
Durante a súa participación na apertura do congreso 1985-2025. 40 anos de Bases de Réxime Local e do control externo local en Galicia, organizado polo Consello de Contas de Galicia con motivo do 40º aniversario da Lei homónima, o titular do Executivo galego puxo en valor esta efeméride, que serve para recoñecer o traballo de varias xeracións de responsables públicos e profesionais na consolidación dun sistema institucional sólido, transparente e ao servizo da cidadanía.
Rueda encomiou o papel desempeñado polo Consello de Contas ao longo destas catro décadas, exercendo as súas funcións con independencia e rigor, e destacou a importancia da fiscalización das contas das entidades locais para ter unha xestión económica ordenada e planificada, algo que finalmente está normalizado nos 313 concellos galegos.
O presidente referiuse aos retos que enfrontan os municipios, como a profesionalización do seu persoal ou a fixación de poboación no rural, e subliñou que un dos sinais de identidade da Xunta é o compromiso sostido co municipalismo galego, especialmente tendo en contas as características demográficas e territoriais de Galicia, cun 90% dos concellos de menos de 15.000 habitantes. Neste sentido, os orzamentos autonómicos de 2025 destinan máis de 641 millóns de euros a apoiar aos concellos, a cifras máis alta da historia, o que supón 40 millóns máis que o ano pasado e un 75% máis que en 2011.
Ademais, o Fondo de Cooperación Local acadou este ano os 168 millóns de euros, un 6,3% máis que en 2024, e puxéronse en marcha medidas adicionais para apoiar aos municipios máis pequenos, como o fondo de 5 millóns destinado a proxectos de eficiencia enerxética.
O titular do Goberno galego incidiu na necesidade de abordar as competencias impropias que asumen as administracións locais chegando a consensos, lembrando que a Xunta tamén asume competencias que legalmente corresponden a concellos ou deputacións, como o Servizo de Axuda no Fogar, os Grupos de Emerxencia Supramunicipais ou a xestión de residuos. Trátase de gastos imprescindibles para aliviar a presión financeira das entidades locais e garantir servizos básicos en todo o territorio, cubrindo carencias que o Estado non atende.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.