
Ademais, indicou que tamén se celebran encontros a través do Igape, co ICEX e coa Dirección Xeral de Comercio Internacional e Investimentos para o seguimento do impacto da escalada arancelaria. 'Non sabemos aínda que aranceis se van impoñer nin cando', observou.
Por parte da Xunta, asegurou que se mantén contacto permanente co tecido produtivo e avanzou que o vindeiro luns 26 de maio haberá unha segunda reunión cos sectores económicos máis afectados en Galicia para explicarlles as bases da convocatoria de préstamos ao circulante de ata 1 M anunciada pola Xunta. Inmediatamente, cando fagan as súas alegacións, sairá publicada no DOG, afirmou.
Entre outras das medidas postas en marcha pola Administración autonómica, lembrou que a Oficina Económica do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) creou unha unidade especializada de atención con servizos específicos, en coordinación coa súa antena de Miami, desde onde esta semana se veñen organizando webinarios con empresas; hoxe mesmo, do sector da pedra e materiais de construción e, mañá, co biotech e as TIC. Tamén no marco do programa Reacciona, está prevista a próxima posta en marcha dun novo servizo de consultoría especializado en internacionalización. Un plan de resposta, engadiu, que está coordinado co do Goberno de España e incluído no Plan ICEX de Alto Impacto en Competitividade.
Un momento exportador magnífico
Neste contexto, Lorenzana quixo poñer de manifesto o magnífico ciclo exportador que vive Galicia, co mellor dato de exportacións da historia que, en 2024, acadaron os 31.019 M, o que supón un crecemento do 3,3 por cento respecto ao ano anterior.
No que vai de 2025, proseguiu, a Comunidade mantén unha posición destacada no panorama estatal, ao representar o 8,1 por cento do total das exportacións españolas rexistradas en marzo, cando Galicia acadou os 2.746,9 M, unha cifra moi superior aos 2.453,8 do mesmo mes de 2024 (un 12% máis). A balanza acumulada de 2025 amosa, ademais, un valor de 2.213,9 M.
No que respecta ás relacións comerciais con EE.UU, destacou que no mes de marzo subiron respecto ao ano pasado un 40,6 % interanual, 52,84 M. E, de igual xeito, no acumulado de xaneiro a marzo creceron un 4,7 % respecto ao mesmo período, ata situarse nos 161 M.
Aínda así, sinalou que EE.UU é o undécimo mercado das exportacións galegas, que teñen a UE como destino principal. En relación aos sectores galegos máis afectados mencionou as industrias químicas (case 200 M de exportacións a EE.UU); o sector agroalimentario e bio (135,8 M); o metalmecánico (114 M); o naval (92 M); e os produtos minerais e da automoción (case 60 M).
O que máis nos preocupa é o efecto indirecto dos aranceis recíprocos nas importacións e nas relacións comerciais coa UE e como estas poden afectar aos produtores galegos, concluíu, para apelar á prudencia e a estar alerta.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.