Noticias

Galicia amosa a potencialidade dos seus polos creativos na Semana europea da robótica

Galicia amosa a potencialidade dos seus Polos Creativos na Semana europea da robótica, HispaRob Robtoa: Cultura robótica, que se celebra entre hoxe e mañá no Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago de Compostela. Trátase do encontro anual co que a Plataforma Tecnolóxica Española de Robótica (HispaRob) se suma á European Robotics Week, a principal campaña europea de divulgación en robótica. A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, abriu esta mañá a primera das xornadas, que contou coa conferencia inaugural de Cristina Aranda, consutora tecnolóxica especializada en dixitalización, big data e IA.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor encontros coma este nos que se afonda nos desafíos de presente e futuro dunha sociedade cada vez máis tecnificada e onde a innovación e a creatividade xogan un papel fundamental.

Precisamente a este obxectivo contribúe o programa Polos Creativos da Xunta, implantado en todos os centros educativos galegos de Infantil, Primaria e Secundaria, como espazos onde o alumnado pode aplicar o coñecemento científico desde unha perspectiva práctica, ao tempo que contribúen a promoción das vocacións STEM (Ciencias, Matemáticas e Enxeñaría). De feito, están equipados con robótica e material tecnolóxico adaptado a cada etapa. Ademais, hai Polos demostradores nos Centros de Formación do Profesorado e nalgunhas Facultades de Educación e Formación do Profesorado, e contan coa colaboración de centros de investigación galegos.

Ao longo das dúas xornadas, os docentes dos colexios de Louro (Muros), Gregorio Sanz (Ribadeo), Atios (Valdoviño) e Miraflores (Oleiros) expoñen as súas experiencias innovadoras desenvolvidas nos seus respectivos polos creativos. O programa complétase con varias mesas redondas onde os expertos afondan en distintas temáticas como a robótica accesible, a creatividade nos tempos da IA e as boas prácticas docentes neste eido, entre outros; así como talleres de robótica en vivo.

R., 2026-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-sabemos.jpg) A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.

Notas

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Barrié presentaron o ALGa dixital, unha nova plataforma web que pon ao alcance da comunidade investigadora e universitaria e da cidadanía en xeral unha parte substancial dos materiais do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). No acto participaron a reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias; a directora do Instituto de Lingua Galega (ILG), Elisa Fernández, e o director do proxecto, o profesor Xulio Sousa.
A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, principal infraestrutura de investigación do Centro de Investigación Mariña da UVigo, acolle as V Xornadas Internacionais de Xenética en Acuicultura, un encontro que reúne especialistas de España e Iberoamérica para analizar os principais desafíos da acuicultura desde unha perspectiva que integra a innovación, a biodiversidade e o benestar animal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES