Noticias

O festival Clasclás afondará na excelencia artística e reforzará a súa relevancia no panorama europeo da música clásica

Foi presentada a novena edición do Festival Clasclás que, baixo lema de 'Paixón', se vai celebrar, do 20 ao 27 de xuño, en Vilagarcía de Arousa, cunha ambiciosa programación que aposta pola vangarda e a ciencia. Así, este certame convértese nunha das grandes citas internacionais da música clásica, cunha programación que abrangue desde a excelencia da Orquestra Sinfónica de Galicia e da música de cámara ata o virtuosismo de solistas chegados de diferentes partes do mundo. O evento inclúe a celebración dun 'concerto inmersivo' para conmemorar a eclipse solar, que terá lugar en agosto.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou hoxe a 'excelencia artística e a relevancia no panorama europeo' da novena edición do Festival Clasclás que, baixo lema de Paixón, se vai celebrar, do 20 ao 27 de xuño, no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Así o puxo en valor na presentación da súa 'ambiciosa programación', da que salientou a súa 'aposta pola vangarda e a ciencia'.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude erixiu este certame como unha das 'grandes citas internacionais da música clásica' e gabou a calidade da súa programación, 'que abrangue desde a excelencia da Orquestra Sinfónica de Galicia e da música de cámara ata o virtuosismo de solistas chegados de diferentes partes do mundo'.

En concreto, Anxo M. Lorenzo salientou que inclúe a celebración dun 'histórico concerto inmersivo' para conmemorar a eclipse solar, que terá lugar no mes de agosto, como culminación das actividades que se levarán a cabo durante unha semana por numerosos espazos, prazas e rúas de Vilagarcía de Arousa. Precisamente, enxalzou capacidade do festival de 'transformar a cidade nun auditorio expandido, onde formacións, orquestras e solistas dialogarán coa veciñanza'.

Neste senso, o director xeral de Cultura inxeriu este certame como un 'claro exemplo das programacións en liña co espírito da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, xa que expande e democratiza o acceso á cultura, á vez que procura atraer novos públicos con formatos innovadores'. De igual xeito, celebrou o seu papel como 'motor de desestacionalización, proxectando unha imaxe de prestixio internacional tan acorde coa de Galicia Calidade, que nos representa tamén no eido artístico', concluíu.

R., 2026-04-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES