Noticias

Aprobado el primer Plan de Seguridad Vial de Galicia que pretende reducir en un 40% las víctimas mortales en accidentes de tráfico

Este plan, vigente hasta el 2010, tiene carácter integral y prevé eliminar 86 puntos negros con una inversión de 60 millones de euros.

El Consello de la Xunta de Galicia da luz verde al primer Plan de Seguridad Vial de Galicia que pretende reducir en un 40% las víctimas mortales en accidentes de tráfico. Vigente hasta el 2010, este plan tiene carácter integral al incluir acciones a través de distintas consellerías del Gobierno gallego, y prevé eliminar 86 puntos negros con una inversión de 60 millones de euros.

Presentado por el presidente de la Xunta, el plan actuará también en los tramos de especial mortandad para los motoristas e implicará una reforma de la ley de carreteras. El Ejecutivo gallego actuará en un total de 530 kilómetros de vías secundarias, en 50 kilómetros de variantes y prevé triplicar la extensión de las vías de alta capacidad.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Consello da Xunta aprobou o Plan de Seguridade Viaria 2006-2010, que aborda desde unha perspectiva integral as medidas do Goberno galego para atallar o número e alcance dos accidentes de tráfico na Comunidade Autónoma. Así o anunciou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen salientou que se trata da primeira vez que o Executivo autonómico aproba un plan destas características. Un plan, sinalou, que pretende acadar o obxectivo de reducir nun 40% a mortalidade nas estradas nos vindeiros catro anos, consonte as directrices europeas.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o máximo mandatario galego salientou que o plan hoxe aprobado ten un carácter integral, ao implicar a case todas as áreas do Goberno galego. O presidente indicou que o Goberno galego mobilizará arredor de 2.800 millóns de euros para acometer actuacións que directa e indirectamente contribuirán a acadar o obxectivo de reducir nun 40% a mortalidade nas estradas.

“Estamos a falar dun dos temas aos que desde o primeiro minuto da acción do Goberno lle atribuín especial importancia e relevancia. Para a Xunta de Galicia é un obxectivo central e prioritario lograr reducir as altas cifras de sinistralidade, de mortalidade das nosas estradas”, remarcou.

Para dar conta da importancia do plan aprobado, o presidente da Xunta lembrou que desde 1981 e ata o día da aprobación do plan faleceron nas estradas galegas 12.365 persoas, das que 2.602 o fixeron entre 2000 e 2005. “Son cifras que poñen de relevo que teña que ser, e é, un obxectivo prioritario para o Goberno que presido plantexarnos todo un paquete de actuacións que compromete plenamente a todo o Goberno para traballar activamente coa sociedade civil nese obxectivo básico de conseguir reducir drasticamente esta cifra”, manifestou.

Pérez Touriño admitiu que reducir a sinistralidade viaria “non é un obxectivo fácil” debido á multiplicidade de causas que están detrás da sinistralidade e a mortalidade das estradas, “polo que hai que traballar en multiplicidade de frontes”. Por iso, agregou, é un plan no que se leva traballando todo o ano e do cal forman parte medidas xa adoptadas dende o pasado mes de agosto, cando se empezaron a tomar medidas neste ámbito, coordinadamente co Ministerio do Interior, “que xa están dando resultados”. Así, salientou que entre agosto e decembro deste ano se reduciu o número de accidentes mortais de 94 a 75, mentres que o número de falecidos se reduciu de 95 a 83, en comparación co mesmo período do ano pasado.

De entre as medidas concretas do Plan de Seguridade Viaria, o presidente fixo fincapé en tres aspectos. En primeiro lugar, o plan destinará case 69 millóns de euros para a eliminación dos 86 tramos de concentración de accidentes nos vindeiros catro anos. “Isto quere dicir que actuaremos tamén nos tramos de especial mortalidade dos motoristas” o que implicará modificar a lei de estradas para “eliminar” os riscos derivados das barreiras de protección.

En segundo lugar, o presidente incidiu en que se actuarán en 530 quilómetros de estradas con baixo nivel de tráfico, para o que se destinará un presuposto de 300 millóns de euros. Touriño lembrou que o 53% dos accidentes mortais se producen neste tipo de estradas secundarias. Asemade, destacou que tamén se acometerá a construción de 50 quilómetros de variantes de poboación e se triplicará o número de quilómetros de vías de alta capacidade, ao tempo que se apostará pola conservación da rede de estradas actuais.

Finalmente, incidiu en que se potenciarán os programas de educación de condutores e de fomento de condutas responsables, ademais de promover o transporte público e a extensión do P
rograma Noitebús a todos os concellos que o soliciten e dos programas de condutor alternativo e o Plan Valora.

R., 2006-12-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES