Unha de cada catro empresas galegas con dez ou máis persoas empregadas utiliza intelixencia artificial
A Intelixencia Artificial consolídase entre as tecnoloxías empregadas polas empresas galegas de maior tamaño. A enquisa do INE sobre o uso de TIC e comercio electrónico nas empresas 2025-2026, publicada hoxe, sinala que o 24,6 % das grandes empresas da Comunidade xa usan a Intelixencia Artificial na súa actividade produtiva, cun crecemento de 9 puntos no último ano. Ademais, os datos sitúan a Galicia entre as cinco primeiras comunidades autónomas no uso de software de planificación de recursos empresariais (ERP). Emprégao o 64,7 % das empresas galegas conectadas a internet de máis de 9 persoas empregadas, o que representa 3,8 puntos por riba da media estatal, situada no 60,9 %.

O 79,8 % das empresas grandes con sede social en Galicia e conexión a Internet dispoñen de páxina web. Ademais, o 30,6 % destas empresas permiten o teletraballo.
A enquisa destaca tamén que o 83 % das grandes empresas utilizan software de código aberto, case 4 puntos máis que a media estatal (79,1 %), sendo a Comunidade Autónoma líder nesta tecnoloxía.
Galicia tamén supera a media estatal na porcentaxe de empresas grandes que dispoñen dunha conexión de internet de 100 Mbps ou máis, cun 88,3 %.
Especialistas TIC
O 16,9 % das empresas grandes proporcionaron en 2025 actividades formativas en TIC aos seus empregados, de forma que no 37,9 % dos casos, as actividades deste ámbito son desenvolvidas por empregados propios.
Por outra banda, a contratación de especialistas TIC en ciberseguridade nas grandes empresas pasou do 3,6 % ao 6,1 % nun só ano.
Entre as empresas con menos de 10 persoas empregadas, o 29,5 % usan medios sociais e o 35,9 % teñen páxina web.
R., 2026-10-22
Actualidad

A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukuić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukuić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.

Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.
Notas
A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.