Noticias

León y Olvido, As leis de Celavella, Mentíndolle á vida y Consumidores recogieron algunos de los galardones de la Academia Galega do Audiovisual. Entregados los Premios Mestre Mateo -MM05- en una gala presentada por Luis Piedrahita y Iolanda Muiños

Fue retransmitida por la TVG y contó con la presencia de varios representantes del Gobierno gallego.

Presentada por Luis Piedrahita, autor del guión, y la actriz Iolanda Muiños, la gala de entrega de los Premios Mestre Mateo -MM 05-, que concede la Academia Galega do Audiovisual en reconocimiento a la producción audiovisual gallega, contó con la asistencia del presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, el delegado del Gobierno en Galicia y la Conselleira de Cultura, así como numerosos dirigentes y actores del sector.

Algunos de los principales premios concedidos fueron para León y Olvido, que recibió el galardón al mejor largometraje; Mentíndolle á vida, ganadora del premio a la mejor película de televisión; Consumidores, del Centro Territorial de TVE-Galicia, en la categoría de mejor programa de televisión; mientras que As Leis de Celavella se llevó el premio a la mejor serie de Tv.

En el apartado de interpretación, Fernando Fernán Gómez y Marta Larralde fueron elegidos mejores actor y actriz protagonistas, en tanto que Carlos Blanco y María Bouzas resultaron ganadores en las categorías de mejores secundarios.

El presidente de la Academia, Manuel Gómez, presentó el premio honorífico que lleva el nombre de Fernando Rey y apostó por un organismo «único, fuerte e integrador» del sector, para impulsar su avance.

Nota de prensa remitida por la Academia Galega do Audiovisual

Un ano máis, a serie de tv As Leis de Celavella resultou a máis galardoada na noite do audiovisual galego, a Gala de Entrega dos Premios MM05 que se celebrou no Pazo de Exposicións da Coruña, unha Gala á que por vez primeira na súa historia, contou coa presenza dun Presidente da Xunta de Galicia. Así o puxo de manifesto o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, quen agradeceu a súa presenza e pedíu, expresamente ó Presidente Pérez Touriño, un organismo único que represente ó sector, e que sexa transversal, onde estean presentes dende Presidencia a Cultura, Economía, Industria e outros departamentos, ademais do sector privado e as entidades financeiras, porque o esforzo ten que ser de todos, para levar o audiovisual galgo a convertelo realmente no sector estratéxico que é tanto para a nosa economía como para a nosa cultura.

Pero non só estivo presente Emilio Pérez Touriño, senón tamén outras autoridades como o Delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras; a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; o alcalde da Coruña, Javier Losada; o secretario xeral de Comunicación Fernando Salgado, o director xeral de Comunicación Audiovisual Manuel José Fernández Iglesias, e outros políticos e representantes institucionais, como Francisco Cerviño, Carmen Adán, Ismael Rego, e outros.

Pero quen sobresaíu pola súa presenza, foi o propio sector audiovisual galego. Máis dun milleiro de profesionais se deron cita no Palexco para celebrar un ano máis a decisión d@s soci@s da A.G.A. que cos seus votos, deron a vitoria a diversos gañadores de entre os nominados ós Premios. A Gala, presentada por Luís Pedrahita e Iolanda Muiños, tivo como eixe temático vertebrador a historia da Comunicación Audiovisual, na que distintos sketchs, co guión do propio Pedrahíta e a dirección de Ángel de la Cruz e Mamen Quintas, xerente da Academia, camiñaron dende a prehistoria ós tempos das máis avanzadas tecnoloxías da comunicación.

Os resultados foron producíndose, abríndose no propio esceario os sobres que proviñan directamente do notario. O número de Produtoras presentadas foi de 37, e o de producións ascendeu a 93, mentres que foron 95 os profesionais que optaron a seren nominados nesta votación. Deste proceso, resultaron os nominados en cada categoría, e deles, estes foron os gañadores:

A mellor Longametraxe:

León y Olvido, de Xamalú Films

A mellor Longametraxe documental:

El País de Nomeacuerdo, de Anxo Fernández Producciones SL.

A mellor Película de TV:

Mentíndolle á vida, de Adivina Producciones, Just Films e General Vídeo Productions

O mellor programa de TV:

Consumidores, de TVE Centro Territorial de Galicia

A mellor Serie de TV:

As Leis de Celavella, de Voz Audiovisual S.A.

O mellor Documental:

As Voces do Prestige, de Directo de Información e Divulgación S.L.

A mellor Produción Interactiva:

O Mando Manda, de Interaccion CIM S.L.

A mellor Produción de Publicidade:

Caixanova, onde nacen as ideas, de I.A.C.E. S.L. e Lúa Films

A mellor Curtametraxe de Ficción:

Te quiero mal. Ciega por primera vez, de Ficción Producciones S.L.

A mellor Curtametraxe de Animación:

El Retorno de la Ley, de Dygra Films S.L.

A mellor Dirección de Produción:

Alfonso Blanco e Paula Fernández, por As Leis de Celavella

A mellor Dirección de Fotografía:

Suso Bello, por Mentíndolle á vida

A mellor maquillaxe e perruquería:

Ana Muíño e Noelia Arcay por As Leis de Celavella

O mellor Deseño de vestiario:

Ruth Díaz, por As Leis de Celavella

A mellor Dirección Artística:

Antonio Pereira por As Leis de Celavella

A mellor Montaxe, tivo dous equipos de dúas producións gañadores:

Manu Mayo por As Leis de Celavella e
Mercedes Arcones, Juan Galiñanes y Ángel de la Cruz, por El Sueño de una noche de San Juan

O mellor Son:

Carlos Faruolo e Jaime Fernández, por El Sueño de una noche de San Juan

O mellor Guión:

Xosé Castro, Andrés Mahía, Carlos Ares, Ramón Campos, Iván L. Gimeno, Daniel D. García, Jacobo Paz, Xosé Antón Moure, Paco Abelleira, Raúl Dans, Daniel Domínguez, Pedro Ramos, Eva Vázquez, Eligio R. Montero, Miguel Anxo Murado, Mario Neves, Chema Gagino e Marcos Nine, por As Leis de Celavella

A mellor Banda Sonora:

Arturo Krees e Artur Guimaraes por El Sueño de una noche de San Juan

A mellor Dirección:

Jorge Coira e Carlos Sedes, por As leis de Celavella

A mellor Realización:

Jorge Coira e Carlos Sedes, por As leis de Celavella

O Premio de mellor Comunicador/a:

Yolanda Castaño por Mercuria

A mellor Interpretación Masculina Protagonista:

Fernando Fernán Gómez por Para que non me esquezas

A mellor Interpretación Feminina Protagonista:

Marta Larralde por León y Olvido

A mellor Interpretación Masculina Secundaria:

Carlos Blanco por Heroína

A mellor Interpretación Feminina Secundaria:

María Bouzas por Heroína

Os Premios honoríficos Fernando Rey á traxectoria profesional, e o José Seller á traxectoria empresarial, foron para Marcial Lens, a título póstumo, como precursor da industria audiovisual galega, e para o Equipo de Cine Imaxe da Coruña, que puxeron en marcha Carlos Amil, Carlos López Piñeiro, Manolo Abad (que foron quen recolleron o Premio) e Xabier Villaverde, que por razóns de traballo non acudíu á Gala.

Academia Galega do Audiovisual - Gabinete de Comunicación

R., 2006-03-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES