Noticias

Galicia recoñece unha nova OPP e lidera o número de organizacións de produtores pesqueiros en España

Co recoñecemento de Amescruz, Sociedade Cooperativa Galega como nova Organización de Produtores Pesqueiros, coa denominación de OPP-99, Galicia lidera o número de OPP de ámbito autonómico no conxunto do Estado, unha proba máis de que a nosa comunidade mantén o seu papel de referente no ámbito pesqueiro e acuícola. Das 32 entidades existentes en España, dez sitúanse en Galicia, é dicir, case o 33 %. As Organizacións de Produtores Pesqueiros son entidades recoñecidas oficialmente no marco da Política Pesqueira Común da UE. A súa finalidade é contribuír á xestión sostible dos recursos mariños, favorecer unha mellor planificación da produción e reforzar a comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura.

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes desta nova entidade, que agrupa a 116 asociados da produción de mexillón e xestionan un total de 154 bateas, dentro da escoita activa ao sector e co obxectivo de avanzar no fortalecemento da actividade acuícola galega tanto en termos de competitividade como de sustentabilidade e valorización dos produtos do mar.

As Organizacións de Produtores Pesqueiros son entidades recoñecidas oficialmente no marco da Política Pesqueira Común (PPC) da Unión Europea. A súa finalidade é contribuír á xestión sostible dos recursos mariños, favorecer unha mellor planificación da produción e reforzar a comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura. Ademais, desenvolven plans de produción e comercialización destinados a adaptar a oferta ás necesidades do mercado, incrementar o valor engadido das capturas e promover prácticas respectuosas co medio mariño.

A Xunta mantén unha aposta decidida polo fortalecemento das OPP a través de distintas liñas de apoio financiadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). Neste sentido, na última convocatoria executada, correspondente ao exercicio 2025, para actuacións desenvolvidas no 2024, a Consellería do Mar destinou máis de 2,3 millóns de euros ás axudas para os plans de produción e comercialización destas entidades.

Estas achegas permitiron reforzar a estrutura e funcionamento das organizacións profesionais do sector, impulsar proxectos de innovación e sustentabilidade e avanzar na modernización da cadea mar-industria.

, 2026-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES