Noticias

Los gallegos afrontan el plan renove de electrodomésticos: el 49% de las 40.000 ayudas solicitadas son para cambiar la lavadora

Este plan de renovación de electrodomésticos tiene como principal objetivo fomentar el ahorro energético.

El plan de renovación de electrodomésticos puesto en marcha desde la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia significará un ahorro aproximado de 18.444 MWh/año, lo que equivale al consumo eléctrico de 5.590 familias, según el departamento que dirige Fernando Blanco.

La Consellería de Industria indica que las subvenciones tramitadas desde el mes de septiembre son suficientes para agotar el presupuesto del plan, 3,1 millones de euros para este año, «un mes antes de que concluya el plazo». Hasta la fecha se han tramitado casi 40.000 mil subvenciones, de las que las lavadoras han supuesto el 49,2%, (19.137), seguidas por los frigoríficos, que llevarán 12.175 ayudas, los congeladores, con 4.008 subvenciones y, por último, por los lavavajillas, un total de 3.576 tramitaciones.

Los electrodomésticos renovados han sido sustituidos por otros con etiquetado energético de clase A o superior, de mejor nivel de eficiencia energética.

Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

Case 40.000 frigoríficos, lavadoras, lavalouzas e conxeladores antigos serán substituídos por aparatos de alta eficiencia enerxética co apoio do Plan Renove de Electrodomésticos, que a Consellaría de Innovación e Industria botou a andar no mes de setembro. En só tres meses, e a falta de un mes para que rematara o prazo de presentación de solicitudes, tramitáronse 38.896 subvencións que supoñen o 100% do orzamento público destinado ao Plan, 3,1 millóns de euros. Ata 809 comercios se adheriron ao Plan Renove, 296 deles na provincia Coruña, 270 na de Pontevedra, 135 en Lugo e 108 en Ourense. Esta renovación de electrodomésticos suporá un aforro enerxético aproximado duns 18.444 MWh/ano, equivalente ao consumo eléctrico anual de 5.590 familias, obxectivo que se renovará o vindeiro ano. A Consellaría dirixida por Fernando Blanco repetirá a execución do Plan Renove cun aumento orzamentario de ata os 4 millóns de euros.

Os electrodomésticos para os que se demandaron máis axudas foron as lavadoras, ás que se destina o 49,2% destas (19.137); seguidos polos frigoríficos, que levarán 12.175 axudas, o 31,3% do total; os conxeladores, con 4.008 subvencións que supoñen o 10,3%; e por último, os lavalouzas son os electrodomésticos para os que menos axudas concederon, un total de 3.576 (9,2%).

Ao mesmo tempo, A Coruña foi a provincia que maior número de axudas tramitou para a renovación de electrodomésticos, cun total de 16.191 (41,6%), seguida de Pontevedra, con 12.622 (32,4%), Lugo, con 5.230 (13,4%) e Ourense, con 4.853 subvencións que supoñen o 12,5% do total de axudas concedidas.

Os electrodomésticos renovados co apoio da Consellaría de Innovación e Industria foron substituídos por outros con etiquetado enerxético de clase A ou superior, de mellor nivel de eficiencia enerxética. Estanse a beneficiar del as persoas residentes en Galiza que substituísen un único electrodoméstico antigo por outro coa devandita etiqueta enerxética. A contía da axuda individual para cada aparato de clasificación enerxética A ou superior é de ata 75 euros para o beneficiario final, no caso dos frigoríficos e combis, lavadoras e lavalouzas, e de 150 euros, no caso dos conxeladores. En calquera caso a subvención non pode superar o 25% do prezo do electrodoméstico.

A tramitación das axudas efectuouse mediante unha aplicación informática habilitada na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia. Os comerciantes adheridos ao plan deberon cumprimentar un formulario de solicitude de axuda cos datos do usuario, descontar ao comprador a contía da subvención do prezo orixinario do electrodoméstico e, unha vez que o comprador asinara a conformidade do formulario xustificando a súa residencia en Galiza, entregarlle e instalar o equipo novo comprometéndose a enviar o antigo á súa reciclaxe. Os comercios adheridos envían ao INEGA as solicitudes realizadas a mes vencido coa súa correspondente documentación para que o instituto lles abone o importe da axuda.


R., 2006-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES