recordó que tan sólo 8 comunidades disponen de una ley similar en el Estado.

Asimismo, la Ley de Emergencias de Galicia incluye la creación de una estructura propia de coordinación, la Agencia Gallega de Emergencias, por lo que desaparecerá la dirección general de Protección Civil, que planificará, coordinará, seleccionará, formará y encuadrará a los jefes de puesto de mando avanzado y donde se necesite un mando coordinado. Otro de los objetivos de la norma es que la Xunta se responsabilice de la formación, o bien la homologue, para todos los sectores que intervienen en las respuestas a las emergencias.

Según el responsable de Presidencia, tan sólo falta el visto bueno del Comité Galego de Cooperación Local, que se reúne el viernes día 22 de diciembre, para que el texto sea aprobado por el Consello de la Xunta y posteriormente sea enviado al Parlamento.

Comunicado de prensa remitido por la Consellería de Presidencia de la Xunta de Galicia:

En 2007 as dúas terceiras partes dos cidadáns de Galicia terán un servizo de resposta profesional de emerxencias en menos de 20 minutos e tres cuartas partes en menos de 30 minutos. Así o afirmou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, tras a reunión extraordinaria da Comisión Galega de Protección Civil que serviu para presentar o anteproxecto de Lei de Emerxencias.

A Comisión Galega de Protección Civil respaldou “favorablemente” o anteproxecto de Lei de Emerxencias, segundo relatou o conselleiro de Presidencia ao termo da reunión. Segundo anunciou Méndez Romeu se espera que a norma entre en vigor o próximo mes de maio e que inmediatamente se poida proceder a desenvolver os distintos aspectos que precisan rango de decreto, agás a transformación do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia (CEXESGA) na Estrada que debe ter rango de lei e que está xa no Parlamento de Galicia.

O conselleiro subliñou que no momento actual a situación desde o punto de vista das emerxencias en Galicia precisa, dunha banda, ordenación xurídica e, doutra, potenciación dos medios de resposta. Deste xeito, indicou o titular de Presidencia, o obxectivo do seu departamento é que cos parques comarcais de bombeiros que hai en funcionamento actualmente en Galicia e xunto con aqueles que están en construción ou está previsto edificar, a finais de 2007 dúas terceiras partes da poboación galega conten cun servizo de resposta profesional ás emerxencias en menos de 20 minutos e tres cuartas partes teñan unha resposta profesional en menos de 30 minutos. Aínda que para Méndez Romeu son cifras “que deben ser melloradas sistematicamente”.

Neste sentido, segundo o conselleiro, o obxectivo da lei é crear unha estrutura xurídica a partir da que se poida facer un desenvolvemento “máis ambicioso”. Méndez Romeu explicou que no momento actual en Galicia existen 15 parques comarcais (9 na provincia da Coruña, 4 en Pontevedra e 2 na de Ourense) cun custo anual de 10,5 millóns de euros que a Xunta financia na súa metade sen embargo “hai que conseguir unha maior cobertura”. A solución, para o conselleiro, é crear algúns novos servizos comarcais e comarcalizar os servizos das grandes cidades como xa se ten feito en Santiago, se está a discutir actualmente en Ferrol e se agarda a sinatura para comarcalizar o parque de bombeiros da Coruña. Deste xeito, poderíase acadar un nivel de poboación cuberta en menos de 20 minutos superior ao actual.

Por iso, en canto á distribución de competencias, a lei opta por un modelo provincial e recoñecendo o carácter de competencia local dos servizos de salvamento, tal e como está na lexislación actual que é o modelo máis común en España “estruturas provinciais cofinanciadas polos poderes locais e pola Xunta de Galicia” dixo o conselleiro.

Outro dos puntos que vai permitir a aprobación do anteproxecto de Lei de Emerxencias é que vai habilitar ao Goberno para regular por decreto distintos aspectos. Entre eles a formación directa e a homologación de todos os profesionais dos equipos de emerxencia para garantir a maior cualificación nos distintos niveis de traballo; o regulamento da carreira profesional de bombeiro que debe ofrecer máis oportunidades de desenvolvemento persoal, mellorar a capacidade de resposta diante de determinadas situacións e crear figuras novas de dirección operativa necesarias na xestión de crises complexas onde interveñen distintos operativos para poder coordinalos.

A lei crea unha estrutura de coordinación profesional de Galicia, a Axencia Galega de Emerxencias que integrará o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia “un servizo que debe ser potenciado” -aseverou o conselleiro- e no que paulatinamente “para mellorar a súa coordinación” deberán integrarse os servizos de resposta inmediata que existen noutras áreas da vida galega: sanitaria, policial, bombeiros, pesca, etc. Ademais se ocupará de regulamentar a formación, coordinar as emerxencias que superan o ámbito especificamente sectorial e dispor esa xestión directa nos casos de crises complexas xogando un papel importante tanto no momento da emerxencia como nos procesos de restauración e rehabilitación de danos sufridos.

En canto ao orzamento, para por en marcha a lei, dependendo do número finais de parques de bombeiros executen, se precisarán segundo o titular de precisarían un mínimo de 50 millóns de euros. A partir de aí, haberá que sumar os investimentos necesarios para a ampliación da rede de parques comarcais e vehículos que son cofinanciados xeralmente polas deputacións provinciais e en menor grao polos concellos afectados.

R., 2006-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES