Noticias

A Xunta denuncia que o Goberno central recórtalle a Galicia o 82% dos fondos para a atención aos menores migrantes non acompañados

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, denunciou que o Goberno central vén de recortarlle a Galicia os fondos para a atención a menores migrantes non acompañados nun 82% con respecto ao ano anterior. Así o puxo de manifesto durante a Conferencia sectorial de Infancia e Adolescencia, na que se acordou o reparto de fondos entre as diferentes comunidades. Fabiola García, que estivo acompañada polo director de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, explicou que Galicia recibirá neste 2026 un total de 740.000 euros, unha cantidade que cualificou de 'totalmente insuficiente para afrontar esta materia'.

Neste sentido, detallou que esta cifra 'non supón nin o 5% do que lle custa atender a Galicia a todos os menores migrantes non acompañados', mozos que en moitos casos permanecerán durante anos dentro do sistema de protección.

Na súa intervención, a conselleira de Política Social e Igualdade tamén fixo fincapé en que se trata dunha cantidade a repartir entre as comunidades 'que leva anos conxelada pola falta de Presupostos Xerais do Estado'. Ante esta situación, Fabiola García lembrou que Galicia 'sigue esixindo máis financiamento e que sexa acorde para poder afrontar a acollida e a súa permanencia no sistema de protección de menores'.

Por último, insistiu en esixirlle ao Goberno central 'planificación e diálogo', xa que, segundo explicou, 'seguen chegando a Galicia traslados e seguimos sen ter unha planificación, sen saber exactamente cantos máis chegarán nin en que prazos'.

, 2026-07-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES