Noticias

Galicia consolida as cifras récord de retorno con preto de 8.500 persoas no ano 2024

Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) evidencian un ano excepcional en termos de migración e retorno a Galicia. Así, segundo a Estatística de Migracións e Cambios de residencia de 2024 publicada hoxe, Galicia experimentou un saldo migratorio positivo de 30.325 persoas, unha das mellores cifras de toda a serie histórica, continuando coa tendencia dos últimos anos, nos que Galicia gaña poboación grazas a todas esas persoas que deciden residir na nosa Comunidade. Este saldo favorable inclúe tanto o movemento migratorio con países estranxeiros, que sumou 27.730 persoas, como co resto das CCAA de España, con 2.595 persoas. Ademais, 2024 marcou un fito importante para a comunidade galega, xa que por cuarto ano consecutivo se acadou unha cifra histórica de retorno.

A Secretaría Xeral da Emigración celebra os recentes datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que evidencian un ano excepcional en termos de migración e retorno a Galicia. Así, segundo a Estatística de Migracións e Cambios de residencia de 2024 publicada hoxe, Galicia experimentou un saldo migratorio positivo de 30.325 persoas, unha das mellores cifras de toda a serie histórica, continuando coa tendencia dos últimos anos, nos que Galicia gaña poboación grazas a todas esas persoas que deciden residir na nosa Comunidade. Este saldo favorable inclúe tanto o movemento migratorio con países estranxeiros, que sumou 27.730 persoas, como co resto das CCAA de España, con 2.595 persoas.

Ademais, 2024 marcou un fito importante para a comunidade galega, xa que por cuarto ano consecutivo se acadou unha cifra histórica de retorno. Un total de 8.435 galegos decidiron voltar a Galicia desde os seus respectivos países de residencia, elixindo a súa terra de orixe para asentarse de novo. Este aumento no número de retornados acompáñase dun significativo incremento no total de persoas que optaron por trasladarse a Galicia desde o estranxeiro en 2024.

Desde a Xunta afirman que “son uns datos extraordinariamente positivos. Volvemos romper o teito de cifras de retorno a Galicia e iso evidencia que as políticas do Goberno galego no seu conxunto son as axeitadas, pero tamén que os galegos do exterior entenden que Galicia é un lugar adecuado para desenvolver o seu proxecto de vida”.

R., 2025-12-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES