A inauguración tivo lugar na sede da Fundación Laboral da Construción, e nela participaron referentes neste eido como o grupo Rodiñas, a Universidade de Santiago de Compostela-Pemade ou o Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña (IAAC), un dos mellores representantes da corrente coñecida como Nova Bauhauss Europea (NEB).
Trátase dunha iniciativa política, económica e cultural da Comisión Europea que busca transformar os espazos habitables, as cidades e a arquitectura para avanzar cara un futuro sostible. Unha iniciativa na que o uso da madeira ten un papel relevante, ademais de contribuír a xerar emprego industrial e valor a partir dos recursos forestais de proximidade.
En canto ao proxecto Timber for all presta atención, entre outras accións, aos sistemas híbridos madeira-formigón e o desenvolvemento dun formigón baixo en carbono a partir do emprego de cinzas. Neste sentido, o director da Xera gabou que no proxecto participen entidades de investigación e innovación, empresas e clústeres para achegar o coñecemento e avanzar na industrialización da construción e na súa sustentabilidade. O desenvolvemento destes materiais é importante - apuntou Alfredo Fernández - xa que permitirá as empresas dispoñer de materiais a partires de desenvolvementos propios e non depender de patentes que non son propias".
Finalmente, Fernández Ríos lembrou que nos últimos anos, a Xunta concedeu axudas por importe que supera os oito millóns de euros para impulsar o emprego da madeira estrutural, tanto para a redacción de proxectos como para a execución de obras. Unha liña de apoios da que se beneficiaron máis de 500 persoas desde o ano 2020.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.