
A sinerxía entre estes grupos permitirá desenvolver ferramentas avanzadas para analizar variables como a vexetación, o clima ou os factores humanos, co fin de anticipar riscos e mellorar a resposta ante os lumes.
Un dos aspectos clave de USE4FOREST é o seu enfoque integral, que combina investigación técnica coa implicación das comunidades locais. Para isto, inclúe campañas de sensibilización destinadas a concienciar á poboación sobre a importancia da prevención.

O programa, que se estenderá ata decembro de 2026, pretende ser un referente na xestión forestal sostible, aplicando solucións innovadoras que poidan ser replicadas noutras rexións europeas. Entre os seus obxectivos está a creación de mapas de risco máis precisos, o desenvolvemento de métodos de xestión forestal resiliente e a promoción de prácticas que reduzan a propagación do lume.
Esta iniciativa supón un paso adiante na cooperación transfronteiriza contra os incendios, demostrando que a protección do medio rural require unha visión compartida e accións coordinadas entre países.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.