Noticias

El Club de Prensa de Ferrol, el periódico Nova+, la Asociación de Fotoxornalistas de A Coruña y el periodista Fernando Ónega son algunos de los galardonados con los Premios Galicia de Comunicación 2006

Concedidos anualmente por la Xunta de Galicia, pretenden destacar el trabajo profesional de la comunicación gallega.

La Xunta de Galicia, a través de la Secretaría Xeral de Comunicación, hizo público el fallo del jurado de los Premios Galicia de Comunicación 2006. El Club de Prensa de Ferrol, el periódico Nova+, la Asociación de Fotoxornalistas de A Coruña y el periodista Fernando Ónega son algunos de los galardonados. Destacar el trabajo profesional de la comunicación gallega es el principal objetivo de estos galardones.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta da a coñecer os Premios Galicia Comunicación 2006.

O premio á mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos foi concedido a Sar Comunicacións XXI S.L., titular do xornal Nova+, por ser o primeiro xornal mensual económico de Galicia.

O premio ao mellor labor de comunicación en medios impresos outorgóuselle a Ignacio Mirás Fole, do xornal La Voz de Galicia. Trátase dun xornalista cunha actividade salientable do panorama actual. O xurado destacou a acidez e mordacidade da súa prosa.

A categoría de mellor labor de comunicación de xornalismo gráfico en medios impresos foille concedida á Asociación de Fotoxornalistas da Coruña, pola súa obra colectiva de gran calidade a variedade sobre o acontecido na Coruña durante este ano. Nela condimenta as imaxes cun toque humorístico e informativo.

O premio ao mellor labor de comunicación en medios radiofónicos recaeu en Fernando Ónega, comentarista do espazo Galicia primeira hora da Radio Galega, pola súa brillante traxectoria e profesionalidade. Outro dos aspectos que destacou o xurado foi e a súa vinculación permanente con Galicia e a lingua galega.

O penúltimo dos galardóns, ao mellor labor de comunicación en televisión, foi concedido a 25 anos de autonomía, un documental de TVE cargado de significado e aportación á historia. A esta circunstancia hai que engadir a coincidencia co 50 aniversario de TVE. O xurado quixo recoñecer a calidade do arquivo da cadea en Galicia como unha memoria da comunidade.

Por último, o premio á mellor empresa ou institución que destacase por un singular esforzo no campo da comunicación outorgóuselle ao Clube de Prensa de Ferrol.

O Diario Oficial de Galicia fixo publica unha resolución do 28 de novembro do 2006 na que se daba conta dos xurados escollidos para a adxudicación dos premios Galicia Comunicación. Estes foron nomeados polo secretario xeral de Comunicación e estiveron integrados por persoas escollidas polos seus coñecementos nas materias obxecto dos premios.

O xurado encargado do premio á mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos e á mellor empresa ou institución que destacase por un singular esforzo no campo da comunicación estivo composto por Xosé López García, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, quen actuou como presidente. Os vogais foron: Juan Ramón Díaz García, director xeral do Grupo La Capital; quen delegou en Germán Castro Tomé, director de El Diario de Ferrol; José Manuel Rey Nóvoa, director de El Correo Gallego; Luis Rodríguez García, director de El Progreso; Alfonso Sánchez Izquierdo, director de La Región; Juan Carlos da Silva Besada, director de Faro de Vigo; e Xosé Luis Vilela Conde, director de la Voz de Galicia.

Para os premios ao mellor labor de comunicación en medios impresos e ao mellor labor de comunicación de xornalismo gráfico en medios impresos o xurado seleccionado estivo composto por Manuel José Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual, que actuou como presidente; Jose María Álvarez Vilabrille, director da Axencia Galega de Noticias Manuel González Menéndez, presidente da Asociación da Prensa da Coruña Arturo Larena Larena, delegado en Galicia da Axencia EFE; Rita Pendo Iglesias, delegada en Galicia da Axencia Europa Press; Xosé Soengas Pérez, director do departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; Xosé Manuel Vega Gómez, presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia, (quen non participou nas deliberacións).

Para os premios ao mellor labor de comunicación en medios radiofónicos e ao mellor labor de comunicación en televisión foron elixidos como xurado, Miguel Túñez López, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, que actuou como presidente.

Ademais formaron parte do xurado como vogais, Javier Castro Dopico, director da cadea COPE en Galicia Virgilio Costas Pumar, director xerente de Radio Galega; Celia Díaz Reija, directora territorial de RNE en Galicia; Domingo González González, delegado territorial de TVE en Galicia; Jesús Iglesias Díaz, director xerente de TVG, quen delegou en Ana Camaño, xefa de programas de TVG; Javier Otero Llovo, director de Radio Galicia Cadena-Ser; e Alberto Pena Rodríguez, decano da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.

R., 2006-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaje.jpg) O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
Foto de la tercera plana (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela. O comportamento do mes pasado estivo marcado no conxunto da Comunidade polas altas temperaturas, moi por riba do habitual nesta época do ano, e por varios episodios de calor que se sucederon ao longo das catro semanas. A explicación estivo fundamentalmente no predominio das xornadas anticiclónicas.

Notas

A Coruña converterase do 21 ao 23 de outubro nun punto de encontro de referencia para o debate sobre a transformación dixital da Xustiza coa celebración da quinta edición do DATAfórum Justicia 2026. O encontro reunirá máis de 180 especialistas e máis dun milleiro de asistentes para analizar o impacto das novas tecnoloxías, dos datos e da intelixencia artificial no presente e no futuro do sistema xudicial.
Na vangarda do desenvolvemento tecnolóxico, o avances no sector aeronáutico e aeroespacial teñen impacto en moi diferentes sectores, desde o uso de drons para optimizar a agricultura ata a monitorización de incendios. Co obxectivo de afondar en como a innovación aeroespacial está a redefinir a xestión ambiental e agraria e a resposta aos grandes retos ecolóxicos actuais, o campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración do VI Congreso Internacional do Campus Auga.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES