Noticias

O Sonrías Baixas ofrece catro días de concertos de máis de 30 artistas

Nos catro días do SonRías Baixas pasarán por Bueu unha trintena de bandas e artistas de referencia no panorama musical estatal e galego, que abranguen estilos moi diversos e reflicten a heteroxeneidade da escena actual, con moitos dos grupos presentando os seus novos traballos desde os dous escenarios instalados nun recinto que contará coa súa propia área gastronómica e unha zona de acampada anexa. Así, no escenario principal FEST Galicia actuarán os cabezas de cartel desta nova edición do SonRías Baixas, onde o público poderá gozar dos concertos dos valencianos La Raíz, os galegos Baiuca e Sen Senra, a gaditana Judeline, as bandas madrileñas Cariño, Delaporte, Marlena, Nena Daconte e Carolina Durante, o catalán Alizzz, e NDLR (Ninhodelosrecaos).

O SonRías Baixas celebra esta fin de semana en Bueu a súa 22ª edición co apoio da Xunta, de novo a través dun contrato de patrocinio coa marca FEST Galicia, creada desde o Goberno galego para a promoción do noso territorio como destino musical de calidade. O evento recibe este ano unha dotación de 80.000 euros para unha programación que se inclúe ademais na campaña Para gustos, cultura, que distribúe durante todo o verán máis de 3400 citas de todos os ámbitos artísticos en máis de 200 concellos das catro provincias.

Así o especificou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, no recinto das Lagoas da vila pontevedresa, espazo no que a partir deste xoves 31 de xullo e ata o domingo 3 de agosto se celebra o festival e onde tivo lugar presentación oficial da man do equipo de dirección do evento que integran Jordi Lauren e Berta Domínguez, da promotora local PlayPlan.

Xunto aos participantes do resto de institucións e empresas colaboradoras, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fixo referencia ao valor engadido que achega o enclave no que se desenvolve o encontro, en pleno corazón das Rías Baixas, e á súa conexión co mar como un atractivo máis para un cartel que aposta pola calidade e a diversidade musical e que lles outorga ás propostas galegas un peso relevante, xa que 10 das 30 actuacións desta edición teñen artistas do país como protagonistas. Neste sentido, o impulso da presenza de grupos galegos na programación dos festivais de verán consolídase como unha das prioridades de FEST Galicia.

Proposta musical heteroxénea

Nos catro días do SonRías Baixas pasarán por Bueu unha trintena de bandas e artistas de referencia no panorama musical estatal e galego, que abranguen estilos moi diversos e reflicten a heteroxeneidade da escena actual, con moitos dos grupos presentando os seus novos traballos desde os dous escenarios instalados nun recinto que contará coa súa propia área gastronómica e unha zona de acampada anexa.

Así, no escenario principal FEST Galicia actuarán os cabezas de cartel desta nova edición do SonRías Baixas, onde o público poderá gozar dos concertos dos valencianos La Raíz, os galegos Baiuca e Sen Senra, a gaditana Judeline, as bandas madrileñas Cariño, Delaporte, Marlena, Nena Daconte e Carolina Durante, o catalán Alizzz, e NDLR (Ninhodelosrecaos), o pseudónimo na súa faceta como DJ do descendente de galegos Rubén Sierra, cantante e guitarrista do grupo La Pegatina.

A programación complétase cos directos dos grupos madrileños Canteca de Macaco, Shego, Niña Polaca, Pipiolas e Sobrezero, as bandas catalás Muyayo Rif e Griso, os murcianos Maestro Espada, os baezanos Melifluo e Juancar Supersub DJ e outro bo feixe de propostas galegas ás que se suman Carlos Ares, Sabela, Grande Amore, The Rapants, Luis Fercán, Capital Voskov, Kike Varela DJ e Eme DJ.

Último evento FEST Galicia de 2025

A celebración do SonRías Baixas pecha o calendario FEST Galicia deste ano, xa que é o último dos catro festivais, xunto co Rompetiño, Sinsal SON Estrella Galicia e 17º Ribeira Sacra, aos que a Xunta destina en 2025 un total de 270.000 euros a través deste programa de patrocinios, co obxectivo de contribuír a crear valor engadido en citas musicais de verán con características singulares e distintivas, amosando ao tempo a diversidade e a pluralidade do talento musical galego e favorecendo a descentralización da oferta cultural.

Neste sentido, FEST Galicia entronca nos seus obxectivos cos da liña autonómica de subvencións a través da que se resolveu a concesión de preto de 50.000 euros para a contratación artística galega por parte doutros cinco eventos: Ateneo Barroco de Santiago de Compostela, Beatout Fest da Coruña, Encordass Fiddle Fest na illa de San Simón, Murallón de Son en Silleda e The Wild Fest de Vigo.

Ambas vías de apoio insírense na política de apoio do Goberno galego a eventos de música estratéxicos para o sector xunto a outras destacadas iniciativas como os Concertos do Xacobeo.gal.

R., 2025-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
A maior presenza de proxectos tecnolóxicos ou xurdidos da investigación universitaria entre as iniciativas de emprendemento seleccionadas é un dos aspectos destacados dá XIII Pont-Up Store. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro do emprendemento permite a 48 novas iniciativas empresariais dar a coñecer os seus produtos e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES