Noticias

Presentado el II Plan de Voluntariado de Galicia 2006-2010 como la hoja de ruta que marcará las acciones políticas en esta materia

Provocar la participación activa de la sociedad gallega es el principal objetivo de este Plan que también pretende culminar en la elaboración de una Ley de Voluntariado de Galicia y una Ley de situaciones de emergencia.

El vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, ha presentado el II Plan de Voluntariado 2006-2010 como la «hoja ruta» que marcará las líneas a seguir en materia de políticas con voluntarios. Quintana, que estuvo acompañado por el director general de Juventud, Ruben Cela, destacó que este nuevo plan subraya algunos aspectos recogidos en el primero como la promoción, formación y apoyo a la coordinación y a la calidad del voluntariado.

El Plan, explicó, pretende impulsar la participación activa de la sociedad gallega, fortalecer a las entidades que trabajan en este campo además de implicar a todos los estamentos de la administración autonómica así como elaborar una Ley de Voluntariado de Galicia y Ley de situaciones de emergencia.

Por su parte Cela señalo que el plan contempla cuatro ámbitos de organización de los voluntarios en entidades de iniciativa social, administraciones públicas, entorno educativo y mundo empresarial. En este último ámbito el Plan contempla la difusión de la Responsabilidad Social Corporativa de las empresas como una estrategia para intentar conciliar los intereses de beneficios empresariales con la responsabilidad con su entorno.

Por áreas de actuación el Plan prevé articular acciones en materia de bienestar, voluntariado ambiental, cívico y cooperación para el desarrollo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana presentou o II Plan Galego de Voluntariado 2006-2010, folla de ruta que marcará as liñas a seguir en materia de políticas para e cos voluntarios. Segundo resaltou Quintana, que estivo acompañado polo director de Xuventude, Rubén Cela, este plan é o froito dun “amplo proceso participativo”, xa que, na súa elaboración, tivéronse en conta, por primeira vez, as achegas dos axentes públicos e das entidades de iniciativa social.

Este plan, dixo Quintana “ten que ser o principal instrumento de planificación para o voluntariado do país” e responde ás necesidades de adecuar os instrumentos xurídicos e administrativos á realidade actual do voluntariado, que mudou moito nos últimos anos, xa que tanto o número de entidades de acción voluntaria como o dos propios voluntarios, incrementáronse de xeito moi importante.

Ademais, sinalou o plan anterior demostrouse como un instrumento insuficiente ante un acontecemento como a catástrofe do Prestige. Nese momento, as actuacións desenvolvidas non respondían, segundo o vicepresidente, a unha visión estratéxica, nin había unha planificación que articulara, de xeito coherente, a resposta solidaria da sociedade. Este episodio, puxo pois, de manifesto, segundo dixo, a forza e a enerxía da marea solidaria e a necesidade de articular a acción voluntaria para optimizar todo o seu potencial.

O Plan Galego de Voluntariado 2006-2010 incide, segundo destacou o vicepresidente da Xunta, en elementos importantes que xa recollía o anterior documento como son a énfase na promoción, na formación, no apoio, na coordinación e na calidade da acción voluntaria, pero incorpora tamén importantes novidades, como son as áreas sobre as que se quere articular a acción voluntaria. Neste senso, dixo, preténdese diferenciar entre o voluntariado nas área do benestar, o voluntariado ambiental, o cívico e a cooperación para o desenvolvemento.

O II Plan Galego do Voluntariado pretende, segundo explicou o vicepresidente da xunta, conquerir un achegamento e participación activa da sociedade galega na súa realidade, buscando un incremento non tanto na cantidade, senón na calidade do voluntariado. Tamén persegue fortalecer ás entidades de acción voluntaria, promover a participación voluntaria dos colectivos con maiores dificultades sociais ou menos representados no ámbito do voluntariado, e mellorar, sistematizar e cualificar a formación do voluntariado. Outros dos obxectivos que se persegue con este Plan é implicar a toda a administración autonómica (Presidencia, Benestar, Medio Ambiente, Industria...) no proxecto de desenvolvemento dunha cidadanía activa así como elaborar a Lei de Voluntariado de Galiza e a Lei de situacións de emerxencia, co fin de ter novos elementos normativos acordes co actual contexto. Coa aplicación deste plan preténdese facer chegar á sociedade unha imaxe máis realista do voluntariado galego poñendo de relevo a importancia do traballo dos voluntarios na sensibilización cívica.

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, explicou que o plan contempla catro ámbitos principais de organización dos voluntarios, as entidades de iniciativa social, as administracións públicas, o entorno educativo e o mundo empresarial.

No que respecta ás entidades de iniciativa social, a prioridade é facilitar e consolidar nas entidades de iniciativa social, unha xestión transparente, eficaz e eficiente, baseada nunha modernización organizativa e funcional. Quérese ademais fomentar a participación da cidadanía a través do voluntariado en entidades de iniciativa social. Para iso, proporcionaranse os medios para campañas de divulgación das propias entidades, promocionaranse as accións de voluntariado nas radios e nas televisións e se creará un portal web de referencia en temas de voluntariado en Galiza. Outro obxectivo, neste ámbito, é facilitar servizos de consultaría, formación e apoio para que as entidades melloren a súa xestión e poidan fortalecer a súa estrutura organizativa.

No tocante ao papel da administración pública os grandes retos son promover a elaboración da nova Lei de Voluntariado de Galiza, garantir unha axeitada difusión do Plan estratéxico de acción voluntaria 2006-2010 e crear centros de información de voluntariado, asociacionismo e participación.

No ámbito educativo, a través do Plan Galego de Voluntariado, preténdese incentivar e facilitar a colaboración dos centros educativos, do seu profesorado e dos seus alumnos, nas actuacións de voluntariado.Neste senso, crearase a Escola Galega de Voluntariado.

Finalmente, as empresas están realizando un importante esforzo por servir aos intereses da comunidade na que se asentan e están levando a cabo estratexias de Voluntariado Social Corporativo que é necesario planificar axeitadamente. De aí que o Plan Galego de Voluntariado contemple a difusión da Responsabilidade Social Corporativa como unha estratexia para conciliar os intereses de lucro das empresas coa responsabilidade co seu contorno. Tamén se quere difundir o papel do Voluntariado Social Corporativo como instrumento para vincular ás persoas das organizacións empresariais co tecido solidario do seu entorno.

En canto aos campos de actuación sobre os que se quere articular a acción voluntaria, o futuro Plan contempla especialmente catro grandes áreas: a do benestar, o voluntariado ambiental, o voluntariado cívico e a cooperación para o desenvolvemento.

No campo do Benestar, quérese fomentar especialmente o voluntariado que traballa no eido da inclusión social, propiciando a integración daqueles colectivos en situacións especiais e difíciles. Tamén se busca impulsar a acción solidaria encamiñada ao mantemento da autonomía persoal das persoas con discapacidade ou dependencia en todos os ámbitos da súa vida.

Neste plan recóllese tamén a importancia da acción voluntaria dirixida á infancia, un dos ámbitos tradicionais nos que se vén desenvolvendo a través das iniciativas de educación non formal (educación no tempo libre, educación en valores), pero no que tamén se incorporan cada vez máis proxectos relacionados coa inclusión social e a intervención social destinados a colectivos de infancia que presentan unhas necesidades específicas. O voluntariado dirixido á infancia tamén se quere potenciar en todas as súas vertentes, en canto supón a primeira experiencia dos nenos e mozos con experiencias solidarias e unha fonte como tal de futuros voluntarios.

Outra vertente a consolidar da acción voluntaria é a do voluntariado ambiental, con moito que aportar na mellora da xestión do medio ambiente, xa que contribúe a detectar problemas emerxentes, ao tempo que serve para sensibilizar á sociedade e trata de comprometela na súa solución. Neste plan considérase que a realización de tarefas directas de mellora ambiental e conservación dos recursos naturais, concretándose en proxectos ben estruturados e soportados por entidades sociais, poden producir un positivo impacto social e ambiental.

O II Plan Galego de Voluntariado, é un instrumento participativo, xa que as súas bases sentáronse no Congreso Galego de Voluntariado, celebrado o pasado mes de maio, no que participaron máis de 500 persoas. Trátase ademais dun Plan modificable xa que trimestralmente se fará unha revisión interna dos obxectivos que se recollen no Plan, que se irán modificando e adaptando en función das necesidades. Ademais, darase conta no Consello, unha vez ao ano, das medidas executadas e analizaranse os motivos das non se levaron a cabo.Outra das características que definen ao plan é a súa transversalidade, porque se trata dun plan vivo, que atinxe ás áreas de inclusión social, autonomía persoal, infancia, cooperación, ambiental e cívico e aos ámbitos das entidades, a administración pública, a educación e a empresa.Finalmente, é un plan útil, xa que lle serve á propia dirección xeral para ter claras as actuacións inmediatas a levar a cabo e as liñas estratéxicas de actuación. Ademais é útil para os voluntarios e as entidades que dispoñen dun documento claro onde se explicita o papel da Xunta nas políticas de voluntariado e onde poder facer un seguimento dos acordos acadados e esixir o cumprimento dos mesmos.

R., 2006-12-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES