Noticias

O Atlantic Fest celebra o seu décimo aniversario reforzando o atractivo turístico e cultural das Rías Baixas

O Atlantic Fest celebra este verán a súa décima edición consolidado como unha das citas musicais imprescindibles. Do 17 ao 19 de xullo, a praia da Concha de Vilagarcía de Arousa volverá acoller un festival que combina música, paisaxe, gastronomía e identidade propia, converténdose nun dos grandes atractivos culturais e turísticos das Rías Baixas durante a tempada estival. A décima edición do Atlantic Fest presenta unha programación que combina grandes nomes internacionais, referentes do panorama estatal e unha destacada presenza de artistas galegos. Entre as actuacións internacionais sobresae a presenza de Franz Ferdinand, nunha das súas poucas actuacións deste verán e única en Galicia.

O Atlantic Fest celebra este verán a súa décima edición consolidado como unha das citas musicais imprescindibles dos Concertos do Xacobeo. Do 17 ao 19 de xullo, a praia da Concha de Vilagarcía de Arousa volverá acoller un festival que combina música, paisaxe, gastronomía e identidade propia, converténdose nun dos grandes atractivos culturais e turísticos das Rías Baixas durante a tempada estival.

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participou esta mañá na presentación do festival e destacou que "a través dos Concertos do Xacobeo seguimos apoiando eventos que enriquecen a oferta cultural da nosa comunidade e que contribúen a proxectar Galicia como un destino de referencia para vivir grandes experiencias musicais".

Neste sentido, sinalou que "o Atlantic Fest representa á perfección ese modelo de festival que combina excelencia artística e territorio, xerando un importante impacto turístico e económico para Vilagarcía e para toda a comarca do Salnés". O representante da Xunta lembrou ademais que os Concertos do Xacobeo apoian este ano máis de 50 eventos e festivais na provincia de Pontevedra, configurando unha programación diversa que leva propostas musicais a todas as provincias e amplía a oferta cultural e turística de Galicia ao longo de todo o ano.

Un cartel de referencia

A décima edición do Atlantic Fest presenta unha programación que combina grandes nomes internacionais, referentes do panorama estatal e unha destacada presenza de artistas galegos.

Entre as actuacións internacionais sobresae a presenza de Franz Ferdinand, nunha das súas poucas actuacións deste verán e única en Galicia, así como Two Door Cinema Club, tamén en exclusiva galega. O cartel incorpora ademais a banda británica Shame, unha das formacións con maior proxección da nova escena do pospunk europeo.

A representación estatal estará encabezada por Carolina Durante, Los Planetas, banda imprescindible da historia do indie español e estreitamente vinculada ao festival, Nacho Vegas, Depresión Sonora e Joe Crepúsculo, referentes de diferentes xeracións da música independente.

O talento galego terá igualmente un papel protagonista coa presenza de Carlos Ares, un dos artistas con maior proxección do panorama actual; Triángulo de Amor Bizarro, unha das bandas galegas máis recoñecidas da escena independente, e Nadadora, que celebra o seu regreso aos escenarios tras máis dunha década de ausencia.

Os Concertos do Xacobeo, un mapa sonoro diverso e plural

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por situar a comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que dá cobertura a todas as grandes e máis singulares citas e espectáculos musicais da comunidade. O pasado ano deu cobertura a máis de 185 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en 80 localidades de toda Galicia.

Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán os Concertos do Xacobeo neste 2026. A aposta pola calidade e a diversidade de gustos e estilos para diferentes xeracións de públicos constitúe un atractivo único do programa, que continúa con 12 meses de música en directo, favorecendo o turismo e a oferta cultural de xeito deslocalizado ao longo de todo o ano.

R., 2026-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES