Noticias

A 8ª edición do Underfest Xacobeo enriquece a oferta de turismo urbano e atrae a público internacional a Vigo este outono

Underfest Xacobeo volve este mes de novembro de 2025 coa súa oitava edición, converténdose nunha cita indispensable na que Vigo volve recibir público non só de Galicia, senón, tamén do resto de España e do estranxeiro, con seguidores que nas últimas edicións do festival chegaron de lugares tan dispares como Tokio, Londres, Frankfurt, Dublín, Lisboa ou Edimburgo. No cartel do Underfest Xacobeo 2025, co apoio de Turismo de Galicia, danse cita nomes como os lendarios The Psychedelic Furs, <>, Dewolff, We Are Scientists, Tahiti 80, Chucho, Maximilian Hecker, The Devils, Sr. Chinarro, Cápsula, Black Stereo, Incurable, Nenu e The Freebillies, entre moitos outros. Neste 2025, o Underfest Xacobeo completa un programa no que suma destacados nomes internacionais e nacionais, ademais do mellor talento galego.

Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegan a mellor música de culto internacional a Vigo cunha nova entrega do Underfest Xacobeo os días 13, 14 e 15 de novembro. Esta semana, o Underfest Xacobeo festexa a súa oitava edición cun programa que reúne 22 bandas e artistas, que actuarán en 14 localizacións diferentes da cidade olívica. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentaron esta mañá en Vigo a cita que ademais da proposta musical suma un completo programa de actividades paralelas e complementarias. Entre elas, a exposición dedicada ao músico e artista Daniel Johnston, con case 50 debuxos orixinais e tamén o concerto para publico infantil de Black Stereo que busca amosar os estilos clásidos de raíz entre os máis pequenos.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles salientou a oportunidade de celebrar “esta cita musical en pleno mes de novembro, que vén a contribuir á desestacionalización do destino olívico e tamén do galego, ao tempo que enriquece a proposta de turismo urbano da cidade de Vigo”.

O director de Turismo de Galicia salientou que con este evento, son xa nove os que a Xunta impulsou nesta cidade ao longo de 2025, que se suman nos máis de medio centenar de citas na provincia de Pontevedra.

Underfest Xacobeo volve este mes de novembro de 2025 coa súa oitava edición, converténdose nunha cita indispensable na que Vigo volve recibir público non só de Galicia, senón, tamén do resto de España e do estranxeiro, con seguidores que nas últimas edicións do festival chegaron de lugares tan dispares como Tokio, Londres, Frankfurt, Dublín, Lisboa ou Edimburgo.

No cartel do Underfest Xacobeo 2025, co apoio de Turismo de Galicia, danse cita nomes como os lendarios The Psychedelic Furs, <>, Dewolff, We Are Scientists, Tahiti 80, Chucho, Maximilian Hecker, The Devils, Sr. Chinarro, Cápsula, Black Stereo, Incurable, Nenu e The Freebillies, entre moitos outros.

Neste 2025, o Underfest Xacobeo completa un programa no que suma destacados nomes internacionais e nacionais, ademais do mellor talento galego. Os franceses Rinôçérôse, coa súa explosiva mestura de rock e electrónica; o berlinés Maximilian Hecker, nome destacado do dream pop; o potente dúo italiano de rock ‘n’ roll The Devils; ou os vasco-arxentinos Cápsula, son algúns dos nomes destacados do festival. Na cita non faltará, tampouco, a música para todos os gustos de Sr. Chinarro, un nome imprescindible do indie pop español, a frescura contemporánea de Rizha e Nenu ou a interesante achega galega de Black Stereo, Incurable ou The Freebillies.

A 8ª edición do festival Underfest Xacobeo contará, ademais, con outras figuras de renome da escena internacional como os lendarios The Psychedelic Furs, os franceses Tahiti 80, os neerlandeses Dewolff ou os estadounidenses We Are Scientists, xunto a proxectos de referencia no panorama español como Chucho ou propostas frescas e rupturistas como Paco Pecado, Los Manises, Nestter Donuts e Vacaciones Permanentes.

Do 13 ao 15 de novembro, o Underfest Xacobeo propón unha frenética fin de semana, que se estenderá grazas ao ciclo “Bites”, cos galeses The Tubs, un dos grupos de moda no Reino Unido, herdeiros de The Smiths ou Sugar (o 21 de novembro); a banda de culto americana Crackers, referente para todos os amantes do rock de raíces (o 23 de novembro); e o canadense Patrick Watson, coas súas emocionantes composicións para un peche por todo o alto do festival (o 17 de xaneiro).

O Underfest logrou consolidarse como unha cita imprescindible para o público que busca experiencias diferentes, con artistas consagrados xunto a novas propostas, todos eles fóra dese circuíto de nomes repetitivos que colapsan a maioría dos festivais, estilos variados, escenarios singulares e de aforo reducido, onde a música é a principal protagonista.

Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, mantén o seu esforzo por programar en Vigo o festival que pon en valor as salas de concertos e os principais escenarios da cidade, xunto a outros espazos singulares.

Os abonos xerais para o festival volveron esgotarse aos poucos minutos de saír á venda, sen coñecerse ningún artista do cartel, mostra da confianza do público nas propostas que ofrece o festival. Aínda están dispoñibles o Abono de Salas, Entradas de Día e Individuais en Ataquilla.com.

Sobre o Underfest Xacobeo

Nas súas sete anteriores edicións, con todos os abonos esgotados, o festival foi quen de construír un proxecto sólido polo suma xa máis de 120 bandas e artistas, entre os que destacan importantes nomes da escena internacional contemporánea como Paul Weller, Michael Kiwanuka, Villagers, Redd Kross, ASH, Peaches, John Grant, Slowdive, Richard Hawley ou Benjamin Clementine, entre moitos outros.

O traballo destes sete anos levou ao festival a obter en 2024 o premio a “Best Indoor Festival” nos Iberian Festival Awards, que seleccionan algúns dos mellores festivais que se desenvolven en España e Portugal, consolidándose así como unha das propostas mellor valoradas pola prensa, o público e os profesionais do sector.

Concertos do Xacobeo, un programa plural que apoia os principais eventos de Galicia

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que da cobertura a todas as grandes e máis singulares citas e espectáculos musicais en 2025, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Río Verbena, o Underfest Xacobeo e máis de 185 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en máis de 75 localidades de toda Galicia.

Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.

R., 2025-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES